Gardería baionesa
Grazas ao renacido blogue do BNG poidemos enterarnos, se o proveedor de acceso a internet o permite (a anotación de onte quedou en suspenso ata que os sempre eficaces xenios do ADSL tiveron a ben obsequiarnos co seu servizo), que xa está aberto o período de inscrición para solicitar praza na nova Galescola de Baiona.
A odisea da gardería toca ao seu fin e comeza a era do benestar das familias. Os prezos non é que sexan moi reducidos, pero tampouco andan moi lonxe do habitual. Agora iniciarase un periodo de análise para comprobar se este modelo de xestión "ao modo bloque" ten efectividade e os pais quedan satisfeitos do trato e coidado dos seus fillos.
En Oia, por exemplo, levan tempo funcionando e podemos observar a súa evolución a través do seu blogue. Para aqueles que teñen medo de que os seus fillos se convertan en perigosos "bloqueiros" radicais que se neguen a falar castelán e que veñan a casa coa cabeza lavada polos sicarios de Anxo Quintana, aquí van algúns dos temas que abordan:
Experimentamos coas nosas mans
Saboreamos un batido de plátano
Ainda que resulta moi interesante seguir o día a día da gardería do noso fillo, ¿qué implicacións legais teñen as imaxes de menores en internet? Resúltanos chocante ver tantas imaxes de menores de xeito aberto cando sufren tanta protección nos medios de comunicación.
chúzame - 

(comentario perdido e recuperado por BC) mirade eu xa sentin pola rua que si as prazas dagarderia ban llas adar a os amigos ….facedevos a pregunta que departamento…quen no leva …. a quen lle interese mirade ben que orio cando sona agua leva un saudo grazas pola informacion estou convencida que pouco a pouco e vendo como vai baiona podamos facer algo todos un saudo
Comentario por maria — 13 agosto 2008 @ 17:20
Tamén decían o mesmo dos pisos de Marvil e resulta que teñen que ir ao Rexistro de Demandantes de Vivenda (sorteo ante Notario).
Eu són do BNG e podo decir que nadie da Consellería se dirixiu a xente do BNG para “encufar” aos seus fillos. Tamén se dixo que o persoal estaba xa designado por Manolo Vilar e resulta que a selección a fai Vicepresidencia. O peor é que eses rumores saen de dentro do Concello.
Comentario por Marcote — 13 agosto 2008 @ 17:29
mira marcote eu persoalmente nunca dixen que algo asi saira do bng pero axente da rua desconfia moito de todo o que pase en baiona e teguste ou non e se queres que te diga eu tamen pero iso non quere decir que fose sobre o bng mira boute a decir algo que me pasou amin mesma preguntelle a conselleira de asuntos sociais como tiña que facer pra limpar nas escolas ela dixome que mandara o curriculun a empresa enton eu dixenlle, dicen pola calle que ti tamen metes xente e sabes oque me dixo ela …..elogo se manolo vilar mete e algun crimen que meta eu efoi a señora angeles silva por tanto dime que non ai motivos pra desconfiar non no iva a decir pero pra que vexas o que ai ,tampouco me pasou con todos un saudo mira me esquecia mandei o curriculun e chamaronme para ter anha entrevista pero a entrevista nonca chegou ………… dime por que ……..eu seino
Comentario por maria — 13 agosto 2008 @ 21:00
por sorte para todos os criterios de selección para a gardería están moi claros e por escrito, existe un baremo que cumprir.
Pódese consultar neste enlace:
http://media.igualdadebenestar.org/mediateca/galescolas_baremo_2008.pdf
Por sorte, insisto, está gardería será unha Galescola e o Concello non poderá adminitir a quen lle pete senon que terá que adminir quen o Consorcio de Benertar indique.
Por fin, unha administración fai ben as cousas, haber si selle pega algo disto os do Concello.
Comentario por Xan — 13 agosto 2008 @ 22:05
espero de verdade que empece aver en baiona algo bo e que non sean sempre chanchullos grazas por contestar un saudo
Comentario por maria — 13 agosto 2008 @ 22:39