Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Non son temas menores

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, agosto 28, 2008

Non son temas menores

Deixemos por hoxe o tema do PEPCHAB e deixemos que os técnicos do Concello teñan subida toda a documentación á web. Hoxe falemos da regulación que se quere facer do botellón. Aquí varios dos noso asiduos xa tiñan falado do descontrol do botellón en zonas como, por exemplo, a Palma e o paseo de Monte Boi.

Está moi ben que se regule unha actividade, que é unha cousa moi diferente a que se prohiba. Se se prohibise o botellón tamén se tería que prohibir o tapeo nas rúas ou a cunca de viño na festa da Virxe da Rocha. Cómpre non ser hipócritas neste eido, son tan alcohólicos os cuarentón que bene o ribeiro na rúa coma os adolescentes que o fan na Palma. Este último sector gañouse a enemistade de moitos veciños pola falta de consideración para cos lugares onde practican esta social inxesta de alcohol. Si non deixaran todo feito un cristo, con cristais rotos onde pola mañá pasará nenos pequenos, ou si evitaran "aliviarse" preto das zonas onde se pode sentar calqueira que esté canso, por exemplo, quizáis non xeraría tanta controversia unha "afición" que, dentro do que cabe, é bastante máis social que apiñarse nun pub a sete euros a copa ou ir a unha discoteca para que che solten garrafón.

Por de pronto vai amargarse cunha tentativa de control, prohibindo a venda de alcohol a partires das dez da noite. Moi sutil a maniobra, os supermercados pechan ás nove e media e a "Quisca" estira un pouco máis a xornada laboral. O caso é que o comercio con máis "solera" de Baiona acaba abrindo novamente logo de cada incumprimento. ¿Porqué será?

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 22:13  

12 Comentarios »

  1. eu so digo que valla cabezas pensantes e a quen nos pagamos os impostos digo eu que creen que proivindo o botellon e proivindo a venta de alcol ata unha hora limite ou que sacando o noite bus xa esta a eles cando eran novos e lle proivian algo ….que facian ..peor non . e logo que pensan que con isto xa van arreglar o problema seria bo que entre todos os politicos se reuniran e estudaran a mellor maneira so molesta o botellon e logo …sillas nas ruas .a basura por que ai poucos contenedores .a caca de can. os servizos que non funcionan .politicos en hora de traballo paseando. o pouco respeto que teñen aos cidadans ,a desinformacion, o enchufismo, o amiguismo ,a incompetencia .o abadono das parroquias ,os policias locales que faltan pra seguridade dos rapaces que van a escola ,o pocas cousas que fan no inverno pra xovenes de baiona os nenos e bou aparar estudiade governantes e seades bos politicos e pedide colaboracion dos demais se savedes o que e un saudo

    Comentario por maria — 28 agosto 2008 @ 22:53

  2. o problema do botellon esta tamen nas casas onde faltan unha grande chea de valores,por que non todos os que o practican fan dano pero eses poucos que nas suas casas os soltan e non saben cando chegan nin como chegan son os que probablemente fagan as desfeitas que aliñado co alcol multiplicase por 100,

    Comentario por buxo blanco — 29 agosto 2008 @ 9:17

  3. e de toda a sociedade que oxe en dia todo esta permitido e cando se mira que e un desmadre enton ai que atajalo …por que non intentan atajalo antes de que chegue fan como todo esperan a que se faga a bola grande quen fai as leyes pra …que fan ,igual que as ordenanzas que aver ailas ….pero quen ten nas que facer cumplir ….eu non pode …quen pode ……un saudo

    Comentario por maria — 29 agosto 2008 @ 10:41

  4. estou leendo nos escritos do concello donde poñen os programas e estoume partindo de risa e digo por que BAIONA segun fan os governantes e vila turistica e non mariñeira por que fan o dia do turista e despedida, pero o dia do mariñeiro non e poñome aleer que o conselleiro de turismo …..e pon asi…..anxo rodal asiste a inaguracion da exposicion de vilas MARIÑEIRAS…..en xanxenxo ai que amolarse e en baiona como vila mariñeira que fai….non e de reir …chorar …de que esta foto si e pra criticar ou ….non un saudo ban a quedar ben fora

    Comentario por maria — 29 agosto 2008 @ 20:57

  5. no concello existe ordenanzas de toda clase que regulan a convivencia dos cidadadans de baiona, ampliando a legislación visente en materias especificas. asi, se entras na paxina do concello podes mirar que existe ordenanzas de trafico, de ruidos, de conduccion dos cans po las ruas, de venta ambulante, … e gora aberia outra mais do botellón. o problema e que estas normas non se fan cumplir. para que outra mais.

    Comentario por clodomiro — 30 agosto 2008 @ 9:31

  6. clodomiro eso eu xa o sei pero creo que ti non entendiches o que eu qiesen decir e que avelas ailas pero non nas cumplen so o fan por que asi poden decir que baiona tamen nas ten e cando falen en reunions fora quedan de foto ata logo

    Comentario por maria — 30 agosto 2008 @ 10:37

  7. O tema do botellón e unha problema moi grande, xa non so a nivel local, se non tamén a nivel nacional, e que pódese apreciar que empezase a por de moda noutros países. O problema non e solo dos nosos mandatarios, se non tamén dos nosos fillos e dos nosos pais, en resume, da nosa sociedade.
    E por ese motivo que facer medidas a nivel local non e mais que colocar parches a unha situación que necesita propostas dende mais altas esferas.
    Crear medidas de prohibición o respecto serían autoritarias e contrarias a liberdade das persoas, así que a única solución, polo momento pasa pola educación por parte de todos nos.
    Explicar os efectos do abuso do alcohol, ensinar a recoller o que se bota o chan que tamén e normal que deixen por ahí tiradas as cousas se os nosos adultos van pola rúa tirando papeis ou cigarros e gomas de mascar o chan. E por último e quizais o mais importante, un control e unha ensinanza por parte dos pais, explicando os seus fillos onde e a que horas non poden estar os menores, porque no nos deixemos enganar a maioría da xente que e asidua os botellón está por debaixo dos 18 anos.
    Para que todo esto se cumpla e importante que todos empecemos a mirar doutra maneira o botellon, hai que deixar lonxe esa perspectiva victimista que da alas o botellon, porque nos locais as copas son demasiado caras. Cando o que deberiamos mirar e que o botellon e unha actividade insana, antisocial e bastante porca. Deberiamos preguntarnos porque os nosos fillos non saben divertirse sen o alcohol, os porros ou a coca. Deberiamos preguntarnos porque rapaces de ata 12 e 13 anos están ata altas horas da maña nesta clase de acontecementos.
    Para reeducarnos deberiamos empezar a responder esa clase de preguntas, empezando por Baiona consciente que creo que enfoca mal o problema.
    Saudos.

    Comentario por Armadillo — 30 agosto 2008 @ 17:22

  8. ¿Cál é o enfoque erróneo, Armadillo?, ¿tentar equiparar botellón con ir de viños?

    O alcohol seguirá nas nosa vidas, mal que nos pese, poruqe aínda hoxe hai quen se racha as vestiduras cando se quere dar ao viño a consideración de bebida alcohólica e non “alimento”. ¿Porqué o viño é alimento e a cervexa non, tendo menor graduación? Pois porque a industria cervecera non ten peso nen arraigo en España.

    Comentario por baionaconsciente — 30 agosto 2008 @ 18:13

  9. eu non defendo nen digo que sea xusnto que pra divertise sea necesario nen vever nen tomar nada de iso pero eu fago unha pregunta a favor dos xovenes non teñen locales donde unha bebida sexa mais economica se non que en moitos locales aproveitanse incluso coas aguas tamen e certo que as familias fan parte de falar e intentar facer ver a os fillos ….pero as veces pa os pais segir este ritmo e moi dificil e ainda que se diga a un fillo non fagas isto ou otro fanno igual e a sociedade que as veces vai por diante ..eu digo por que os politicos que fan as leyes dexaron isto todo que collera o ritmo do demadre …por que non fan algo xa pra que ese rapaces menores esten no medio de todo isto ..cando o faran cando sexa mais grave ..coma todo pensemos de que non ten toda a culpa nen os pais nen os xovenes nen as leyes temola todos un pouco pero tamen penso que o proivir no e nada bo un saudo

    Comentario por maria — 30 agosto 2008 @ 20:12

  10. Repetirei, esta vez sen tanta presa a miña opinión. E evidente que o alcohol sempre seguirá nas nosas vidas, nin prohibicións, nin regulacións, nin concienciacións lograrán facelo desaparecer. Tampouco esa e a intención. Pero creo que estamos case todos concordando en que é necesario facer unha regulación no seu consumo, e sobre todo unha reeducación en algúns dos nosos valores, de iso non cabe dúbida.
    Esta reeducación e tan necesaria que incluso algúns detractores das miserias que ofrecen algún botellóns buscan algunha xustificación de esta práctica que contrario o que pensa vostede, tratase dunha practica bastante antisocial.
    A problema non e que as copas nos pubs custen 7 euros, tampouco que estes locais estean a rebosar, nin moito menos que nas discotecas sirvan garrafón, en todo caso ese e outro tema que seria conveniente estudar, pero que non debe levarnos a enganos e servirnos de xustificación para outras prácticas incluso peores como e o botellón. Aquí penso eu que Baiona Consciente enfoca erroneamente o tema. O botellón non e unha rebeldía nin unha protesta contra eses “excesos”, o botellón e un mal social, no que os nosos fillos buscan unha diversión falsa.
    As hamburguesas ultimamente están moi caras nas bocaterías, e non por elo, nos adicamos a comer 20 hamburguesas nunha noite.
    O café experimentou unha subida importante no pais, incluso sufriu unha perda de calidade, ultimamente non e raro que nas cafeterías sírvanche auga chirla en vez de cafeína, non por iso debemos chegar a casa e tomarnos 30 cafés do tirón.
    Ninguén está a defender os borrachíns que visitan todos os bares copa en copa, precisamente eses personaxes son altamente criticados e excluidos da nosa sociedade, sen dúbida algunha ese é o futuro de moitos os asiduos o botellón, aínda que eles non o saiban, porque realmente son o mesmo con diferente envoltorio. Tampouco tratase de demonizar a todo o que asista a un botellón. Porque case todos asistimos a algún, o preocupante e esa asistencia masiva, descontrolada e habitual da mesma xente.
    A problema radica en que os nosos fillos creen divertido beber, non asimilan os riscos que isto trae, adiccións, enfermídades, drogadicción, depresións, trastornos na conducta, e moitos etc…
    Un viaxa por latino américa e neste sentido encontrase que a maioría das persoas teñen outra rutina a hora de sair pola noite a desfrutar. Neses países o obxectivo e sair a bailar, o tabaco practicamente e unha vergoña, as discotecas maioritariamente están sen fumes, e o alcohol sérvese claro que si, pero se consume infinitamente menos, basicamente porque molesta o bailar, e porque ir extremadamente cego e borracho non se fai divertido. Ata esa conducta e onde temos que dirixirnos, sen excluilo, pero si regulalo, sen miralo coma un delito, pero mirandoo coma unha practica anormal.
    Eu son xoven, e coido que se pode sair e divertirse sen beber esgalla, de feito saio cada venres e sábado e gasto probablemente menos que estas persoas que acoden relixiosamente os botellón, non e que sexa un mísero, pero e que non necesito estar toda a noite cunha cubata na man. Bailo sen estar bebido, coñezo rapazas sen necesidade da coca, desfruto da música sen fumarme un porro. E ademais non paso frío cos ventos de monteboi. Socializo máis que os rapaces que están tirados semi inconscientes, non sufro riscos coma os que caen no coma etílico.
    O enfoque voso e un erro, por tratar de xustificar en parte a actitude dos asiduos o botellón. Poñerse cego cada fin de semana non ten desculpa, non ten xustificación, mentres algúns busquen xustificalo ou minimizalo, claramente seguiremos sufrindo o botellón, e loxicamente os que mais perden non son os que pasean pola palma entre cristais, nin os que se encontran ca desfeita que producen os residuos destas concentracións, os que máis perden son eles os rapaces que asisten sistematicamente a estes eventos.
    O igual que tamén e un erro o enfoque dos políticos que lle votan a culpa o noite bus ou a música ata as 6 da mañá.
    En fin que fai falla moita concienciación, esa é a solución.
    Saudiños

    Comentario por Armadillo — 31 agosto 2008 @ 15:39

  11. armandillo non sei se eres xoven o unon pero si pesaramos igual de 15 anos como de 40 este momdo seria de maravilla ai esta o problema que moitos xovenes non pensan que o largo da vida teran a fatura por iso digo que con este rapaces que teñen 14 ou 15 anos etc que fagan algo rapido e que non esperen cando alla moitos mais pero por pais. leyes. resumindo …todos e con isto que escribo non digo de que non este dacordo contigo pero fago alguns matices un saudo

    Comentario por maria — 31 agosto 2008 @ 18:56

  12. No botellón bébese alcohol, é evidente, e antes do botellón tamén bebíamos sin ter a maioría de edade. A nosa cultura de socialización desenvólvese, parcialmente, arredor dos bares e polo tanto do alcohol. O que sempre houbo e seguirá habendo é unha minoría que bebe de mais e que acaba pasándose consigo mesmo, cos demaís e co patrimonio alleo.
    Paréceme imprescindible iniciar e reiterar campañas informativas sobor dos riscos do alcohol. Por certo, parece que na conducción as campañas publicitarias confirman o seu éxito, acompañadas de maiores controles policiais e maiores sancións.
    A min paréceme que a inmensa maioría da xente que fai botellón é unha xente estupenda e absolutamewnte responsable; agora ben, a administración municipal ten moito que facer en canto a información, vixiancia e limpeza posterior antes de arremeter, por exemplo, co noite-bus que máis que causa do botellón é un efecto do mesmo.

    Comentario por carlos — 3 setembro 2008 @ 8:56

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress