Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » As medallas da vergonza

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, agosto 7, 2008

As medallas da vergonza

volta dos noveBaiona é coñecida sobradamente en toda España, os turistas diversifícanse e agora non somos somentes obxectivo vacacional de madrileños e ourensáns, os nosos tradicionais visitantes. Pero non impide que cada vez que algún proselitista veraneante presuma das excelencias do noso concello, algún amigo lle conteste: "¡Ah, ese concello onde levaron presa a unha vaca!

É verdade, a primeira vez que Baiona saiu no Informe Semanal non foi para alabar a nosa paisaxe ou para elevar a excelencia a calidade dos nosos políticos, foi para ver ao Cabeco queixarse de que a súa Pinta estaba presa e sen coidados, co conseguinte perigo para a súa saude.

Agora voltamos a ser foco de atención dos medios nacionais, desta vez por causa das cinco medallas da vergonza, as medallas aos seguidistas do Réxime, os que non moveron un dedo para mudar as cousas, quizáis porque era unha época de "extraordinaria placidez". O certo é que para Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso, Manuel Francisco Lijó Pérez, Modesto Fernández Rodríguez, Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González, Manuel Barbosa Durán e Generoso Valverde Iglesias aquela época únicamente foilles plácida porque uns asasinos lles descerraxaron un tiro na caluga, como soamente fan os cobardes. Eles sí que serviron de exemplo para que hoxe valoremos a democracia. Eses alcaldes non contribuiron en nada a acadar o que hoxe tan pouco valoramos, a democracia. Os seus fillos deberían ir coa cabeza gacha polas nosas rúas, porque non teñen nada de qué presumir. As familias dos da Volta dos Nove deberían ser os que recibisen medallas e se lles recoñecese o que alguén por puro odio lles negou hai 72 anos, a dignidade.

Nestes días moitos voltamos a sentir vergonza de ser baioneses e teremos que baixar a cabeza fora do noso concello en nome dos prepotentes que exiben o seu poder fachendosos e cheos de razón. Avergoñámonos de que se erixa un monumento en Baiona en memoria dos represaliados e o único Concello afectado que non contribúa a tan noble ofrenda sexa o noso.

Se en Euskadi se erixise un monumento aos verdugos e se negase o recoñecemento ás víctimas ¿qué ríos de tinta non correrían? ¡Ah!, non, si alí impera a normalidade no partido que aquí se equivoca. Unha vez dixo un político que o PP non era a extrema dereita, pero que a extrema dereita estaba no PP. En Baiona pódese apreciar empíricamente que o dito era moi acertado.

Algúns presumen do proceso de transición que se viviu en España como algo exemplar, ainda que eses mesmos aduladores que agora se negan a retirar símbolos da dictadura porque son "parte da nosa historia" tampouco puxeron moito empeño en exportar o modelo. Máis ben consentiron que en Irak se aforcase coma a un porco ao seu "Xefe de Estado" e se tirasen estatuas que se colocaran na súa honra. O dobre rasero que estes días podemos ver no caso de China. Todos calan coma cadeliñas en celo ante o Imperio Roxo, calan para desfogarse con paises menos poderosos, coma Venezuela ou Cuba. Xa non falemos da vergonza de Guantánamo. Hoxe calamos, como calamos hai 70 anos en España cos fusilamentos franquistas ou coa cámaras de gas nazis.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:57  

19 Comentarios »

  1. Excelente entrada. Hoxe sinto prepotencia, e sinto vergonza de ser baionés.

    Comentario por Anxo — 8 agosto 2008 @ 3:09

  2. eu volvo a o que xa escribin por que me quedo sin palabras ante esta desvergonza por parte de estes governantes que por non respetar os que viviron con fame .e terror por si denoite ou qual quer momento viñan a buscar aseus seres queridos como asesinaron..a os 9 ?porque si señores ‘.iso facia a dictadura franquista por iso ai persoas en baiona que nos sentimos orgullosas de ser de baiona pero o mesmo tempo de que baiona este en boca non por ser fermosa senon por 4 lambons que so lles interesa o empetar mais cando sentimos e vemos cousas como esta temos vergonza …aver se empezades a sentir vergonza vos tamen al menos polos bosos pais que tamen viron este medo facedelles omenaxes aos 9 edexadebos de querer destacar por iresponsables un saudo e tamen e sobre todo pra as familias dos 9 que se sentiran indignadas perdoade `polas faltas de ortografia non fixen moita escola pero a diferencia de alguns que que governan si coñezo a vergoña

    Comentario por maria — 8 agosto 2008 @ 9:38

  3. Anxo, supomos que te refires a que sintes impotencia, non prepotencia.

    Comentario por baionaconsciente — 8 agosto 2008 @ 9:41

  4. Totalmente de acordo. Isto é unha vergonza. E a santo de que todo este tinglado? Quen foi a cabeza pensante? Se se preocuparan de arranxar os problemas de servizos nas parroquias e se deixaran de tanta pantalla e tontería.

    Comentario por Pinto — 8 agosto 2008 @ 9:53

  5. tamen falaron no ultimo pleno que sacaban o noite bus por que viñan os fins de semana os de outros sitios eu son de baiona tamen quero que os governantes vexan de que onte que foi xoves tamen fixeron o botellon enon era fin de semana vexan alternativas etamen quero decirlles que tamen son bastante bandalicos moitos fillos dos turistas e de que que vostedes estan moi contentos que veñan … busquen solucions e escoiten aos demais e ……… pregunte que solucions tedes vos e dexade de tanta carallada con perdon todos fomos xovenes e tamen non pensabos como oxe pensemos tamen ainda que sea un pouquiño por eles que todos estamos mal de cartos vostedes claro que no un saudo…. pra todos non son moiforte na ortografia

    Comentario por maria — 8 agosto 2008 @ 10:44

  6. maría, do botellón falamos o outro día pero tí apuntas moi ben que haino incluso cando non hai noitebús. Efectivamente todos fumos mozos noutro tempo e sabemos o que é.

    Da túa ortografía xa nos vamos acostumbrando. Dábanos ganas de ir editando os teus comentarios, pero cada ún é como é de non debe avergonzarse delo. Meritorio é que nos visites e deas as túas opinións continuamente, non podemos decir o mesmo dalgúns políticos que nos gobernan, que por moita carreira que teñan semellan analfabetos en materias tan actuais como o uso das ferramentas web.

    Comentario por baionaconsciente — 8 agosto 2008 @ 11:23

  7. pinto tamen concordo contigo e ainda que omellor non saves que ainda ai mais un saudo

    Comentario por maria — 8 agosto 2008 @ 11:52

  8. Está ben o encabezado que fas ou facedes do comentario do 7 de agosto “as medallas da vergonza”.É curioso, a pregunta que nos facemos é¿o sr. Almuiña débelle algún favor a alguén dos homenaxeados?, porque, imos ver: por parte de Nolete,xa falecido, recolleu a medalla a súa filla Angeles;por parte de Mandado, como é moi maior, recolleuno o seu fillo Alfonso, por parte de Chito, o seu fillo Chicho, por Pereira, xa falecido, o seu fillo Nardo e é curioso que só recolleu persoalmente o galardón Oscar o alcalde que menos tempo estívo na poltrona xa que foi a alcalde da transición, estando +/- 2 meses ata as primeiras eleccións municipais democráticas.Pero se este señor é o xuiz de paz de Baiona e vai de convidado a tódolos actos oficiais co bastón de mando ao lado do sr. Almuiña,por lóxica non pode ser esta persoa a quen o alcalde de Baiona quer realmente homenaxear.
    Señores temos que empezar a facer a quiniela….¿a quen quer Almuiña darlle realmente a medalla?¿Cal dos alcaldes franquistas, foi o mais de dereitas?¿Cal foi o que se puxo mais as botas?…
    Realmente é vergonzoso este acto.Síntome moi ledo de vivir en Baiona pero sinto vergonza dos gobernantes que temos

    Comentario por thaxo2 — 8 agosto 2008 @ 12:48

  9. ¿Sabiades que cando se empezou co proxecto do monumento na “Volta dos Nove”, o alcalde de Baiona era Carlos de la Peña, e que na comisión de goberno tamén estaba Isabel Dominguez e Lores(e Xosé Enrique e Ana polo BNG)?Pois ben, sinto decilo pero o BNG levara a esa comisión o facer un monumento na Volta dos Nove para poder facerlle unha Homenaxe a esas Nove Persoas asasinadas sin razón,e o alcalde de entón dixo que non era oportuno porque o que faríamos era abrir feridas, e que dende o concello non se debería facer ese tipo de acto.
    O monumento fíxose dende a concellería de cultura do concello de Baiona e o I.E.M., ainda que fose inagurado cando xa estaba feita a moción de censura e o alcalde fose a persoa mais facha que poideramos ter por alcalde de Baiona “almuiña”(por certo él non foi ao acto de inaguración)

    Comentario por thaxo2 — 8 agosto 2008 @ 13:03

  10. e non se abren as feridas dos 9 e familiares dandolle as medallas o que representas os que os asesinanaron e no concello que e de todos

    Comentario por maria — 8 agosto 2008 @ 13:26

  11. eu falaba do botellon e pido perdon que esto emoi serio pero expliqueime mal por que se teñen cabeza pa esto non poiden ter cabeza pa non facer cousa asi que fagan sentir vergoña a os baioneses un saudo

    Comentario por maria — 8 agosto 2008 @ 13:30

  12. tamen alguns politicos non eacriven nunca e non dan a sua piñon por si despois alguen lle pode responder e descubrir algo que segun amiña modesta opiñon ai moito un saudo

    Comentario por maria — 8 agosto 2008 @ 15:29

  13. Nota de prensa:

    http://www.baiona.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=214

    Comentario por PSdeG-PSOE de Baiona — 9 agosto 2008 @ 11:41

  14. Pere que o PSOE de Baiona xa comezou oficialmente a campaña das eleccións municipais, estannos a meter hoxe a foto do Sr.Pereira por todos lados.

    Por outra banda, teño que decir que me parace acertada esta nota.

    Deveríanos de movilizar no día da entrega das medallas, e manifestar a nosa repulsa ante tal feito.

    Haber se conseguimos animarnos uns cantos.

    Comentario por Xan — 9 agosto 2008 @ 19:44

  15. xan estou da cordo contigo

    Comentario por maria — 9 agosto 2008 @ 21:31

  16. pero tamen teño que decir que anota de o señor arturo pereira e acertada teñen tanta facha que que darian indiferentes ainda que te movileces nonlles interesa

    Comentario por maria — 9 agosto 2008 @ 21:37

  17. vou a daros un dato.O Camping de Sabaris foille concedida a licencia por o sr,Oscar Carreño, cando foi alcalde aqueles dous meses,curiosamente, cambiou de vehiculo naquel intre¡¡¡¡¡¡¡ cada quen que pense o que queira.

    Comentario por xocas — 12 agosto 2008 @ 23:13

  18. Eu penso que está mal tanto o monumento na volta dos nove, coma as medallas.
    Eu creo que ningún político nin da guerra civil, nin da dictadura, de ningún abanico político, debería ser homenaxeado, porqué ningún deses políticos foi quen de evitar a guerra, e respecto os da dictadura, eles non foron democraticamente elixidos, así que por que motivo ser agradecidos con esta xente.
    Por outra parte considero que deberiamos retirar tódolos símbolos franquistas. Todos significa todos, porque é un homenaxe a uns golpistas, e ser golpista non debería ter honra algunha, pero a súa vez tamén considero que non deberían colocarse símbolos homenaxeando a republicanos. Nin os que foron belixerantes, por cometer tamén excesos, nin os que foron victimarios ou mártires. Estas persoas, deberían recibir santo sepulcro, e o seu homenaxe debería ser no cemiterio municipal.Pero non poñer monumentos no seu recoñecemento, cando estamos a tratar de limpar Baiona de símbolos fascistas…

    Comentario por Armadillo — 18 agosto 2008 @ 10:50

  19. tamen armadillo non estou dacordo contigo por que antes mirabanche mal e era un motivo pra pegarche un tiro non era asi como ti dis

    Comentario por carmen — 21 agosto 2008 @ 16:42

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress