Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Día do turista

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, agosto 19, 2008

Día do turista

E como xa é tradicional desde que no 2005 o sempre inxenioso Chicho se sacase da chisteira esta festa "porque sí", mañá teremos unha nova edición do "Día do Turista". Básicamente consiste en pagar a un famosillo que se deixa caer habitualmente por Baiona para que salga nalgún cartel publicitario e diga unhas verbas aos que nos visitan. Vamos, un pouco como a publicidade de Muebles Tuco, pero na versión turística.

Este ano obsequiaranos co seu inxenio e personalidade extrovertida o compositor de sintonías de televisión Julio Mengod. Entre os seus hits máis populares atópanse as sintonías de "Más vale prevenir", "Quién sabe dónde" ou "Qué apostamos". Pero quizáis o seu máis recoñecido traballo sexa o "lalí lalí" que compuxo para o PSOE e que se empregou nos anos dourados do felipismo.

Pero, fora maliciosas ironías, non todo foron traballos deste calado, Julio Mengod tamén ten tempo para compor poemas sinfónicos, como "El árbol del bien y del mal", "Los clarines de la Maestranza", "Aben-Razin" y "Los desastres de la guerra". O seu máis recente éxito é a composición do himno para a Expo 2008.

Julio Mengod leva moitos anos veraneando en Baiona i é un dos nosos máis febriles defensores y exerce todo o ano de baionés adoptivo, preocupándose polos sucesos que acaecen no noso concello. Ao César o que é do César, Julio Mengod ama Baiona e iso hai que agradecerllo.

Outra cousa é que lle atopemos a utilidade a este intento de marbellizar Baiona. Os turistas son sempre benvidos, eles nos queren con fervor e mesmo resaltan que o que máis lles gusta de nós é precisamente esa hospitalidade que lles brindamos. Tamén nos dín que o noso maior defecto é que o amor que damos aos de fora o deixamos de dar aos nosos veciños e que, ademáis, non valoramos o que temos. Ésa é a desgracia de ser baionés, que non podemos apreciar en todo o seu esplendor as maravillas do noso concello.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:41  

19 Comentarios »

  1. Mañá é o día do turista pero hoxe é o día do noso País.

    http://bngbaiona.blogaliza.org/2008/08/19/tino-baz-en-concerto/

    Concerto de Tino Baz hoxe na praza do Concello.

    Comentario por bngbaiona — 19 agosto 2008 @ 10:58

  2. estou lendo o programa do veran no concello de baiona donde leo que no veran e pra o dia do turista ai cousas e no resto do ano que ai pra os nenos de baiona .tamen que uvo pra a festa da virxen do carmen e quen na coordina .tamen a ruta pra que vexan o turista como decides vos o noso que queredes decir de baiona .non si .que vandes claro como todo tamen a fastidialo, tamen esta escrito no programa que pra estas visitas pondes un micro bus . e pa os nosos rapazes que teñen que ir pra estudar o bachiller 1 de marzo e que as familias teñen que pagar que facedes.eso non e bo da por persoa 3 euros non.que as familias que non poidan pagar que fan mandan a os fillos chovendo e ventando por que nos vos dan ganancia non si eu non o digo polos turistas digo por vos que polo visto so ten cordinacion o departamento do turista ai que non te … con perdon cada dia que pasa vexo mais intereses polos cartos e non polos cidadans so podo pensar que di que baiona vai procresando eu digo en foto.un saudo

    Comentario por maria — 19 agosto 2008 @ 15:13

  3. enon me veñades a decir que non e competencia de baiona o de levar os rapaces ao 1 de marzo por que teñen unha conselleira de educacion pra explicar que as boas cabezas pensantes de baiona fixeron o estituto no alto que non chega o trans porte publico balla servizos non si un saudo

    Comentario por maria — 19 agosto 2008 @ 22:06

  4. Coma sempre, un non pode estar en contra da organización de eventos. Pero a problema surxe cando os políticos e empresarios que temos na nosa vila tropezan continuamente na idea de formar unha Baiona para o verán, esquecéndose dos que estamos aquí todo o ano.
    O problema e que este concello e estes empresarios insisten en facer edificios e urbanizacións para vender a xente que pode permitirse pagar prezos astronómicos, aínda que logo habiten en Baiona 7 dias, ou aínda que o fagan para arrendar eses apartamentos a prezos estratosféricos, e por ese motivo queden baleiros todo o inverno. Isto provoca que moitos Baioneses teñamos que ir a comprar o noso piso a lugares como a Guarda, Tomiño ou Gondomar, onde os prezos están moito mais asequibles. Coa conseguinte perda de habitantes, e a conseguinte perda de beneficios en meses non veraniegos. Porque no verán podemos elixir a xente, pero en inverno non podemos descartar a ninguén. O consumo de todos e necesario para equilibrar a vida na vila. Iso os nosos políticos e empresarios non o deben saber. Ou non o queren ver.
    O problema continua cando os propietarios dos apartamentos queren arrendarnos, a nos os Baioneses ou a xente que quer instalarse en Baiona, arrendos altos e coa condición de abandonar o apartamento nos meses de xullo, agosto e setembro.
    O problema continua cando co presuposto do noso concello financiase a construcción dun aparcadoiro privado, que para colmo so da beneficios en Agosto, coa consecuencia de que a todos case se nos obliga a aparcar en el coa redución de aparcadoiros.
    Os problemas son moitos, coma que non se dean axudas para pagar o transporte do instituto, coma que a estas alturas non existan garderías na nosa localidade.
    O problema e que os nosos políticos e empresarios solo pensan en clubes de iates ou campos de golf, hoteis, restaurantes e cafeterías, e non pensan nunha maior diversidade.
    O problema unha vez mais, e que os nosos políticos, coma os de todo mundo son os empresarios. Desa maneira e moi difícil detectar as carencias do pobo, desa maneira e case que imposible encontrar solucións para nos os cidadáns.
    Saudiños!

    Comentario por Armadillo — 20 agosto 2008 @ 10:31

  5. armadillo ole,ole y ole estou plenamente dacordo contigo pero ainda o que non saves que en baiona pra nosos fillos quen nos teña non fan nada pero cando ven a festa do turista xa ves.tamen quero decir que en baiona ai moita xente no paro ou xente que esta cobrando axuda risga pero a cabome de enterar que cando truxeron a o grupo guarana e di aconselleira de cultura que e para acercar a musica a os xovenes pagaron 23.200,00 con iva se queredes informar bos mais entrade na paxina de diputacion de pontevedra e cando ai que axudar a calquer persona necesitada fan contas e protestan que en baiona ai persoas que viven e pagando piso con 6oo euros cacho sinverguenzas esto me indinna tanto turisteo e tanto carallo con perdon. mirade mais por facer que todos departamentos esten en cordinacion e que funcionen ben pra todos e non so pra os que veñen .canto gastades en servizos no inverno o pra os xovens. e pra os nenos . e en servizos sociais. e no veran pra ter contentos aos turistas, ou pra vos traballar menos so fai falla mirar o descontrol que ai tendes unha cara que pa que un saudo e grazas armadillo espero de verdade que os cidadans de baiona empecemos a protestar vendo todo isto e o que non se ve

    Comentario por maria — 20 agosto 2008 @ 12:11

  6. tamen quero decir que en baiona ivan facer un curso presenteme que era a primeira vez que me chamabandespois de 8 anosa presentacion foi o dia 30 de xulio e se empezou o dia 7 de agosto como faltaban 2 mulleres dixeron que nos chamarian o dia 8 de agosto o dia que se fixo a presentacion vio axente de emprego con outra persoa que foi a que me dixo que existia o ipi pero o señor axente de emprego por chegar tarde nin dixoperdon nen nada da a impresion que a este señor non save que quen lle paga somos nos con os nosos impostos se supon que el tendria que asegurarse que as persoas estiveran informadas de que se abia suspendido eu seino por que como sei as inconpetencias que ai este concello para que se vexa a coordinacion que ai e a pouca etica e respeto acia aqueles que lles enchen os bolsillos con o se benestar que outros no notemos son uns incompetentes e sin dar ao cidadan os dereitos que temos.un saudo e do inem non falo por que pa chorar sobre todo da orientadora e da diretora elas non saben a cantas andan

    Comentario por maria — 20 agosto 2008 @ 13:55

  7. Creo convinte recordaros que na pasada campaña electoral, fun o único candidato a alcaldia que defendin no noso programa a creación dun novo poligono industrial, dende o BNG queremos rachar coa idea de seguir mantendo un Concello a base de servicios terciarios, nós queremos para os nosos/as fillos/as algo mais, queremos un traballo estabel todo o ano,sostible e con miras de futuro,mentres non consigamos cambiala mentalidade da xente imos mal, o turismo esta moi ben pero para todo o ano e non para tres meses tan so, e preciso traballar en ese sentido, diversificar as ofertas para ampliar a demanda, pero para iso e necesario traballar moito e facer outras ofertas turisticas que estos señores non teñen nin idea de como arrancar.

    Comentario por xose enrique — 20 agosto 2008 @ 23:48

  8. manda,manda carallo pero vos vichedes o esperpento de onte na praza do concello co gallo do dia do TORISTA,isto e pra enmarcar jajajajaja saimos de guatemala e metemonos en guate peor menuda imaxe que damos,moitos dos TORISTAS escojonavanse do acto,e preguntome esa e a imaxe que queremos proxectar ai,ai,ai ai que lastima,bueno seguiremos chuzando dende aqui,un saudo

    Comentario por buxo blanco — 21 agosto 2008 @ 9:24

  9. Que non te pareza mal Xose Enrique, pero os programas e as propostas da campaña electoral, veñan de quen veñan, a xente xa non as cree. Tratase de ver quen propón o maior disparate nas súas promesas. Está claro que algúns partidos aínda non puideron demostrar que tamén a súas promesas son auga de borralla. Pero non nos levemos a engano, ningún político está a altura. Cada 4 anos, todos os representantes, nos ofrecedes o oro. E finalmente terminamos cunha sabor a achicoria nos nosos beizos. Todos terminades en loitas clandestinas, que si a culpa e de un ou de outro, pero despois entre vostedes, non tedes a determinación de destapar o que hai que destapar, e a cousa seguirá así sempre, os políticos sobre todo en Baiona parecen intocables, eles soben, nos baixamos. Non fai falla dar nomes, pero todos sabemos de que pe coxea cadaquén, e non hai visos de que ninguén meta man aí.
    Mentres, entre vostedes os tratedes de intocables, a política de Baiona no mais que será un reparto da inmensa torta, que comeza a esgotarse.
    Esta mensaxe non e algo persoal, non me dirixo a todos, nin a ninguén en concreto, me dirixo o conxunto de políticos. O conxunto que serve tamén para outros municipios galegos e españois, que e valido tamén, para a política española, europea e mundial.
    Os políticos, non nos administran, so se reparten os pasteis. Que podemos esperar…

    Comentario por Armadillo — 21 agosto 2008 @ 11:21

  10. armadillo estoume enterando de cousas que e pra botarse a chorar que en baiona non fai falla decir nomes os que estan governando e traballando decir tampouco nomes pra saver que ai feixes de fachas tamen quero decir que aveces senon se destapan moitas cousas non e so culpa dos politicos tamen a culpa temola os cidadans de baiona que temos tendencia a calar e to aseguro que a min me estan pasando cousas e falei con algun cidadan de baiona que non era politico e fala pola calle e cando eu lle dixen ao que estaba disposto dixome unha disculpa por tanto e persoalmente estou cansada de sentir so bla bla pola calle e to aseguro que eu estou facendo de outra maneira …..e fago unha pregunta ….non teriamos nos tamen que ir destapando algo dirixindonos fora de baiona … non hai nadie e intocable se colles as vias xustas e podes probar algo non si un saudo e armadillo estou contenta que ti tamen vexas as cousa asi e que non sea miña vision

    Comentario por maria — 21 agosto 2008 @ 13:35

  11. maria sabes o que pasa coa xente de baiona ou parte dela,que esta hasta o carallo de que ainda por riba de loitar por algo xusto ainda enriba os moen a paus e a xente esgotase e se fae pasota,e dicen pra min todo esta ben como se levan o castelo con todos dentro,e iso en parte teñen moita culpa os politicos por que moitas veces por simple partidismoclaudicas en contra das cousas coherentes e boas pra o ben comun do pobo e falo de todos en xeral un maisque outros unha aperta.

