Albricias
Como dirían as personaxes da novela gráfica Roberto Alcázar e Pedrín. Por fín a rotonda do camping da Ladeira ten a ornamentación que merece e non presenta o aspecto desastroso que xa denunciáramos en Xuño.
Recordemos que a cuestión viña derivada do eterno desencontro Xunta-Concello de Baiona, sobre todo si se trata da Consellería de Política Territorial de Isabel Domínguez. O victimismo do Alcalde é unha ferramenta moi ben empregada nas súas mans e que sirve para que os seus aplaudidores se reforcen na súa posición. O que pasa é que na parte dos que non aceptan o clientelismo e o sometimento ao señor Alcalde esa ferramenta é, evidentemente, unha corrupción do poder que convenientemente empregada nos medios de comunicación trae como consecuencia que pague os pratos rotos Baiona, como puidemos ver neste caso.
A rotonda mantívose en mal estado durante meses, á espera de que algún político se dignase a agochar o seu ego e buscar unha solución ao problema. O PSOE baionés apúntase agora o tanto de levar a negociación con Política Territorial para dar saida ao conflicto. Como na política o mundo está ao revés, a oposición fai traballo de goberno e o goberno de oposición. O PSOE busca tamén a alabanza cando está a facer o traballo para o que foron elexidos, o correcto sería que o que non fai o traballo reciba unha reprimenda, pero tampouco será o caso.
Hai partidos que buscando a confrontación a sensación que deixan é que o seu traballo natural é a oposición, o problema é que poucos dan a sensación de ter suficiente calado político como para actuar responsablemente nas tarefas de goberno.
chúzame - 

Realmente creedes que o PSOE ten calado político como para actuar con responsabilidade?.
Permitídeme que o dubide.
18 meses despois de ter que estar totalmente reamta a rotonda, non poden vir vendéndonos que grazas a súa xestión estáse rematando a rotonda.
Non será que non fixeron o traballo antes, e tras as nosas críticas neste blog, que sabemos que o PSOE sigue con interés. Tomarón boa nota, e falarón coa nosa veciña Isabel Dominguez para que dunha vez por toda rematase a obra.
Eu a isto non che chamo responsabilidade, máis ben chamaríalle irresponsabilidade do PSOE, especialmente da Delegación Provincial de Política Territorial.
Por outra banda, temos que destacar tamén a ineptitude do Alcalde que podería ter sacada bo partido desta situación, máis, a verdade é que tampouco foi moi listo.
Quen verdaderia mente conseguiu que a rotonda se esté arranxano por fin, foi grazas a este blog e os comentarios que aquí expresamos todo/as.
Grazas o PSOE por facer caso os nosos comentarios e arranxar o non feito no seu debido tempo.
Comentario por Xan — 9 agosto 2008 @ 9:35
Teamos hoxe a falar de un dos puntos negros do noso Concello.
PRINCIPAL FOCO DE CONTAMINACION DA FOZ.
Nesta semana pecharon definitivamente con un quitamedos o paso pola antigua ponte de acceso o Camping, esa ponte na que tanto o Sr. Alcalde coma a Sra. Isabel se luciron gastanto máis de 30 millos de pesetas. (recodemos que a ponte do Xuncal o dobre de grande custou a metade e é dobre de largo e se fixo a conciencia, fixo de tapón na riada e non lle pasou nada).
Apartires de agora para sair da Laderia cara a Ramallosa terase que circular dirección Baiona ata a rotonda da Isolina par alí poder facer un cambio de sentido.
Agora o que fan moitos conductores e na mesma saida curzar por riba da liña continua para ir dirección Ramallosa, xa veresdes como non tardará en haber un accidente neste punto, espermos que non teña consecuencias graves.
Temos que voltar a agraceder as estupendas solucións propostas polo nosos políticos, sempre como din eles, asesorados polos técnicos competentes.
En fin, tempo o tempo…
Comentario por Xan — 9 agosto 2008 @ 9:45
Pola parte que nos toca, Xan, sentímonos halagados de poder contribuir en algo a que se solucionen as cousas en Baiona. Pero, como ben dís, sodes vós os que facedes que isto funcione, BC somentes é un instrumento a disposición de TODOS os grupos políticos que o queiran empregar, sempre e cando se trate de recibir o sentir da Baiona consciente e non sectaria ou seguidista.
Comentario por baionaconsciente — 9 agosto 2008 @ 10:25
estou leendo os vosos comentarios e cada un de nos que vive en distintas zonas de baiona ve o ai algo que non vai ben ,ou que esta en abandono ou que estaroto e.t.c. de sempre os governantes e asta oxe siguen igual todo pao centro de baiona eo resto os visitadores de baiona non pasan tanto e non no ven pos eu creo que todos pagamos os nosos impostos pra ter servizos ¿pero donde os ai … ai servizos so pra eles o pra seos amigos ¿e panos temos que ir ao concello todos os dias pra que o mellor tampouco fagan nada e se vas todos os dias o concello o millor ainda temiran mal pero cando digo todos os dias pode sr que os dias se convirtan en meses por que tevan adecir mañan e o millor pasan 3 ou 4 meses ou mais por iso digo todo iso saveno ben eles pero como non lles afecta miran pra outro lado espero que entre todos poidamos canbiar algo un saudo pra todos e se algun dos que governa lee esto que conteste e se non tamen un saudo
Comentario por maria — 9 agosto 2008 @ 10:57
Nota de prensa:
http://www.baiona.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=215
Comentario por PSdeG-PSOE de Baiona — 9 agosto 2008 @ 11:47
digo de corazon sexa o grupo que sexa que baiona poida cambiar tamen quero escribir o que se me esquecia eu teño sentido nos plenos o señor rafael Lorens falar sobre sobre os servizos sociais que tamen e otro punto moi importante pra os cidadan pola miña parte moitas grazas estou segura que moi pouquiño a pouco se sumaran mais e que baiona poida cambiar pra ben por que mal xa esta e tamen espero que o PP tamen o faga o almenos que se cordine con outras administracions pero creo que esto xa o sabe a señora que leva os departamentos de servizos sociais Ageles Silva grazas por todo que sexa ben pra baiona e os cidadans un saudo.
Comentario por maria — 9 agosto 2008 @ 13:42
A nota de prensa do Psoe comeza decindo
“Ante o estado de abandono en que por parte do concello mantíñase a rotonda do cámping de Sabaris, amparándose que non era da súa competencia por non querer o concello recepcionar a obra da Consellería de Política Territorial, ”
Acaso o concello ten que recepcionar unha obra non rematada?
O Concelo non a mantiña no abandono, a mantiña a Consellería de Política Territorial.
En canto esté rematada e recepcionada polo concello este sí será responsabel da mesma, namentres que aguante na vela quen ten que aguantar.
Insisto outra vez mais. Titular de Prensa Rosa.
Comentario por Xan — 9 agosto 2008 @ 14:15
o responsable e o que no moento do problema governe e asua respondabilidade e de solucionalo por que cando se presenta as elecions antes sabe poles plenos como vai todo ese non quere problemas pois que non se presente…. non si un saudo
Comentario por maria — 9 agosto 2008 @ 18:36
Nova na web da Consellería de Política Territorial: http://novas.xunta.es/node/10950
Comentario por baionaconsciente — 9 agosto 2008 @ 18:55
Acabo de pasar pola rotonda e realmente vistosa si que quedou.
Pero,… 14.468€?????
Mirade teño orzamentos de distintas empresas de xaridinería, Casa Planta, Viveiros de Sabarís, Simco,….
para preparar un xardin con cespede en Rollo, dúas rocallas con vexetación e adornos, arbolado, nun total de 300m/cadrados e ningún pasa de 6.000€
Non é para comparar o traballo, toda unha semana catro persoas para preparar o xardin, con esta rotonda que se fixo en dúas xornadas.
En fin, o que máis me sorprende é o seguinte: “Un ano despois de rematadas aquelas obras, e ante a situación de abandono que presentaba a glorieta, a Consellería de Política Territorial procede agora a realizar ditos traballos de axardinamento, como fai o Concello no resto das rotondas da mesma estrada ao seu paso por Baiona.”
COMO SE PODE TER TANTA CARA.
QUE MANIERA DE VOTAR BALÓNS FORA.
MOI LISTOS.
Comentario por Xan — 9 agosto 2008 @ 19:36
Me sorprende que a nadie le haya chocado que en la nota de la Consellería de Política Territorial se hable, al final, de poner cesped articial en la rotonda, lo que reduciría los gastos de mantenimiento. Creo que también los reduciría poner flores de plástico, y no imagino por qué no se opta por esta solución. Todo de plástico es mucho más fácil de mantener. Un saludo
Comentario por Pepe — 10 agosto 2008 @ 9:46
mire pepe amin xa nonme asonbra nada por todo o que esta pasando en baiona xa me curei de espantos con todo o que vexo aqui e o que pasara por que ainda non rematou mire pepe o mantenimiento so podia salir pagando a unha persoa que fose xardineiro que non fai 3 meses saiu unhas convocatorias ….pero como ai moitos amigos a persoa que colleron foi fixa traballou 2 anos pra ter mais puntos e logo claro..pasou o esamen ´´e claro pregunte vostede de otras mulleres que levan traballando 11anos ou mais e teñen mais cursos feitos ´´´´´pero claro non teñen tantos amigos nen son do pp 1 dos que se presentou e xardineiro pra que esto non se di moito……por que sera un saudo emais merda que ai con perdon a convocatoria foi pra parques e xardins como o ve vostede pepe escribo esto por que vexo o que xusto pepe un saudo e non se enfade se
Comentario por maria — 10 agosto 2008 @ 10:15
eu non vou a entrar a valorar á COTOP Isabel Dominguez despois da nefasta xestión que realizaron no PXOM de Nigrán do Celta de Vigo cando o miraban con bos ollos, ou ao recente VIGO INTEGRA que desfai Gondomar en Nigrán con autovías urbanas sin acceso. Isabel Dominguez está ahí porque a colocou un empresario que ten unhas bodegas Un tal Carlos de la Peña. Pero o hábito non fai ao monxe, e Isabel non se entera de nada de nada. E así meteron a pata co Vigo Integra en Gondomar e en Nigrán. Se é que todo iso non esconde nengún intereseurbanístico, que todo está por ver, e ese non ao tempo.
Pero volvendo ao tema. O do céspede de plastico teño que louvalo, e non é polo mantemento si non polo aforro de auga. Aquí ninguén o dí, pero o embalse de Baiona ten serios problemas e como as choivas non veñan pronto pode que teñamos que engancharnos outra vez á antiga cometida da ETAP dos nosos veciños de Nigrán como o ano pasado. E eu prefiro que se aproveite a auga para uso doméstico que para regar unha rotonda.
Xa non digo para valdear as rúas ou limpar os contenedores do lixo. Iso non se leva en Baiona, que é máis turística a imaxe destes días. E aoposición segue calada sobre este asunto. O do lixo é lamentable. LAMENTABLE.
O que tiñamos é que negarnos a pagar un servizo tan precario, ou esixir que en vez de facer un museo para colocar ao amigo Sierra, mellor gastar os cartiños nas melloras dos servizos dos que vivimos todo o ano en Baiona e que pagamos impostos para o desfrute e benestar do turisteo.
Comentario por Pinto — 12 agosto 2008 @ 9:03
pinto agora ti dechelle cheo iso e o que lles interesa a eles non o benestar de os cidadans tamen teñen dereito todos i digo todos pero os que non temos nada tamen e despois 12 .de agosto di o alcalde en tele vigo que en baiona fai falla mais servizos dirao pra os turiteo por que os que ai pra os cidadans de baiona non funciona nin gun cantos contos se contan pra que dar ben que mire ben e despois que fale pra min xa non ten credibilidade e cada dia que o escoito ainda mais teño os meus motivos e mentres teña persoas inconpetentes que sias ai todo isto non ira adiante por moi ben que fale un saudo pra todos como dixen antes teño os meus motivo e otra xente tamen unha non no di e outra non coñece ben isto de ordenador
Comentario por maria — 12 agosto 2008 @ 9:38
tamen teño que decir que o señor sierra traballa no museo otro familiar no concello nos lles da vergonza mentres outros que lles fai mas falla e teñen que arrastrarse por un traballo que son de 3 meses e pagandolles unha miseria e depois falades de servizos son uns caras non vou a escribir mais por que ai cousas que me fai ferber a sange un saudo ….grazas pinto por que con estas notas me informo e moito
Comentario por maria — 12 agosto 2008 @ 9:47
tamen o luns 11de agostos saiu en tele vigo decindo o señor alcalde que a conselleria territorial non lle collia o telefono non lle respondia,.. falaba e non me eqivoco moito pola señora Isabel dominguez eu digolle so esto a o señor alcalde va que doi señor alcalde so ai unha direrencia que vostede faino publico pero algunas persoas non fan publico oque fai vostede non quero facerlle mal anenguen so que sepan como se sintes os demais un saudo
Comentario por maria — 13 agosto 2008 @ 17:11
En primer lugar, decir que la rotonda ha quedado muy bien y que se espera que dure!!
En segundo lugar, ya lo comenté en su momento pero la reforma de esta rotonda se ideo desde Política Territorial para evitar que necesitara mantenimiento o cuando menos un mantenimiento excesivo.
Y en tercer lugar, en lo referente al coste de la reforma decir que se optó por la oferta más económica de las que se disponía.
Un saludo,
Comentario por Diego — 13 agosto 2008 @ 22:27