¿Calma chicha ou a que vén antes da tempestade?
A verdade é que onte mesmo non chegamos a escribir a habitual anotación diaria por medo a escribir sen decir nada. Hoxe tampouco é que teñamos un tema de rabiosa actualidade, pero un comentario da rúa levounos a unha conclusión: ¿non ten que haber pleno a primeiros de mes?
Nin goberno nin oposición falaron do asunto, pode que porque veñen os xefes de Santiago e andan a pensar máis no autobús multicolor, nas visitas da que expropia ou do bombeiro con mangueiriña e zapatos de pel.
Agora sí, un tema tan importante como o tratado pola Voz de Galicia no día de onte de seguro que non preocupará demasiado aos políticos, mesmo temos que recoñecer que ao ler por roba a nova onte nos encollimos de ombreiros e pensamos: "este Alejandro, alá está coas súas reportaxes a pé de rúa sacados da neveira". Pero hoxe, relendo a nova, conseguimos ver o verdadeiro sentido do que alí se contaba. Pasamos da superficie para acadar o verdadeiramente importante. Alejandro non nos está a contar unha anécdota de catro vellos de Baiona, está a falarnos de cómo os intereses turístico-empresariais desplazaron a unha necesidade que é moito máis importante, que haxa lugares onde a nosa xente maior repouse un momento porque non són quen atravesar todo Elduayen dun tirón.
Xa o do banco ao lado do quiosco de Isabel e de Verísimas, porque así e como se lles chamou toda a vida aos dous puntos de encontro máis recoñecidos do Elduayen, é parte da historia de Baiona, igual que aquelas trebellos nos que lles metían os nenos un peso e sacaban unha bola de caramelo e chicle, lamentablemente extinguidos e agora recuperados nuns enxendros de prástico encadeados a algunha cafetería.
Mirade que ao final cando os políticos andan no seu os demáis podemos entreternos no verdadeiramente importante. Eles márcannos as pautas da actualidade, impedindo que os baioneses poidan reclamar aquelo que realmente lles importa. De seguro que si preguntamos a algún dos maiores baioneses que se sentan no bando do quiosco de Isabel nos dirán que poucos lles importa o PEPCHAB ou o PXOM, a maioría de seguro que nin saben qué son esas siglas tan confusas, o importante é o que a eles lles afecta, pero como nadie lles escoita...
chúzame - 

Paréceme moi oportuno o comentario BC recollido da Voz. Non só pola situación que efectivamente presentan o par de bancos que quedan na rúa Elduayen. Rotos, cos pes soltos sen amarrar ó pavemento,etc. Os vellos que os frecuentan, por certo sempre encantados de botar unha parrafada con quen queira pararse un momento con eles, tampouco piden moito máis, un lugar para descansar.
Os políticos claro que son culpábeis da situación de estos bancos e da escasez dos mesmos. Pero non debemos esquecer que as peticións feitas e as xestións iniciadas non fai demasiado tempo tendentes a lograr un local para os vellos de Baiona, deixou de estar nas axendas dos políticos.
Houbo xestións na Casa do Mar que o alcalde Almuíña e mesmo o grupo socialista non deberan ter abandonado. Hai opcións viables, falando coas administracions concernidas -Consellería de Sanidade, Tesourería da Seguridade Social e Cofradía de Pescadores- para habilitar o salón do baixo da Casa do Mar en Alférez Barreiro. A medio/longo prazo caben alternativas máis ambiciosas, que inclúan un centro de día no centro de Baiona.
Namentras, que cada un faga o seu traballo. Manolo Vilar arranxar os bancos e Almuíña a preocuparse pola xente maior de Baiona. Ben están as paparotas de Rocamar e os bailes de salón na de Kilito, pero o primeiro é o primeiro. Saudiña.
Comentario por carlos — 13 setembro 2008 @ 17:37
dandes tanto pra oturista o pra xente que ven de fora dadelle a os nosos veciños mayores uns bos bancos donde poidan falar e recordar oseus tempos que eles seguro que recordaran un aperta moi forte pra os nosos maiores que xa tiña que pensar mais nos veciños de baiona que non tanto dos turistas
Comentario por maria — 13 setembro 2008 @ 20:08
E digo eu: é que non son compatibles os maiores e os turistas?.
De onde ven ese odio ó turista?
Por qué nos encanta botar a culpa do que non somos capaces de arranxar entre nós aos turistas?.
Hai aquí algún complexo oculto?
Necesitamos un culpable mudo, pagano e que nos visita escasamente tres semanas ó ano, como chivo expiatorio dos males de Baiona?.
Eu vexo ó baionés cabreado cos turistas; cabreado cos baioneses; cabreado cos seus veciños de barrio; cabreado cos seus veciños de porta con porta; cabreado cos políticos, cos comerciantes, cos jodechinchos, con Manolo Vilar, con Montejano e con Ezequiel en secreto polo medo. Eu vexo o baionés cabreado con todos e por todo. Debo supoñer que tamén está cabreado consigo mesmo, pero non alcanzo a saber porqué. Saudiña.
Comentario por calos — 14 setembro 2008 @ 19:21
eu digo:xa que tanto falan no pepcha de expropiacion e demais,en resporta o que dicia un comemtario mais arriba do centro de dia ou local de ocio non so pos maiores que si que o merecen senon para todolos os baioneses e colectivos en xeral,en vez de preocuparse das expropiacions or veciños por que non se pelexan con sanidade ou quen compìta para expropiarlle ou que ceden ese maravila de inmoble o lado da casa do reloxo para todos esos menesteres,ou sera que non interesa que axa iso nesa calle ou moleste a alguen,sen mais un saudo
Comentario por buxo blanco — 15 setembro 2008 @ 8:45
eu non teño odio a os turistas por que tites razon carlos os turistas non teñen culpa teñen culpa os governantes de baiona que intentan darlle .divertimento . comodidade . e bueno e un largo etc que nos dan a os baioneses/a se nin sequera os servizos que temos non funcionan e orespeto que nos teñen nin eso temos eu digo as persoas mallores pero se vos mirades os restantes comentarios digo de todo o que creo xusto digo polos turistas non con odio senon por isto mesmo que fastidia por que nos pagamos imposto e ….que temos….e por certo tamen digo que estou encontra por suposto que os que lles costou tanto comprar e facer a sua casa que agora por unha lei lla saquen ou lla tiren un saudo
Comentario por maria — 15 setembro 2008 @ 17:46
Non penso que nengunha anotación de BC deixe tan siquera a posibilidade de pensar que temos odio aos turistas. En todo caso deberiamos rexeitar a xestión que facemos do turismo e a pouca autoestima que temos como pobo.
Reclamar atención para os baioneses non é odiar aos turistas, mais pensade ben qué opinión terían algúns se esa afluencia masiva fora de xente necesitada de traballo e en troques de ser de Ourense ou Madrid viñesen de Senegal ou Marrocos.
Comentario por baionaconsciente — 15 setembro 2008 @ 19:22
cando se ve que poñen unha pantalla para o que ven de fora teña orientacion de baiona .e os nosos maiores pra estar un pouco xuntos os mande ao barrio da anuciada …que poden todos mallores suvir asta ala arriva o non poden poñerlle mais abaixo un sitio o pra os nosos fillos e xovenes poñerlle un sitio pra estar …pois nooo..poñen semaforos 120,000 poñen pantallas fan xogos poñen mais policias que no inverno os nosos fillos que van a escola os lunes como ai mercado non no ai policia e piden suvencions pra a musica pero non quer decir que eu odie a nadie so que isto …j… con perdon que bou a decir que estou contenta pois non ..e un lago etc un saudo
Comentario por maria — 15 setembro 2008 @ 21:07