¡¡¡Baiona é vila mariñeira!!!
Pois si, e non será pola réplica que vaia sufragar o noso concello da Virxe do Carme. A Cofradía de Pescadores, noutrora criticada polo amiguismo coas teses oficiais do Concello no tema do conflicto con Portos de Galicia, hoxe debe recibir os parabéns e loas unánimes de todas as forzas vivas baionesas. Somo pioneiros na comercialización do percebe enlatado e nos aventuramos na iniciativa do paté de percebe.
Algún comentario no noso blogue tiña falado de impulsar a etiqueta "robaliza de Baiona" como iniciativas para destacar eidos do tecido económico baionés máis aló do turismo. Eis un evidente caso do que comezaba a xestarse como debate entorno ás riquezas non valorados do noso concello.
Algúns pensan que os mariñeiros de Baiona son catro vellos que van a coller faneca e vendela polas rúas ou nos catro postos que quedan na Praza de Abastos. Pois non, que esperten aqueles que, coma burros tirando do carro, somentes ven para o fronte e se perden a perspectiva do paisaxe. Agora poderiamos falar definitvamente de que un PXOM que non contempla un polígono industrial en condicións está coartando a creación de postos de traballo directamente relacionados co mar. As mariscadoras baionesas saltan ás pedras das nosas costas a polo percebe, para logo marchar a outros concellos para que sexan tratados i envasados para a súa comercialización. ¿De cántos postos de traballo estamos a falar?
De seguro que dentro de dez ou quince anos os que rexeitaban un polígono industrial porque "Baiona é turística" nos virán co brillante idea de Baiona precisa solo industrial. O mesmo sucedeu no caso da autoestrada, que cando se construía uns demandaban enlaces co Val Miñor namentres outros falaban, enchéndose a boca con tan magna verba, de "progreso". Hoxe aqueles ignorantes sen perspectiva andan a azuzar á Xunta para que desfagan os erros que eles cometeron.
P.D.: Eis temos tamén unha nova iniciativa en Baiona apoiada pola Xunta. Anotémola no listado da anotación de onte.
chúzame - 

Non quero ser pesado, así que, remítome o dito polo BNG durante a Campaña electoral das Municipais, foi un dos nosos eixos principais.
Tamén se ten comentado que temos que ser resposabeis co novo proxecto de Plan Xeral, do importante que sería sacalo adiante. Pois dende o BNG témolo moi claro, unha condición indispensabel é precisamente o Polígono Industrial. Baiona non pode pasar por alto esta oportunidade, ou se fai agora ou será tarde e nos lamentaremos todos.
Parabéns polo acerto da anotación de hoxe.
Comentario por Roberto — 9 setembro 2008 @ 21:29
A magoa disto e que os que teñen que levar a materia prima a procesar a outros Concellos sigan votando polos que non queren no noso Concello mais que campos de Golf, por certo e significativo que o nome do producto se chame PePeretes, manda carallo.
Comentario por xocas — 9 setembro 2008 @ 23:57
Alguén xa falou, fai algo máis dun ano, diante de quen agora aparece na foto, de buscar valor engadido para os nosos productos do mar. “Percebe de Baiona” foi unha das explícitas alternativas ofertadas.
A nova, publicada na Voz e agora recollida no BC, ten boa pinta aínda que haberá de esperar confirmación productiva e comercial. Coincide no tempo co preocupante caso da vieira tóxica da ría de Ferrol e a derivación cara algunha cociñeira de postín, e aínda lembro que no mes de agosto xente da Cofradía e mesmo percebeiros responsables queixábanse do furtivismo que soportaban nas pedras de Silleiro e Mougás.
Todo o que rodea ó noso sector pesqueiro e marisqueiro está, por desgracia, baixo sospeita dende fai moito tempo. As cofradías son un instrumento de poder na maior parte dos casos en mans dos sectores máis reaccionarios do país. O PP campa como quere nese ambiente individualista e pouco productivo, acostumbrado á subvención e a facer a vista gorda coas ventas por fora de lonxa e outras prácticas que teñen abocado ó sector á mera subsistencia.
O anuncio do “Percebe de Baiona” é unha boa nova que merece todo o apoio das administracións e os hosteleiros, empezando polos nosos. Fai dous ou tres anos xa se presentou tamén a conserva, da cal pese o que decía a reportaxe da Voz, non escoitei falar dela por Galicia adiante, tampouco en Baiona.
On todo hai algo en todo esto que non me acaba de encaixar. Será por ese subtítulo que leva impresa a latiña de percebes no seu canto: “Os Peperetes”.
Comentario por carlos — 10 setembro 2008 @ 0:16
[...] productivos ou mesmo un proxecto piloto rachador cos tópicos baioneses. Hai xa tempo falabamos dos percebes enlatados de Baiona como unha innovación pero que en realidade non se trata de percebes enlatados “en” Baiona. ¿Quén [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Fondo Estatal de Investimento Local — 8 xaneiro 2009 @ 20:13