Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Baiona ainda non está en rede

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

Mércores, Xuño 13, 2007

Baiona ainda non está en rede

Un breve percorrido pola rede nos desanima inmediatamente.

Os partidos políticos non parecen apostar en demasía por internet, velaquí unha breve análise do que nos atopamos:

Partido Popular (PP)

Nen siquer teñen páxina local, o máis cercano que atopamos é a páxina do PP provincial. Se quixeramos enviar un correo electrónico a Jesús Vázquez Almuiña non poderiamos. Se na pasada campaña nos entrase a curiosidade por ve-los seus proxectos, non poderiamos atopar nada.

Partido dos Socialistas (PSOE)

Ainda hai que buscar un pouco. Con Google non aparece nengunha referencia, se buscamos na páxina do PSOE a nivel estatal e se clicamos en candidatos, atopamos unha páxina nomeada carlospena (non seremos sarcásticos, desta vez). A última nova é de Febreiro. De programa, nin rastro.

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG parece que se puxo as pilas en campaña, ten todo o seu programa electoral, o das parroquias e o xeral. Incluso ten inserido vídeos en youtube. Iso sí, non hai novas de antes da campaña e a última subida é o resultado electoral. ¿Deixarán a páxina no esquecemento ou se habituarán a ela como elemento de divulgación? Só o tempo o dirá.

Coalición Miñorana (CMÑ)

O partido empregado por Manolo Vilar para presentarse á alcaldía dispón de páxina propia. Nembargantes, o seu correo electrónico rexeita as mensaxes enviadas, polo que non podemos contactar có candidato. Iso sí, o seu programa electoral está perfectamente detallado e estructurado, cun deseño que o fai bastante sinxelo de consultar. Non contempla unha sección de novas, o que nos fai temer o mesmo que coa do BNG, que simplesmente é un material máis de campaña. A mesma conclusión, xa que logo, o tempo dirá.

De bloges dos candidatos xa non falamos, porque non hai nin rastro.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:47  

3 Comentarios »

  1. hola, gustariame estar en contacto convosco baionaconsciente, para intercambiar puntos de vista e comentarios, espero recibir cedo noticias vosas.

    Comentario por Marta — 21 Xuño 2007 @ 19:42

  2. [...] Desde Baiona Consciente xa destacabamos que a aposta polas ferramentas dixitais tiña que ser a punta de frecha das iniciativas de comunicación entre a Administración e a cidadanía. Así, nunha das nosas primeiras anotacións, xa destacabamos que Baiona aínda non estaba en Rede, falando do seu uso na Campaña Electoral. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Por fin apostamos polas tecnoloxías — 3 Agosto 2007 @ 12:18

  3. [...] inicios de BC, concretamenta na nosa cuarta anotación, fixemos unha reflexión sobre a presencia dos partidos políticos baioneses na rede e o resultado [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Blogs e webs dos nosos políticos, ¿péchase o círculo? — 31 Outubro 2008 @ 12:21

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress