Aleguen, damas e cabaleiros
Onte foi o día no se que se publicou a aprobación inicial do PEPCHAB no DOGA e no mesmo día comenzáronse a subir os textos na web do Concello. Un tanto a favor do equipo de goberno pola celeridade e transparencia nos tempos e nas formas. Debemos recoñecer cando algo se fai ben e iso é o que facemos no día de hoxe.
Claro que non podemos obviar que onte e hoxe resultou especialmente difícil descargar os textos e mesmo había que ir descargando ún por ún, debían ser as ganas da xente, sobre todo á que non está nestes días en Baiona.
Logo do tremendo ridículo que tivo que pasar alguén no acto de presentación realizado no Auditorio V Centenario, ben poderiamos ver na prensa algunhas opinións de veciños do Casco Vello opinando sobre o tema. Mesmo os partidos políticos deixaron pasar a oportunidade de soltar as catro frases obvias que agardamos cando o Goberno Municipal fai algo de tanta importancia e, ademáis, relacionada co Urbanismo. Agardamos que polo menos a aprobación deste importante documento borra do noso Casco Vello as tropelías que se cometeron cando goberno o que fixo todo en Baiona.
Serán cousas do Verán, que a todos nos afecta pasar tanto tempo ao sol, ou á choiva, vai saber. Ao que non podemos agardar é á valoraciñon de CAHIBA. BC abre os comentarios das súas anotacións para que expresen canto se lles antoxe sobre o PEPCHAB e as alegacións que presentarán como asociación veciñal.
chúzame - 

Polo que puiden ver e escoitar sobre o PEPCHAB, coido que está feito con acerto e rigor. Se ben, non comparto as formas.
O de que se teñan que expropiar vivendas, que non son, polas súas dimensións e estrutura, aptas para facer vida paréceme correcto. O erro está cando non se ten trasmitido esta intención os seus propietarios. A palabra expropiación non é ben acollida por ninguen, xa que ten o significada de que a administración vai a adquirir un ven de algún veciño a un prezo baixo e sen moitas defensar por parte do veciño. Teriámonos que ver nesa situación para entendela plenamente.
¿Por qué, non se achegan a convenios cos propietarios?
¿Por qué, non se entra nunha negociación para adquirir esas viviendas?
Sabemos que a lei así o permite, pero, ¿Por qué se escolle como primeira medida a expropiación? Probablemente sexa porque lle sae máis barato o Concello.
O que tampouco me acaba de convencer é o uso que se lles quere dar. Vivendas para Artistas!!!.
Acaso non haberá colectivos en Baiona que podería empregar estas vivendas e dotalas de contido e utilidade para todos e todas????.
Posiblemente o tema da Expropiación sexa o que máis revolución cause con respesto o PEPCHAB.
Pero existe outra situación que algún veciño xa denunciou no mesmo auditorio.
¿Que ocurre con aqueles propietarios que estaban a espera de que se puxera en marcha o PEPCHAB para poder facer obras nas súas vivendas e poder gañar algo máis de volumen?
O que sucede é que aqueles que ilegalmente fixeron obras nos anos anteriores, feitas quedarón, e os que agardaron a facelo legalmente, en moitos casos non van poder ampliar nin un só metro de volumen.
Moitas veces neste pais ser ilegal é moito mais rentabel e cómodo que querer acatar as leis.
Outro grave problema é o seguinte: ¿que ocorre cos veciños que lle enterraron as súas vivendas coa remodelación das rúas. Existen moitos casos onde na planta baixa de moitas vivendas non se pode instalar un baño, nin un fregadeiro, xa que a toma da rede de saneamento está mais alta que o piso destas vivendas. Non se propoñen solucións. Ou, ¿acaso se terán que voltar a levantar as rúas e baixar a rede se saneamento?, ¿quén é o responsabel desta desfeita?, ¿A quen, se lle pedirán responsabilidades?
En fin, Baiona é así.
E nós, seguimos deixando que así sexa.
Comentario por Xan — 30 agosto 2008 @ 9:07
e certo xan non se pode baixar do concello estouno vendo oxe non ,podo comentar moito por que digo a verdade de isto non entendo moito un saudo
Comentario por maria — 30 agosto 2008 @ 10:55
Xan, concordo ao cento por cento contigo no tema das expropiacións. Primeiro débese dar a oportunidade aos veciños de que rehabiliten as súas vivendas e non comezar o seguinte paso ata obter unha negativa expresa pola súa parte (hai propietarios con dificultades para contactar con eles), logo o normal sería tentar conveniar unha compravenda e, como última medida, recurrir á expropiación.
Unha pregunta sería quén expropiará e qué fará logo da rehabilitación.
Ao dous temas seguintes temos unha sinxela resposta: a culpa é de Manolo Vilar.
Os veciños que actúan legalemente non poden pedir que se lles deixe actuar como os que o fixeron ilegalmente. O normal nun casco vello é non aumentar volume ás casas e, quizáis, sexa xa moi tarde para tentar facer pagar aos tramposos, sempre amparador polos gobernantes daquela.
Moito nos tememos que o PEPCHAB será unha oportunidade máis perdida de actuar estratéxicamente e dun xeito novidoso, darase carpetazo ao Plan Especial e aquí paz e despois gloria.
Comentario por baionaconsciente — 30 agosto 2008 @ 18:21
Estiven na presentación do PEPCHAB no Auditorio e, en primeiro lugar creo que é positivo o feito da presentación en sí mesma. Con respecto a proposta do equipo redactor de recomendar a vía da expropiación no que atinxe a determinadas edificacións mariñeiras características -terreñas-, contrastou dun xeito frontal co propio anuncio feito polos oradores coa negociación, fallida, aberta coas monxas do convento para a utilización pública de parte das hortas intramuros do convento.
Chamoume tamén a atención o feito de que o goberno municipal vai poder administrar ao seu xeito a xestión das irregularidades existentes e que o PEPCHAB recolle dun xeito claro. Dubido moito de interés que o actual goberno pode ter en devolver á legalidade tantas actuacións que, casualmente, coinciden coas propiedades de moitos dos seus mais conspicuos militantes/simpatizantes.
E xa remato: non acabo de entender a reiteración que BC ven mostrando en condear por sistema a Manolo Vilar e exculpar ao PP e a Almuiña singularmente de calqueira responsabilidade nos catro anos que prácticamente leva gobernando. Ou, e que esta Baiona é mellor e está mellor que a de Vilar?. Saude.
Comentario por carlos — 3 setembro 2008 @ 8:39
en parte tes razón, Carlos, cando sinalas que semella que non culpamos ao PP e nos centramos en Manolo Vilar.
O PP é culpable de que fora o seu candidato durante anos e de mirar para outro lado cando facía as tropelías que fixo.
Tamén é culpable de que sexa o seu socio de goberno, ainda que aquí as culpas están repartidas cos que o levaron ao Parador para pactar contra natura e tendo coma único obxectivo acadar o poder.
Si o PP non fai nada para pararlle os pés a Manolo Vilar é porque sabe que si o fai, cambia de bando e ten moción de censura deseguido. Él sigue no poder pero con diferentes amos. Xa que logo, non eliminamos o problema, ¿non si?
Comentario por baionaconsciente — 3 setembro 2008 @ 11:55
pero iso xa se save pero non so con isto se non tamen con moitas mais cousas pra min o responsable e quen manda no concello e todos nos tamen somos culpable por permitirlle todo isto e o que creo eu un saudo estan a facer con todo o que queren por nos todos calar
Comentario por maria — 4 setembro 2008 @ 8:01
Contestanto a BC: pero é que o problema aínda hoxe chámase Manolo Vilar?, non é demasiado sencillo?; non será que o problema de Baiona é que se administra malamente o día a día e ninguén acaba de definir un modelo a conquerir?. En esa perspectiva Manolo Vilar non parece ter tanta importancia e sí a teñen, por certo, os dous grandes partidos -de xeito especial- e a sociedade baionesa no seu conxunto.
O panorama o meu xuicio é preocupante porque nin os partidos, nin as asociacions de calqueira tipo, nin os comerciantes e pequenos empresarios da Vila -por certo, paulatinamente empobrecidos e moitos en traspaso- parecen/parecemos capaces de diagnosticar a nosa parálise como pobo.
Temos unha tempada turística de andar por casa; un Pepchab e un PXOM moi pouco ambiciosos, o primeiro porque non se plantexa recuperar o que ata fai dez ou quince anos aínda era o casco vello tradicional e o segundo porque careceu de directrices políticas para deseñar o que Baiona ten que ser dentro de 15 anos de acordo coas súas posibilidades e carencias actuais.
Non acabamos de creer de verdade nas nosas posibilidades e seguemos a facer propaganda moi barata da nosa suposta excelencia turística, das maravillas do casco vello -sen veciños-, da importancia da Arribada -ruinmente expresada no chourizo frito e o botellón- e na tradición mariñeira, a cal tampouco sabemos sacarlle proveito actualizado.
Por rematar: de todo esto a culpa de Manolo Vilar é que ben pouco fixo perante os seus longos anos de goberno, pero a decadencia de Baiona continúa e as responsabilidades deben ser repartidas equitativamente.
Comentario por carlos — 5 setembro 2008 @ 12:34
Eu xa quedei na primeira ollada un pouco mosqueado coa foto que ilustra esta conversa sobor do PEPchab, pero despois de ver as páxinas de Viaxar no País do Sábado adicado ás Illas Baleares, penso que os duendes da rede deberon facer algunha das súas. Con perdón. Saúdos.
Comentario por carlos — 7 setembro 2008 @ 19:03
Non son os duendes, Carlos, o que se ve na imaxe é unha taula i ése é o nome do equipo redactor do PEPCHAB. ¿Enrevesado?, tal vez, pero tivo a reacción agardada.
Comentario por baionaconsciente — 9 setembro 2008 @ 19:37