Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Retranca baionesa

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, agosto 11, 2008

Retranca baionesa

multaHai días nos quenos apetece comentar os sucesos de Baiona con certa ironía, verba que no galego ten un sinónimo moito máis adecuado para o noso carácter: a retranca. É certo que a retranca nos sirve para aliviar o mal xenio que nos provocan actitudes impropias, inadecuadas ou inaceptables, mais hai outros casos en que esa retranca xa se torna prepotencia.

No pasado Pleno o BNG tamén empregou esa retranca, co fin de ridulizar a actuación na praia da Barbeira. Imaxinamos a cara de estupefacción dalgún ao que non lle gusta nada que se lle rían na cara. Merecido o tiñan, faltaría máis. Pero o caso do que queremos falar hoxe non é o dos nacionalistas, senón das multas emitidas pola Policía Local.

Cando chegamos ao noso coche e atopamos a notiña rosa (agora cambiou de cor) xa nos entran a rabia, porque normalmente aparcamos mal logo de dar vinte voltas por toda Baiona e, cansos de ver tanta liña amarela onde perfectamente se podería aparcar sen entorpecer o tráfico, aparcamos nun enrevesado lugar no que "non pasa nada" si o deixamos un ratiño. É lóxica esa rabia, porque sabemos que nos cazaron na trampa, pero o que xa non podemos entender como razonable é que ainda por riba de mofen de nós.

A última frase da multa é, nun perfecto castelán para que ningún turista argumente descoñecemento do idioma coma excusa para non pagar: "APARCAR BIEN NO CUESTA TANTO". Unha retranca perfecta, porque logo de pasar o contado no parágrafo anterior somentes podemos traducir a frase por. "SE TIVERAS METIDO O COCHE NO APARCADOIRO SOTERRADO TERÍAS PAGADO MENOS".

Quizáis debería xurdir unha iniciativa lexislativa popular que impulsase unha Lei de Ordenación Política na que se sancionasen os dislates dos nosos gobernantes. Cada medida non efectiva sancionaríase con cen euros e cada promesa electoral sen cumplir con cincoenta. Casos maiores implicarían a perda de puntos do carné de político e o que se quedara sen puntos quedaría inhabilitado polo menos unha lexislatura. Lástima que istosexaunha utopía, porque sinón teriamos que importar políticos, os nosos quedarían todos rápidamente en situación de insolvencia e inhabilitación.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:06  

5 Comentarios »

  1. eu esto xa o escribin o dia que foi o pleno do 31 de xullo de 2008 que o señor vilar dixo que os coches non eran pra ter fora que se todos os que tiñan garaxe os tiveran na rua aver por iso xa non me colle de sorpresa pero non todos gañamos 3500 euros o mais pra telo dentro do garaxe ai se ve estes señores o que pensan de aqueles cidadans que estan en paro o viven con moito menos que eles traballando moito mais ai se ve cal e apreocupacion de les empetar pra o seus bolsillos .que pena de persoas .va que si un saudo por que non tamen pra eles

    Comentario por maria — 11 agosto 2008 @ 15:16

  2. tamen quero decir que con referencia a pacar tendriamos que entrar de cheo por que lles aseguro que ai moito que aparcan donde e dos buses e o señor ezi quiel dexando as luces de posicion e marchou e tamen foi un pouco pero con asorte de que a el no no multaron o como iso ai mais un saudo perdoade a miñas faltas

    Comentario por maria — 11 agosto 2008 @ 16:10

  3. tamen acaronlle unha foto unha vez a o señor xose enrique do b n g de diante dos contenedores da rua virxen do pilar e puxero no periodico o cazador cazado e despois del aparcan motos coches e mais pero de iso non din nada ….porque ou cando aparcan seus amigos tampouco ……por que sera pero eles non nos multaron nen dixeron nada …..por que sera un saudo ………… pois eles gañan ou non

    Comentario por maria — 11 agosto 2008 @ 16:21

  4. A mín metéronme unha multa de 160 €. Aleguei en tempo e forma e ao final tiven que pagar.

    Por certo que a multa era por pasar un paso de peóns, pero non puideron identificar ao conductor porque estaba ausente (¿?) Aleguei que eu NON podía ter cometido a infracción porque o meu coche non vai teledirixido nin se conduce só, ao que respostaron que recoñecía implícitamente a infracción. Qué clase de resposta é esa? Mofa pura e dura porque o seguinte procedemento era o contencioso-administrativo. Ésa é a xustiza e o respeto que debemos gardar ás autoridades. Eu pregúntome, cánto policías teñen rango para multar?

    Comentario por Marcote — 11 agosto 2008 @ 20:41

  5. eu tamen pediria que nos acordaramos algun dia como funciona o centro de salude de baiona que sera moi moderno pero señores a quen lle toque que da pena non por quen traballan se non que non ten servizos xa que baiona vai crecendo señores governates queremos servizos pero que funcionen enon so pra os turistas se non pra nos que somos os mais perxudicados xa que no veran tanto e no inverno nada vos tamen cobrandes no inverno tanto que dar ben cando todo baiona save o que ai e vos tamen ….un sado tamen pa vos

    Comentario por maria — 12 agosto 2008 @ 16:50

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress