Os días pasan e as obras non se rematan
Onte nos visitou a Conselleira de Política Territorial, María José Caride, xunto coa Delegada Provincial de Política Territorial, a baionesa Isabel Domínguez.
En principio, có fin de determinar que as obras da rotonda de Sabarís pola estrada nova xa estaban rematadas.
O que non agardaba a Conselleira é que se lle plantaran diante varios veciños afectados e que lle soltaran unha serie de "inquietudes" sobre as obras prometidas.
Resulta sorprendente a capacidade de reacción dos veciños de Sabarís, cando menos no seu número. Xa que no día de onte se presentaron ante a Conselleira medio centenar longo de afectados e logo, nas comisións de seguemento non acuden máis que unha veintena escasa. En ambos casos, excluidos aqueles veciños de Baiona que acuden interesados pola problemática (normalmente claramente vinculados a algún partido político).
Xa pasaron máis de sete meses desde aquela manifestación convocada polo BNG esixindo solucións para Sabarís, acudindo máis de trescentas persoas. Desde aquela, acometéronse importantes obras na parroquia e se suxeriron múltiples solucións á problemática, unhas máis acertadas que outras.
Neste caso podemos observar diferentes posicionamentos, segundo o partido político que actúe:
O PP, desde o goberno do Concello, implícase organizativamente e o Alcalde, Sito Almuiña, está máis pendente de reseñar a inoperancia da Xunta que de obter verdadeiras solucións. Tenta solucionar o problema pero, quizais, non sepa facer a forza necesaria ante a Administración.
O PSOE, desde a Xunta, tenta destacar a labor e inversión desde a Consellería de Política Territorial, dando un protagonismo especial a Isabel Domínguez, quizáis postulándoa como posible sucesora do suicidado Carlos de la Peña. Ao mesmo tempo, ponlle pedras no camiño ao Concello, tentando minusvalorar o traballo do PP. Hai que recoñecer que o esforzo inversor fo considerable, pero o risco de novas inundacións aínda non está solucionado. A ponte románica de Sabarís segue sendo un escollo importante, que pode facer inútil todo o traballo levado a cabo ata o de agora.
O BNG, coma case sempre, non rendabiliza a implicación de todos os seus membros. Moviliza á cidadanía, implícase na problemática en xeral, aporta posibles solucións, cando non exerce tarefas de goberno e podería estar á expectativa dos resultados. Mesmo o seu número un, Xosé Enrique, é veciño nacido en Sabarís, polo que gaña pola banda a todos os representantes políticos do Concello en coñecemento do problema e das posibles solucións. Logo non saen na foto e catro saben da súa labor.
Manolo Vilar suele estar moi calado nas Comisións de Seguemento, ás veces ata medio somnoliento. Venlle grande o problema, sobre todo porque agora non ten á Xunta para que lle saque as castañas do fogo, como cando era Alcalde.
O que non deben esquencer os veciños é que deben seguir acudindo ás Comisións de Seguemento, aínda que non sexan afectados directos, é unha das poucas oportunidades que terán de palpar os movementos políticos e as actuacións da Administración tan de preto.
O vindeiro Venres haberá unha nova convocatoria no Colexio De Sabarís, curiosamente á mesma hora que o Alcalde rexeita colocar os Plenos do Concello. Será importante que todos os políticos sintan que os veciños de Sabarís non se confían logo das eleccións e siguen preocupados polo problema que pode acaecer no futuro.
chúzame - 

Hola, chamome Roberto Carlos Valverde, e fun o presidente da Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís dende Xullo do 2003 ata Abril do 2007. Na actualidade son o Responsabel Local do BNG de Baiona.
Quero con este primeiro comentario, felicitar a labor de Baionaconsciente, polo gran traballo e esforzo que están a realizar.
Con referencia o tema que me precede quero comentar algunhas cuestións que coido poden ser interesantes.
O pasado Luns, o noso portavoz do Grupo Municipal (Xose Enrique Fernandez) recibe unha chamada do Sr. Alcalde, advertíndolle de que esa mesma tarde as 17:30 viria a Sabaris a Conselleria de Política Territorial da Xunta de Galiza, o lugar do encontro a nova Rotonda de acceso o Camping da Ladeira.
Xose Enrique ponse en contacto comigo sobre as 14:30 e me comenta o mesmo que lle dixera o Sr. Alcalde, e quedamos en aparecer polo lugar a hora indicada.
Xose máis eu chegamos o lugar sobor das 17:15, e adicámonos a dar un breve percorrido polas obras da marxe do rio, vendo o avance das obras de canalización do mesmo, tema que tratarei noutra ocasión, xa que seguramente teremos máis oportunidades para poder facelo. Cando achegando a hora indicada, comezan a aperecer unha grande cantidade de veciños/as, afectados e non tanto. Atopámonos cos representantes da Plataforma de Afectados e preguntannos a que ven tal citación repentina e quen avisou a toda esta xente que estaba presente.
A mesma pregunta nola estabamos facendo nós mesmos.
E por esta cuestión en cato tivo oportunidade Jose Antonio, representate da Plataforma de Afectados polas Riadas en Sabarís, fixolla o Sr. Alcalde.
Este comentou que unha vez que o chamaron a él decindo que a Sra. Concelleria apareceria hoxe por Sabarís, chamou el os representantes dos demais partidos políticos, a un representante da Plataforma de Afectodos e a unha serie de veciños afectados.
E para que, pois poidemolo comprobar moi rápidamente, xusto despois destas verbas o Sr. Alcalde falou cos Sra. Delegada da Conselleria de Politica Territorial, Isabel Dominguez. E foi nesa conversa onde se sucedeu o PRIMEIRO ACTO da representación que tiña preparada o Sr. Alcalde. Unha discusión entre o Sr. Alcalde e a Sra. Delegada, diante media centena de veciños, decindo que dixeches ou deixaches de dicir sobre quen dos dous tiña que facer un borrador dun convenio para o arranxo da ponte que comunica o acceso a Praia Ladeira coa nova rotonda.
Unha ponte que pouco máis dun ano cumpriu recentemente dende a súa reconstrucción e que tras as echentas do pasado Outubro quedou inutilizada. (Unha ponte que constou o redor dos 32 millóns de pesetas)
Onde está a responsabilidade do Enxeñeiro, do Director de Obra, da Empresa que reconstruiu a ponte.
¿Porqué ten que repararse unha ponte que só se puido utilizar 6 meses con diñeiro público?
SEGUNDO ACTO
A chegada da Sr. Conselleira, en primeiro lugar escoitamos as explicacións dos Srs. Directores da Obra da nova Rotoda e ponte na Desembocadura do Rio Groba, e o Sr. Alcalde volve a insistir no convenio para a reparación da ponte estragada para o acceso a praia Ladeira, ou como dí o Sr. Alcalde de Acceso o CAMPING.
E aquí onde volven a saltar os chuzos, cara unha e outra banda. O Sr. Alcalde insiste en que é a Xunta quen quedou de presentar o borrador do convenio, a Sr. Delegado di que non é así, senon que é o Concello quen o tiña que ter presentado, e logo salta a Sr. Concelleira decindo, que esa obra non foi feita en conxunto coa nova desenvocadura, porque o Sr. Alcalde non o solicitou en tempo e forma, e agora non se pode acometer como obra de emerxencia, polo cal ten que levar o seu cauce ordinario.
E decir, convenio, concurso, …
En fin outro espectáculo.
En resumen, xa que este encontro ten moito do que falar.
Por un lado temos o Sr. Alcalde que segue co seu discurso de victima, que tan bos resultados lle está dando nestes últimos meses, sobre todo rodeado da súa xente, coma se dun precicador se tratase.
E por outro lado temos a Sra. Isabel Dominguez que unha vez máis caiu nas redes de Sito, e poidemos asistir a un novo encontronazo.
A Sr. Concelleira que estaba falta de Titulares e quixo vir a inagurar as obras feitas pola súa conselleria, pero sen saber o circo que lle estaba esperando, nin que responsta dar as obras que lle faltan por acometer.
Na mentres, os veciños e veciñas deste Concello e en especial de Sabarís, por este tema en concreto, seguen sen ter os seus problemas resoltos. Non se sabe que solución se lle vai a dar a saida de augas pluviais o Camiño das Monxas.
No desaugue actual de augas pluviais, seguen verténdose fecais, cando no mes de Abril o Sr. Alcade comentou que xa estaba todo solucionado e que non existirian máis vertidos de fecais, xa que as obras de separativa estaban executadas.
Tivemos que nos o BNG denunciar públicamente que non se estaban a convocar as comisións de seguemento, tivemos que ser nós, quenes dixemos que deberian de celebrarse a partir das 8 da tarde no Colexio de Sabaris.
E é por iso polo que este Venres, 27 de Xullo as 8 da tarde no Colexio Público de Sabarís está convocada unha xuntanza da Comisión de Seguimento.
ACUDIDE.
Comentario por Roberto Valverde — 26 xullo 2007 @ 19:07
Grazas por aportar o punto de vista do BNG. Gustaríanos que outras partes implicadas deixasen tamén o seu punto de vista, porque o que aquí queremos lograr é que haxa debate e controversia, para que toda Baiona sepa o que pasa no noso COncello.
Comentario por baionaconsciente — 27 xullo 2007 @ 12:13