    Comentario por buxo blanco — 21 agosto 2008 @ 19:58

  12. saiu o alcade queixandose que a conselleria territorial non lle fai caso peri isto foi oxe que se isto que non o escoitan e vostede señor alcalde escoita a o cidadan e respeta xunto con alguns do seus ediles ,e vostede fai que alguns dos traballadores do concello respete o cidadan o e que iso non sae na tele

    Comentario por maria — 21 agosto 2008 @ 20:08

  13. buxo eu levo tempo loitando e tamen as veces caso pero oque non se pode facer e que estos señores se rian da ignorancia e da nosa necesidade por que ganar pra pagar os impostos todos temos que sudar moito mentes eles como dixen moitas veces traballan 4 horas e 1 a pasear ou tomar cafe un saudo buxo blanco

    Comentario por maria — 21 agosto 2008 @ 20:15

  14. e increible que con os problemas existentes no municipio, o dia do turista dediquese a encumbrar a unha persoa que é o exemplo mais claro de egocentrismo, egolatrismo, chuleria e prepotencia. solo oilo falar e un exemplo. yo, yo, yo, yo e despois Bethoven. da noxo. ou pena que neste municipio se lle de tanta importancia a alguen que solo pensa en si mismo. e a saber canto se meteu no bolsillo ademais de pasearse polo concello e usando as dependencias municipales como si fosen de el. Quen vay pagar os gastos de telefono que produciu regularmente nestes dias este persoaxe?

    Comentario por sinnomeporsiacaso — 23 agosto 2008 @ 21:11

  15. tes razon coas necesidades que ai en baiona danlles regalos de ouro so por qua veñen a branear a baiona isto si que e bo eu estou mirando que so lles interesa ou as fotos pra quedar ben e que van a cabo verde ou por ser alcaldes ou por ser turistas de fai 15 anos ea os demais que os parta un rayo ,,,,non,,,,un saudo

    Comentario por maria — 23 agosto 2008 @ 23:44

  16. bueno teño que decir isto senon estoupo a carreira que claro fana todos anos e movilizanse ,policias locais ,estes rapaces novos que creo que son de proteccion civil,poñen vallas ,poñen pantallas grandes tamen creo estan os cordinadores ,concejales claro,algun civil que hoxe estou vendo ,tamen poñen altavoces que o que alla traballado de noite se …j…con perdon ai problemas para entrar no parkin ,… que fagan estas cousas sin perjudicar a os demais pareceme ben pero eu fagome unha pregunta ….tanto pra isto .tamen e durante o curso de escola dos nosos fillos moitas veces non ai policia local pra seguridade dos nenos que van a escola sen contar que o luns nunca estan por que xa me dixeron amin no concello ..por que ai mercado…..otra pregunta que dereitos teñen os nenos de BAIONA ….oso teñen dereito os que veñen de fora e os fillos dos beraneantes ….como o vendes vos tamen os que vivimos cerca da palma queremos dormir e non so iso se no que ai ordenanzas de ruidos que non se cumplen ..pra que as poñen .tamen onte de noite estivo o 061 e borrachos tirados nos bancos …. e o peor rapaziños de mais o menos 15 a 16 anos valla turismo e imaxen de baiona pero que vou decir o que non sepades xa isto e un descontrol

    Comentario por maria — 24 agosto 2008 @ 10:47

  17. Da gusto ver como en días de vacacións sempre hai quen ten ganas de falar, debatir e discutir sobre os problemas que atañen a Baiona.

    A Baiona Consciente comeza a espertarse e iso é bo.

    Lemos moitos comentarios descorazonados, de xente que perdeu a esperanza de mudar as cousas. Se hai quen pensa que os partidos están encorsetados que funden o seu propio partido, casos houbo en Baiona.

    Comentario por baionaconsciente — 25 agosto 2008 @ 20:57

  18. descorazonados non e a pena e realidade do nosa vila ai xente que non pode facer vacacions e ten problema por non funcionar os servizos e pensar so no turista de que teñan entertenemento ……donde estan os dereito humanos dos nosos governantes que segun eles vai todo ben un saudo

    Comentario por maria — 25 agosto 2008 @ 21:56

  19. e oque non savedes por que o que pasa en baiona so se comenta na calle e non sae da vila un saudo referome osdereitos humanos pero con referencia as necesidades que ai na vila e tamen os chanchullos que fan

    Comentario por maria — 26 agosto 2008 @ 7:30

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress