Silencio dos outros
Non deixan de aparecer capítulos da manifesta incapacidade para gobernar do actual equipo de goberno. Agora pagaron o prato os integrantes de Sondeseu e os seus seguidores, que terán que ir a outras vilas galegas para velos, porque seica que Baiona é demasiado concello para ese grupo. En realidade deberiamos decir que somos demasiado pouco concello, xa que non fumos quen de ofrecerlles un escenario onde polo menos entraran os integrantes do grupo.
O BNG baionés, rexurdindo das cinzas, expón o seu punto de vista do acaecido. Tamén poidemos ler na Voz de Galicia os ecos do suceso. O que non sabemos deste desaguisado é o porqué do Concello de Baiona en non deixar que a actuación fose no parque da Palma.
A todas luces é evidente que a Praza do Concello non era lugar adecuado para Sondeseu. Tamén é evidente que o escenario alí ubicado non ofrecía as medidas mínimas de seguridade e que calqueira grupo musical que se precie esixirá un seguro de responsabilidade civil en calqueira das súas actuacións. Pero o que xa non é propio dun político (neste caso política) competente é, cando o grupo argumenta que o escenario pode virse abaixo, ofrecer o chan como posible alternativa.
Novamente Baiona queda en ridículo debido á incompetencia dos seus políticos. Cada vez que temos que ensinar o no noso carnet de identidade moitos baixamos a vista agardando que non lean de onde somos, porque defender o indefendible non é tarefa que podamos asumir.
chúzame - 

ola dou as grazas a todos por que grazas a todos vos voume informando por que as informacions que ai no concello de baiona como dixen mais de unha vez son nulas pero non son pra min son pra todos a queles que lles conveñen a os señores que teñen que informar mirade entre tantas que me teñen pasado onte chamei ao concello pra preguntar unha cousa o telefono sonaba pero naide o collia chamei 2 veces a 3 chamei a secretaria e dixome que a informacion a cidadania estaba aberta das 10 a 12 eu tamen quero un traballo asi tamen eu xa dixen moitas veces que os servizos en baiona non funcionaban e omais grave e que non estan en cordinacion e que polo visto de unha administracion con otra. berran; como carajo con perdon van a funcionar .tamen dixen que sairia mais merda perdon pero o que non dixen moi claro e aincompetencia de todos os departamentos ,pero eu non lles voto as culpas a eles que traballan sobre todo a quen governa que non nonsei de seguro ¿quen e? que quede claro non falo como politica non na entendo falo polo que estan facendio con baiona que se coñece ou pola vaca polas a ereas das prayas e agora aos noso tratamolos asi basta xa carallo perdon.1 saudo
Comentario por maria — 13 agosto 2008 @ 11:47
señores governantes que os galegos tamen temos derito a o melloriño enon so os turistas que beñen de fora o os andaluces contodo respeto tamen pra eles por que os galegos savemos valorar as nosas raices no como moitos que so valoran os cartos facer a foto un saudo
Comentario por maria — 13 agosto 2008 @ 17:20