Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Comeza o curso escolar

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, setembro 10, 2008

Comeza o curso escolar

Nalgures vimos que se calificaba o novo curso escolar como "BNG: 1 - PSOE: 0", polo éxito das galescolas e os problemas que está ter a Consellería de Educación con cursos de 3 a 6 anos. Concretamente, no Val Miñor as Galescolas inauguran con éxito tres garderías, unha en cada concello e namentres a ruptura do convenio entre a Gardería "San José" e a Consellería de Educación alzou ao pais en contra da Xunta.

O BNG baionés saca peito e culpa das prazas vacantes na galescola baionesa á falta de información por parte do Concello. Ata se atreve a solicitar que se faga un envío de correspondencia aos pais con fillos de cero a tres anos. Supomos que foi unha demanda froito da improvisación, porque unha xogada similar se fixo coa exposición do PEPCHAB e na rúa non se escoitan máis que críticas ao despilfarro público nun xesto que, tentando a transparencia no proceso, é inútil de solemnidade.

O BNG ben podería facer autocrítica e pensar cómo pode ser que unha gardería xestionada pola Xunta cobra 110 € mensuais á maioría da xente cando na gardería "San José" están a maioría dos nenos baioneses e os prezos son similares e se continúa ata os seis anos. Establecer reduccións para familiar numerosas está moi ben e tamén o está para as rendas máis baixas. Pero é que se considera renda baixa unha cifra de ingresos que máis ben se sitúa no umbral da pobreza. A exención somentes é posible para rendas por debaixo de 258,45 € e o servizo de comedor por baixo de 155,07€.

Estas cuestións son as que deberían analizar Vicepresidencia e o BNG baionés á hora de valorar porqué non se cubren todas as prazas da Galescola. Tampouco podes descartar que o elevado prezo das vivendas fixeron que as parellas xóvenes con fillos tiveran que marchar de Baiona. Nos están exterminando paseniñamente e semella que nadie pón remedio ao asunto.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:37  

3 Comentarios »

  1. Exemplo de prezos dunha gardería privada de vigo.

    Precios del 2007

    El precio de la matrícula es de 75 euros. Una vez pagada no se devolverá el dinero aunque se anule.

    Horario sin comedor (de 07:30h a 12:00h) 140 euros
    Horario con comedor (de 07:30h a 13:15h) 210 euros
    Horario con comedor y siesta (de 07:30h a 15:45h) 240 euros
    Horario con comedor, siesta y merienda (De 07:30h a 18:30h) 280 euros
    Horario de tarde: comedor, siesta y merienda (De 12:00h a 18:30h) 240 euros
    Horario de tarde: sólo merienda (De 15:30h a 18:30h) 140 euros

    Si algún niño permaneciera en la guardería mas horas de las contratadas, se les cobrará 6 euros la hora y si se quedan en el comedor sin que este servicio esté contratado se les cobrará 5 euros por comida.

    Como se pode observar as Galescolas son bastante máis económicas, de todos xeitos coido que os datos que acabas de dar son errados, recomendo a quen lle interese que visite esta páxina para calcular o seu IPREM: calculadora IPREM

    No meu caso no que tanto eu como a miña parella traballamos os dous e con uns soldos que superan o salário mínimo, obteremos unha reducción do 30%, é decir costaranos a Gardería 77 €/mes. Cada caso é un mundo e o procedemento de baremación do Consorcio paréceme moi ben elaborado e xusto.

    Comentario por Roberto — 10 setembro 2008 @ 11:02

  2. Os datos os sacamos do enlace do blogue do BNG de Baiona, en ningún caso aparece unha táboa de tarifas segundo o IPREM, senón por renda per cápita, algo que xa nos sorprendeu notablemente: tarifas 2008

    Con todo, o normal non é comparar con gardería de Vigo, senón coa oferta que agora teñen os nenos baioneses.

    Comentario por baionaconsciente — 10 setembro 2008 @ 17:20

  3. a queria informarbos e facervos a pregunta os que teñen fillos o os que estan en paro para que vos informedes……..sabedes o que e i.p.i informadevos na orientadora do inem que informa a quen quer ela un saudo preguntade e veredes quen no nosepa amin pasoume

    Comentario por maria — 10 setembro 2008 @ 20:15

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress