Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » O malo que non era tan malo

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, agosto 22, 2008

O malo que non era tan malo

Rectificar é de sabios e completar a información responsabilidade daquel que pretende ser obxectivo nas súas reflexións. E no caso de hoxe debemos completar e recitificar ao mesmo tempo.

A finais de Xullo, na nosa anotación titulada Animando o Verán, falabamos da retirada das instalacións de Punto Pasión na Ladeira. Hoxe lemos que en Nigrán o Concello e Punto Pasión tamén sufren falta de entendimento por culpa dos incumprimentos da empresa. Ou sexa que cando falabamos naquela ocasión de que somentes o Concello de Baiona tiña problemas coa suposta escola de vela xa non é un argumento válido. Xa que logo, a postura de Manolo Vilar para cos concesionarios do convenio non era tampouco un emperramento persoal, senón unha xusta postura por incumprimentos reiterados de Punto Pasión.

Cando hai dúas peleas e unha mesma persoa se mete en ambas hai pouca dúbida de quen é o culpable.

Vaia desde aquí a nosa aclaración e, en certa forma, rectificación, xa que na anotación de Xullo xa deciamos que non era normal que houbese un bar na praia. Non todo é tan malo como pensamos nin tan bo coma nos dín. Esta frase debería ser un filtro a aplicar en toda declaración, nova ou acontecimento do que teñamos coñecemento. Mellor nos irían as cousas a todos.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:20  

5 Comentarios »

  1. Paréceme moi ben a rectificación se pensas que te equivocaches. Pero creo que habería que ter en conta que o Punto Pasión de Baiona levaba instalado varios anos e que se sepa gobernaban os mesmos, o cal non é o caso de Nigrán.
    Pero claro, o Concello de Baiona descubriu este ano que era utilizado como bar, pero se estaba aberto ata como local de copas nocturno nos últimos veráns, e como clube naútico encuberto ocupando cada ano mais praia, como se non levara así dende o principio e ninguén se queixara por elo!! ¿Onde estaban ata agora?
    E se é así ¿por qué segue habendo tantos barcos na Ladeira, se son os mesmos que había antes?

    Comentario por Sara — 22 agosto 2008 @ 20:20

  2. Sen que sirva de precedente, é preciso clarexar que, sí son os mesmos, pero con distintas áreas.

    Antes MedioAmbiente e Praias o xestionaba o Sr. Rodal, sen embargo agora as xestiona o noso bó amigo Sr. Vilar.

    Hacertada ou non, criticada ou non a decisión foi tomada polo Sr. Vilar.

    En fin, sendo xustos teño que decir que dende o meu punto de vista foi unha medida acertada. Neste momento o Punto Pasion Playa está cumplindo o convenio, e non antes, cando tiña unha actividade encuberta e libre de impostos.

    Comentario por xan — 23 agosto 2008 @ 11:24

  3. leede no dia doturista

    Comentario por maria — 24 agosto 2008 @ 11:17

  4. O do Punto Pasión está a xerar controversia e quizáis se tería resolto en ambos casos con un pouco de diálogo. ¿Pero é que costa tanto?

    Comentario por baionaconsciente — 25 agosto 2008 @ 21:19

  5. despois de todo o que esta a pasar fan 1 ben bueno aver se empezan a facelas todas ……que segun ovexo eu seria un milagre

    Comentario por maria — 26 agosto 2008 @ 7:35

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress