Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Masiva invasión en Baiona

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, xullo 30, 2007

Masiva invasión en Baiona

Como todos os anos, Baiona explota o Verán como un filón turístico como poucos concellos galegos o poden facer. Os hosteleiros saben que non cuadran as contas neste período, difícilmente o negocio pode tirar para adiante.

A actual situación económica non permite moitos alardes, os turistas veñen menos porque teñen que pagar máis hipoteca, e os que veñen gastan menos.

Que a época de veraneo se acorte, incluso debido ao mal tempo ata o de agora, non é eximente para que todo valga e se permitan desmanes desproporcionados.

Esta introducción ven dada ante a situación que se produce no sector da hostelería ao respecto das terrazas dos bares e restaurantes. O caso máis sangrante é a Praza Pedro de Castro.

Primeiro empezou o restaurante El Tunel, tradicional ocupante de espacio público con mesas no horario de atención ao público e con lixo fóra del, curiosamente o mesmo espazo en ambos casos.

Logo se apuntou o Pazo Mendoza, incluso cando o seu propietario era Alcalde, o que provocou a "molestia" dos seus socios de goberno.

Cando a metade da Praza xa estaba "copada" se uniu á festa o Restaurante Plaza. Desta vez non importaba que o Restaurante non estivera "exactamente" na Praza, chegaba con que estivera "preto".

Tres cuartas partes dunha Praza semellaba un desaproveitamento inútil, polo que se uniu o Restaurante Moscón, xa non só con mesas para os clientes, senón tamén cunha mesa de servizo cós cubertos á espera dos clientes. Tampouco importou que o local estivese a uns quince metros da Praza, os camareiros ben poderían levar os pratos a través da xente que paseaba pola rúa. Entonces xa estaba o obxectivo cumplido: unha Praza enteiramente ocupada por mesas.

Lonxe quedan aqueles dían no que na Praza se podía facer algún tipo de acto, como unha actuación musical. Agora incluso resulta dificultoso contemplar o monolito en conmemoración da Arribada da Pinta. Quizais a algunha mente lúcida se lle ocurra retira-la e así poder aproveitar mellor o espazo.

Ata aquí a situación é lamentable, pero aínda non é unha burla directa á cidadanía. A burla se produce cando se invade a beirarrúa á altura da Praza, como ven facendo o Pazo Mendoza nestes días. Podemos entender que o señor Carlos de la Peña estea decepcionado coa xente de Baiona, pero de ahí a cachondearse na nosa cara, iso xa non pode ser.

Non queremos tampouco ser condescendientes con outros locais, situacións similares se producen en toda a rúa de Elduayen, ou mesmo coa terraza da Cafetería Monterrey e o Restaurante Pedro Madruga, claro que vindo de quen viu, igual se creen que Baiona ainda segue a ser deles. A norma debería ser ocupar somentes a fachada do local e nunha fila.

Toda a culpa non é da hostelería, o traballo de inspección e control é do Concello, unha excesiva permisividade é responsabilidade exclusiva do Concello e da súa área de Turismo, que debe velar por un equilibrio perfecto entre oportunidade de negocio da hostelería e respeto aos espazos públicos.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:46  

2 Comentarios »

  1. [...] Neste caso particular, a nova que aquí queremos comentar do Faro de Vigo semella contar cunha aparente reciprocidade. Na anotación do 30/07/2007 xa tratabamos o asunto. Non pretendemos ser pretenciosos e supomos que a coincidencia se debe a que a invasión é tan flagrante que nin a prensa escrita pode obviar a cuestión en sí e a incomodidade manifiesta que produce á xente que está a pasear polas zonas afectadas. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Eco ou unanimidade — 13 agosto 2007 @ 12:55

  2. [...] E seguimos a voltas coas terrazas. Nos reconfortamos enormemente lendo que un problema plantexado nesta bitácora acade tanta repercusión, alá por finais de Xullo. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Bla, bla, bla… — 21 agosto 2007 @ 10:13

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress