Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Xogando á pelota co urbanismo

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, setembro 16, 2008

Xogando á pelota co urbanismo

Non hai nada como ter distintas Administracións Públicas de distinta cor. Os políticos poden estar pasándose a pelota duns a outros namentres os cidadáns asisten estupefactos ao número circense, iso sí, sin que os seus problemas queden resoltos. Hoxe tócanos co tema do urbanismo e a vivenda. Para máis inri temos un Alcalde do PP, unha delegada provincial de Política Territorial baionesa e do PSOE e un delegado provincial de vivenda que vivía en Baiona, nacionalista.

O cóctel está servido para que o Faro de Vigo saque unha desas novas "á carta", das que se fan en campaña ou precampaña e nas que, por aquelo da inmediatez que precisan as novas periodísticas, nin entra no fondo da materia nin contrasta o que dice que dí un dos axentes implicados na mesma.

Xa que logo, obtemos unha sensacional reportaxe onde se culpa á Xunta de paralizar o PXOM baionés porque non da emitido o informe preceptivo para que se leve a Pleno a súa aprobación inicial e podan comezar a alegar os veciños disconformes. A precampaña invita á demagoxia e desde o Concello sublíñase que Baiona precisa de 2.000 vivendas protexidas e a paralización do PXOM impide acadar tan importante obxectivo. Mesmo presúmese de que se van rematar en breve vivendas protexidas en Sabarís, esquecendo que no mesmo lugar hai unha parcela da que nin tan siquera miramos máquinas traballar nela. Neste mesmo blogue non hai moito que saiu o tema a colación e seica hai moito máis do que nos queren contar. ¿Porqué tanta cautela nun problema definitivamente trascendental para a xente moza e non tan moza de Baiona? Si a corresponsal do Faro de Vigo se tivese documentado un pouco e non tivera plasmado simplemente o que lle dictaron no Concello (en casos nos que a oposición é quen denuncia ben que vai ao Concello a preguntar a versión oficial) igual se podería ter enterado de qué pasa coa parcela adxudicada a MARVIL, de porqué non se constrúe máis vivenda protexida en Baiona ou mesmo que o que hoxe demandan os populares o defendía o PSOE cando gobernaba e o leva o BNG de bandeira como xestión na Xunta.

Pero é que o que parece que desde o Concello se están a esquecer de que no seu día houbo un concurso público para a construcción de vivendas de protección oficial nos Tendais que quedou deserto. Pode ser verdade que a redacción das condicións dese concurso o fixesen inviable, estaría ben saber porqué, no momento nadie deu razóns. O caso foi que o concurso o redactou o PSOE do extinto De la Peña (algún coletazo dá en intervencións dos seus xefes, será para facerse ver e levar parte do pastel que se poida repartir) e que a resolución do mesmo caiu en mans do PP logo da moción de censura. Pero é que iso xa foi cáseque no inicio da anterior lexislatura. Catro anos despois a parcela segue a acumular xiabre e pedras e nin tan siquera ten a utilidade de aparcamento para o Verán, porque iría en contra dos intereses empresariais da concesionaria do aparcamento soterrado do Aral.

¿Cómo pode apremiar un Concello á Xunta para que impulse o PXOM coa excusa de que se precisan vivendas de protección oficial cando teñen estancada a única parcela que a día de hoxe posibilitaría a construcción de novas vivendas en pleno centro de Baiona? está claro, a parcela en cuestión é demasiado atractiva e preténdese empregar como moeda de cambio. Entonces, ¿aquela excusa do señor Almuiña de que os Tendais estaban saturados de vivendas era unha falacia? Rirse sería descortés, mais tragar ata aquí sería de inxenuos.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:24  

26 Comentarios »

  1. Concordo coa nota, se o Sr. Alcalde, realmente quere facer vivendas protexidas, mañá mesmo podemos ter financiación da Consellería de Vivenda para facelas na finca dos Tendais.

    Sr. Alcalde, tómeo con calma que a precampaña todavía non comezou ou é que non se enterou que as eleccións xa non son en Novembro?

    Preocúpese dos problemas que teñen todos os veciños e veciñas de Baiona, que por certo, son moitos.

    Comentario por Roberto — 16 setembro 2008 @ 21:20

  2. Parece que el alcalde comienza la defensa de su PXOM.

    Obviamente, el nivel de demagogia (y poca seriedad) de esta crítica mantiene el nivel de otras anteriores (p.e. noitebus). No obstante, me sorprende que hagáis un comentario sobre esta noticia y no sobre la siguiente que me parece mucho más sangrante:

    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008091300_3_258139__Comarcas-exige-canchas-deportivas-prometidas-gobierno-local-hace

    En primer lugar, la respuesta del alcalde en este tema no puede calificarse de otro modo que de hipócrita pues en el pasado pleno del mes de Julio el equipo de gobierno modificó el anterior Plan General, mientras que los vecinos de Baíña deberán esperar al nuevo plan.

    http://baionaconsciente.blogaliza.org/archives/389

    En segundo lugar, el nuevo Plan General no aportará ningún “marco legal” a los equipamientos deportivos que demandan los vecinos de la parroquia de Baíña porque el Plan General no contempla nuevos equipamientos deportivos en Baíña. En su momento el PSOE criticó el hecho de que el nuevo Plan General no está concebido para los vecinos, en particular, para los vecinos de las parroquias siendo los equipamientos un claro ejemplo de ello. Por tanto, deberá modificar el documento nuevamente para incluir los citados equipamientos y remitirlo a la Xunta de nuevo, ¿no?

    Por último, la verdadera razón por la que el alcalde ignora las demandas de los vecinos de Baíña es la ausencia de margen presupuestario para inversiones como ya denunció en su momento el Grupo Municipal Socialista.

    Un saludo,

    Comentario por Diego — 16 setembro 2008 @ 23:06

  3. Polo que respecta ó concurso público para promover vivendas de protección na parcela dos Tendais polo goberno local PSOE/BNG fai xa a frioleira de catro anos, quedou deserto porque así o decidiu Jesús Almuíña.

    Os informes dos técnicos municipais, da Xunta de Galicia ó traverso do Instituto Galego de Vivenda e Solo IGVS -daquela en mans do PP- e o colexio de arquitectos de Galicia, avaliaron as bases dos pliegos técnicos.

    Presentáronse catro empresas e apartires de ahí o silencio e a declaración de concurso deserto, ata hoxe. Coa boca grande dixeron que mellor facer alí un auditorio; coa pequena que cómo misturar familias acomodadas que vivcen na zona cos menesterosos que ocuparían as de protección.

    A vivenda de protección, en calqueira das súas modalides, nunca foi un obxectivo do PP de Baiona, nin do de Almuíña nin do de Vilar e así nos vai nesta materia.

    Con respecto as verbas que BC bota sobre De la Peña, persona a quen coñezo ben dende fai cincuenta anos, chámame a atención que a súa natural intervención nun acto socialista en Baiona se poda confundir/interpretar como un “facerse ver para levar parte do pastel que se poida repartir”. Coido que despois de case trinta anos de militancia no PSdeG-PSOE, nas máis variadas e case sempre adversas circunstancias, alonxan calqueira equívoco sobre as intervencions de De la Peña no seu partido ou de facer política coa vista posta en “levar parte do pastel”. Aos feitos debémo-nos remitir e creo que o respeto e a obxectividade deben primar sobre a descalificación gratuita e os prexuicios sobor das persoas. Saudiña.

    Comentario por carlos — 17 setembro 2008 @ 10:07

  4. Lamentablemente o traballo discreto e constante da cooperativa volta a verse salpicado en algo que nada lle afecta aos seus membros.

    Baiona SCGV constituise para solventar o grave problema de acceso á vivenda que vive Baiona, dezasete dos seus cooperativistas xa teñen vivenda e avanzan paseniñamente, cumprindo os prazos, cara a demostración de que o traballo colectivo é unha alternativa á política de que uns poucos fagan e os demáis esteamos á espectativa das súas decisións. Por certo, Carlos, que ésa era a alternativa do señor De la Peña, opositor das cooperativas como modelo de xestión.

    Nestes momentos na cooperativa, ademáis dos que se quedaron sin vivenda por non acadar a parcela do PERI III, temos un cento de demandantes de vivenda anotados en lista de espera. Non está nada mal, contando que o Rexistro Público de Demandantes da Xunta ten 190.

    Ademáis, a nova do Faro permítenos destacar un feito incuestionábel, 190 baioneses demandan vivenda protexida, namentres máis de 1.000 habitantes que non son de Baiona tamén o fan. É sinxelo calcular a probabilidade de que baioneses e baionesas accedan a unha VPA no caso dunha promoción pública ou un sorteo en promoción privada. As cooperativas son o garante de que as vivendas protexidas en Baiona sexan para os baioneses e baionesas que o precisen. Un dos requisitos para poder ser cooperativista de Baiona SCGV é estar censado en Baiona.

    Outros poden apostar por outro modelo de xestión, mais iso non é incompatíbel con que a xestión a través de cooperativas de vivendas sexa unha alternativa máis, impulsando a participación cidadá na consecución dunha vivenda digna a prezo asequíbel. Estamos abertos a colaborar con quen comparta o obxectivo de facer cumprir o artigo 47 da Constitución Española.

    Comentario por Marcote — 17 setembro 2008 @ 17:51

  5. Carlos, non pensarás que somos tan inxenuos como para tragarnos o teu último parágrafo. Non se trata de ataque persoal definir a actitude dun político. Non o é cando éste é do PP nin cando éste é do PSOE ou do BNG. Somentes se trata dunha opinión baseada nos feitos.

    O Señor De la Peña desembarcou no Val Miñor cunha fundación que desapareceu da faz da terra en canto acadou o obxectivo de ser candidato á Alcaldía de Baiona, vaticinio que algúns xa expresaran cando esa fundación comezou a operar.

    Pero o que máis define a actitude política do Señor De la Peña foi o seu epitafio: “a miña vocación non era estar na oposición”. No seu día fixemos un relatorio do seu paso pola política municipal baionesa titulado: “Vocacións egocéntricas

    Daquela non quixemos falar do seu pasado dentro do organigrama socialista, porque é algo que nunca trascendeu e que non seremos nós que chegue a probar, nin tan siquera de cómo da noite á mañá un pazo pasou de non estar a estar dentro da zona de calificación do Ribeiro, nin tan siquera do uso que fixo habitualmente da súa intensa amistade persoal con “Pepiño”, porque en realidade nada afectaba á vida dos baioneses, pero que define a un personaxe que, para o ben de Baiona, xa non ten presencia municipal. Menuda alternativa presentaba a esquerda baionesa.

    Comentario por baionaconsciente — 17 setembro 2008 @ 19:32

  6. Alégrome de que Marcote recoñeza que o modelo cooperativista é compatible con outros modelos de promoción de vivendas de protección. Precisamente éso é o que De la Peña -Carlos sábeo ben porque tamén estaba alí- transmitiu aos promotores ccoperativistas baioneses sinalando que él prefería nun primeiro momento abrir un rexistro público de demandantes de vivendas no concello e despois buscar o instrumento para levar adiante a promoción. Este procedemento daría transparencia ó proceso, serviría para desterrar a desconfianza que a adxudicación de Escubichas provocou e que aínda perdura e, tamén, evitar as dúbidas que o proceso de constitución da cooperativa provocou.

    Aínda máis, tamén dixo que nun primeiro momento e para atender unha acción de choque neste eido, él era partidario incluso de crear unha empresa municipal de promoción de vivenda protexida e deixar para máis adiante, cando a presión da demanda fora menor, a introducción de instrumentos como as cooperativas que tanto De la Peña coma eu consideramos, sen dúbida algunha, úteis para organiza-la demanda.

    Comentario por carlos — 17 setembro 2008 @ 19:36

  7. Descoñezo a importancia que BC da ó egocentrismo mesmo si está a falar do egocentrismo nun político. Éso e a vaidade, e certa soberbia, e certa facilidade para non decir sempre esxactamente a verdade nin o que un pensa de verdade, son características case que xenéticas nun político.

    Tratándose de De la Peña, un pequeno político local, ben se pode disculpar unha gota de egocentrismo. De tódo-los xeitos dende Platón a Ortega pasando por Montaigne ou Mirabeau, se sabe que o político ten unhas características específicas: unhas boas e outras menos boas. Por eso tantas veces decimos de alguén: ten madeira de político ou sirve para a política.

    Cabe ademáis algunha interpretación máis amable por parte de BC da frase de De la Peña ó respecto da sua incapacidade para ser oposición. Eu tendo a creer, coñecendo como coñezo ó antigo alcalde, que non é persoa para a discusión; que gusta de atender e compartir as razóns dos outros; de non mirar ó mundo en blanco ou negro; en non ser sectario nin dogmático; en por por riba de ideoloxías ou postulados do seu partido, as súas propias creencias e creo que todo elo son cualidades positivas para un político, sobre todo local.

    Por riba de todo ademáis, o contexto donde se produce ésa declaración é o de unha derrota electoral, pese a mellorar os resultados anteriores. En esa circunstancia, e dospois de duas intentonas de facer un goberno de cambio en Baiona, había que saber escoitar aos veciños e deixar paso a outros compañeiros con novas ideas e enerxías. Con eles sigue a colaborar para lograr por fin ése anhelado obxectivo, porque será bo para Baiona e os baioneses.

    Con respecto a algunha afirmación que fai BC sobre a delimitación xeográfica dunha Denominación de Orixen vinícola e supostos oportunos cambios na mesma, creo que o debe comprobar e salir fácilmente de dúbidas. Coido que sobreestima as capacidades de influencia de De la Peña -mesmo en terreos tradicionalmente do PP-. De verdade BC, o dito mais arriba soa moi mal, é pura maledicencia e debes confrontar as tuas informacións. Cho debes a ti mesmo, a tua credibilidade como profesional da información.

    Con respecto a vella amizade con Pepe Blanco, De la Peña a mantén nun plano estrictamente persoal e cando tivo oportunidade de utilizala en favor de Baiona ou do PSOE de Baiona así o fixo.

    Xa para rematar. A frase de BC “menuda alternativa -por De la Peña- presentaba a esquerda en Baiona” creo que transmite unha opinión persoal de dereitas e chea, por certo, de rencor. Rencor que BC debería explicar porque os votantes de esquerda en Baiona, e non só de esquerda, votamos ó PSOE como nunca na historia de Baiona, o cal non quita, evidentemente, que o futuro por escribir aínda deba ser mellor.

    Comentario por carlos — 17 setembro 2008 @ 20:27

  8. eu xa non podo decir o que digo sempre que dame a inpresion que o cidadan por moito que diga o se queixe nunca lledan arazon parece que moitas veces vivimos ainda no tempo de franco que amoitos gustarialle de que non se ubera acabado .fai falta pisos de proteccion oficial ..que os que governan en baiona que escoiten a o cidadan .. que os servicios funcionen .. .que respeten .. que alla transparencia que se dedeixen de pasear tanto ..que non alla tanto enchufismo .. que non alla tanto amigismo e sobre todo reitero unha vez mais ….que respeten que os cidadans somos os que pagamos os cartiños que cobran ..que ai alguna persoa que cree que llos da papa noel un saudo

    Comentario por maria — 17 setembro 2008 @ 21:26

  9. uiuiiuiii..Baiona Consciente..como se te ve o plumeiro, dende logo..veño observando Q a persoa de Carlos de la Peña para ti é como para un touro un trapo vermello!!
    creo Q esta vez fóisete a man entrando no ataQue persoal sen vir a conto..

    Un saúdo!!

    Comentario por Sara — 17 setembro 2008 @ 22:24

  10. Carlos xa vexo que coñeces moi ven a C. de la Peña como me imaxino que o ves a miudo dalle unha perta da miña parte e pidelle que lle dea recordos a consul de portugal.

    Comentario por xocas — 17 setembro 2008 @ 22:55

  11. Logo de ler os comentarios de “Carlos” xa entendo porqué defende tanto a “Carlos” De la Peña, soamente puntualizar que pretender crear unha empresa pública (chamadas polos sindicatos “Chiringitos”, pero iso xa é un problema deles) municipal para a construcción de VPA está moi ben en concellos como Móstoles, cunha poboación na súa área de influencia de catro millóns de habitantes. Non se pode pretender importar un exitoso modelo de xestión, no que por certo as cooperativas de vivendas xogan un papel preponderante, a un concello de 10.000 habitantes.

    É o que pasa cando se deixan as decisións en mans de xente sen coñecementos e que non se deixan asesorar. Tan disparatada é a idea dunha empresa pública municipal (por certo, que Xestur é iso a nível autonómico) como pretender facer un PXOM de baixo máis dous da autoestrada para abaixo.

    Comentario por Marcote — 18 setembro 2008 @ 8:55

  12. Baixan turbias as augas da política municipal pola marxe esquerda do río.

    En primeiro lugar debemos aclarar que BC non se pretende ser un profesional da información, senón a voz dos baioneses que cobran consciencia de que algo está a funcionar mal na política municipal e que queren mudalo.

    Tamén cansa un pouco o empeño de colorear o plumeiro de BC, para Sara non é do mesmo cor que para Xosé Enrique e de seguro que si Manolo Vilar e Sito Almuiña nos len pensarán noutra cor totalmente diferente.

    Así mesmo, recibimos halagos tanto duns como doutros. É unha simple cuestión de para onde sople o vento.

    Finalmente, concluir que a apreciación de Carlos sobre a posible orientación dereitista dos nosos comentarios cremos que obedece á impotencia. Comportamentos de dereitas é empregar unha empresa pública para enchufar a xente de Baiona e así acadar votos, ou pasearse polo Casco Vello convidando a chiquitas e non voltar a baixar xunto á cidadanía unha vez acabadas as eleccións.

    Apreciamos unha evidente contradiccións nos argumentos en defensa do epitafio do Señor De la Peña, ou sexa que acadou as maiores cotas da esquerda en Baiona e por iso dimitiu. Iso sempre que consideremos que todos os representantes que obtivo o PSOE no 2007 poideran ter a consideración de “xente de esquerdas”.

    Con todo, seguiremos alabando os avances da verdadeira esquerda que agora está representada no Concello de Baiona polos seis concelleiros socialistas, os dous nacionalistas e as súas respectivas executivas locais. Isto sin menoscabo de criticar aquelo que consideremos inoportuno ou inadecuado.

    Quizáis o que se precise para ser un bo político sexa a capacidade de autocrítica.

    Comentario por baionaconsciente — 18 setembro 2008 @ 12:06

  13. A ninguen nos gusta cando nos critican, máis coido que delas debemos de sacar sempre a parte positiva e aprender.

    O Sr. De la Peña, está claro que fixo cousas moi ben e noutras non tan ben, como todo aquel que pretende facer algo.

    É imposibel acertar sempre, o que temos que poñer na balanza é o que se fixo ben e o que se fixo mal, seguramente se incline cara algún lado.

    Cada un que o valore.

    De todos xeitos, coido que todos votamos de menos aqueles 18 meses.

    Comentario por Roberto — 18 setembro 2008 @ 13:19

  14. Con respecto ás palabras de Marcote con respecto ás empresas municipais, neste caso promotoras de vivendas, descoñezo o caso de Móstoles e outras localidades españolas, pero algo sí sei das experiencias en algunhas vilas galegas. por exemplo en Caldas (pontevedra9 existe unha dende fai tempo e con moi notables éxitos. Con poboación, por certo, similar á de Baiona. No entorno coruñés existen tamén e non quero deixar de lado o caso de Allariz por que a min o que máis me gusta, donde as empresas municipais teñen un protagonismo na vida social e económica da Vila que para nos quixéramos os baioneses.
    Con todo esto tampouco pecho outras posibilidades, incluída como digo, a das cooperativas. Polo tanto non vexo prolongar esta discusión porque sólo pretendía clarificar unha opinión verquida inicialmente por Marcote.

    Polo que respecta á derradeira opinión de BC constatar varias cousas:
    1ª- Que sigue sin aclarar/demostrar o que dixo ó respecto dos lindeiros dunha Denominación de Orixen ( mira que o blog pódenos levar lonxe).
    2º- Que De la Peña si pode facer un favor, fáino e sen mirar o carnet ou o posible voto. Si BC coñece tantos enchufados de De la Peña, soio ten que preguntar a calqueira deles si nalgún momento o favor ou a xestión por atopar un posto de traballo fora feito a cambio dalgunha contraprestación de calqueira tipo, apoio político, non digamos xa o voto, e o pode preguntar a quenes lograron un traballo nesa empresa pública da que fala, ou antes tamén nas melloras que os traballadores conqueriron no concello cando de la Peña foi alcalde ou antes e agora incluso nas colocacións en empresas privadas. Presente BC un soio caso do que acusa a De la Peña e eu mesmo tendría que darlle a razón.
    3º- Vexo unha curiosa contradicción que só pode deberse a “odio africano” de BC sobor De la Peña cando o critica despiadadamente por dereitista, egocéntrico, corrupto, etc e felicita despois os seis concelleiros do PSOE polo seu avande esquerdista e que foron, como todo o mundo sabe, propostos na lista polo propio candidato a alcaldía, o mesmo De la Peña.
    Coido que BC ademáis de enfangarse na maledicencia adoptou tamén o papel de expendedor de carnets de pureza ideolóxica. A qué dictador recórdame ese comportamento?. Stalin, Hitler, Franco, Pinochet,… escolla. Saudiña.

    Comentario por carlos — 18 setembro 2008 @ 13:42

  15. Moi ben señor Carlos, da falta de argumentos ao puro insulto e descalificación. Pase de puntualizar as súas contradiccións e manipule para confundir a quen o lea.

    Coa soa ausencia de Carlos de la Peña do grupo socialista o cambio xa é radicalmente á esquerda, pero é que a renuncia a unha acta de concelleiro que nin tan siquera chegou a asumir Óscar Rodal tamén o é. O verdadeiro talante progresista no PSOE realmente o estamos a ver na nova executiva. Unha executiva na que está Diego Carou, co que entablamos interesantes debates, sin ter que chegar nunca ás descalificacións e a maioría das veces incluso concordando na esencia.

    Tamén o portavoz municipal mellorou notablemente o talante e a sintonía coa xente que se identifica cos valores democráticos e progresistas.

    Gustounos moito o parágrafo onde fala dos favores gratuitos do señor De la Peña, moi propios doutros notables políticos como Xosé Luis Baltar ou Cacharro Pardo.

    Lonxe de querer polemizar sobre unha figura que non é máis que pasado na política baionesa, o que realmente nos gustaría saber a moita xente é cales son as solucións que nos ofrecen os nosos políticos ao problema de vivenda que sufre Baiona.

    Como remate, BC non ten odio por nada nin por nadie, nunca sube o ton do discurso nin tacha de dictadores nin dereitistas aos que pensan diferente, como tampouco empregará nunca unha frase feita con tanto contido xenófobo como “odio africano“.

    Comentario por baionaconsciente — 18 setembro 2008 @ 15:22

  16. Roberto, o teu comentario pareceunos moi adecuado e podemos concluir que o balance daqueles 18 meses foron todo o positivos que permitiron a brevedade daquel xiro político. Se quitasemos os tremendos erros como o empeño en inzar Baiona de bandas rugosas, de pretender colocar cámaras no Casco Vello para controlar á xente ou enchelo de policías e gardas civís como si os baioneses fosen delincuentes, a verdade é que Baiona tería gañado moito.

    Lástima que nunca poidamos saber qué tería pasado logo de catro anos de goberno progresista.

    Comentario por baionaconsciente — 18 setembro 2008 @ 15:28

  17. Coido que é de interés que BC considere a Diego Carou e Rafael Lores como socialistas que fan un traballo de esquerdas. Eu tamén penso deles que son dous estupendos compañeiros e persoas preocupadas por todo-los baioneses, non só os de esquerdas. Con eles me unen moitas cousas, pero xa que falamos de política simplemente direi que compartimos moitas reflexions sobor do socialismo deste tempo e o traballo que temos por diante en Baiona. De Diego porque é un home que tende a analizar as cousas con rigor, habilidade pouco común, e de Rafa Lores porque ademais de amigo tenta aguantar con coherencia e responsabilidade o papel de portavoz municipal.

    Sinto discrepar de novo con BC sobre a súa opinión de que De la Peña “non e mais que pasado na política baionesa”. polo que eu sei, no´derradeiro congreso do PSdeG-PSOE de Galicia celebrado no mes de Xullo en Santiago, foi elexido para o Comité Nacional votado por tódo-los asistentes. Sei tamén que a súa opinión é requerida pola executiva local do partido así como pola estructura provincial do mesmo, e él colabora gustosamente como corresponde a un vello militante consciente de que agora tócalle traballar nun segundo plano. Para él Baiona segue a ser unha enorme preocupación e os tempos recentes non permiten afrimar que as cousas vaian a mellor.

    Para rematar: coido que BC debe xustificar as súas graves insinuacións sobre De la Peña. Tanto o dito sobor dos lindeiros dunha Denominación de Orixen -!manda carallo!- como sobre as supostas contraprestacions pedidas a aquelas persoas as que De la Peña pudo axudar a obter un traballo. Conteste a esto porque foi vostede quen presentou ese tipo de argumentos no foro de debate para tentar de desprestixiar a De la Peña.
    Está en xogo a súa credibilidade e a súa capacidade para investirse en facedor de consciencia política en Baiona.

    Comentario por carlos — 18 setembro 2008 @ 16:38

  18. Parece que o señor baionaconsciente non paseou moito iste verán polas rúas baionesas, de ser así habería visto ó señor Carlos de la Peña, a quen coñezo ben, tomando “chiquitas” coma sempre, antes, durante e despois do seu paso pola política local. Saúdos.

    Comentario por Paloma — 18 setembro 2008 @ 17:02

  19. Carlos, vámonos centrarnas concordancias e alegrámonos que consideres que tanto Diego como Rafa Lores son xente válida, agardamos que penses o mesmo de Arturo Pereira, que ao fin e ao cabo é o capitán á fronte da nave.

    O lamentable é que había aquí un debate sobre a política sobre vivenda en Baiona e a actitude de precampaña do señor Alcalde e o personalismo dalguén desviou o tema.

    Como derradeiro comentario sobre este asunto, BC non ten que acreditar credibilidade ante nadie, quen queira que crea o que queira, este blogue está para xerar debate e quen non queira ler opinións contrarias á súa ideoloxía é ceibe de non ler o que se publica en BC.

    Respecto ás supostas acusacións, que simplemente foron traicioneiras insinuacións para desvelar o verdadeiro orixe dos comentarios aquí verquidos:

    - A polémica sobre a delimitación da Denominación de Orixe xa sucedeu hai varios anos e a súa demostración requeriría unha inversión propia de medios de comunicación e BC non o é. En todo caso, si Carlos considera inadecuada ou impropia a insinuación, procederemos a retirala

    - O enchufismo e a obtención de réditos electorais non é un feito demostrable, simplemente están ahi, chámase vender favores, somentes faltaría que se colocase á xente baixo reclamación de voto ¿ou é que somentes se pode falar de enchufismo cando o faga o PP ou Manolo Vilar?

    Comentario por baionaconsciente — 18 setembro 2008 @ 18:22

  20. Creo que é de xusticia recoñocer o traballo feito por o Sr. De la Peña, tanto como Alcade,voceiro na oposición e como Secretario Xeral dos Socicalistas de Baiona:

    - Cando Carlos De la Peña se fai cargo do Partido Socialista, como Secreatrio Xeral, a represntación municipal era de dos concelleiros. O traballo de Carlos, e o seu equipo, fai que se pase a cinco concelleiros, nas primeiras eleccións,a maior representación do Partido Socialista ata esas datas.

    - Xenera, na poboación baionesa, unha sensasción de optimismo que fai posible que se conforme un goberno progresista con credebilidade.

    - No seu goberno dase un forte impulso os sevicios socias: comedores escolares, gardería infantil (hoxe a Galescola), Vivendas protexidas nos Tendais, actividades nas parroquias, centro cultural de Belesar, preocupación pola seguridade de todos/as os/as baionesas/ses (bandas para evitar mortes por esceso de velocidade, policia que vixiara os espacios públicos, incremento das partidas na axuda no fogar para persoas dependentes, xestión de residencias para persoas descaspacitas…

    Foi a etapa onde se mellorou a atención os espacios naturais, Praias (primeira bandeira azul para a Ladeira), limpeza e mantemento do paeo de Monte Boi, aranxo de camiños e rios de todo o concello…

    A limpeza foi un dos aspectos recoñocidos por veciños e visitantes.

    A creación do Centro Comercial Aberto. Nunca se voltou a falar dél.

    A dinamización cultural de Baiona, impulsando a todos os grupos culturais da Vila e ofertando actuación de prestixio.

    A pontenciación da participación cidadan…

    Foron moitas as aportacións do goberno de Carlos De la Peña, que fixo posible a convivencia e proxeto común entre os dous partidos progresistas (PSOE e BNG). Unha esperiencia verdadeiramente gratificante.

    Como Voceiro na Oposición e unha vez que se acadou o goberno de Galiza, proura para Baiona as maiores inversións que nunca acadára o noso Concello: Depuradora, Centro de Recuperación de Mamíferos Marinos, fondeos para os nosos mariñeiros xubilados e veciños de Baiona, ampliación das instalacións da lonxa, intervencións rápidas e históricas na parroquia de Sabaris, ampliación da presa…

    Nas derradeiras eleccións locais acada un resultado histórico para o Socialismo Baionés seis concelleiros; pero non acada o obxetivo que faría realidade ese cambio que moitos esperabamos, presidir unha corporación progresista para Baiona. Esta situación fai que Carlos, a pesar de acadar o meior resultado, asumira unha derrota electoral, e como tal decide que debe retirarse da contiende municipal. Poucos políticos asumen a súa responsabilidade do xeito que fixo Carlos.

    Actualmente e unha persoa moi activa na agrupación de Baiona colaborando no Grupo Municipal e na Agrupación de xeito moi intenso.
    Na estructura Nacional e Provinccial e un militante de recoñocido prestixio, e así foi elexido como membro do Comité Nacional no derradeiro Congreso.
    Para rematar, agradecer a Carlos o apoio demostrado o Grupo Municipal, e a este Voceiro en particular, e a toda a familia Socialista de Baiona. Saúdos
    Rafa Lores

    Comentario por Rafa Lores — 18 setembro 2008 @ 18:25

  21. Para BC:
    Entendo que De la Peña considera totalmente falsas as insinuacions sobor da D.O. e polo tanto inadecuadas e impropias. De elo se entende oportuna a súa retirada.
    Con respecto a chamar “vender favores” a tentar axudar a veciños de calqueira ideoloxía que lle pidan axuda agora, antes e namentras estivo na primeira fila da política local, parece unha linguaxe infamante e inexacta. De la Peña, non vende favores porque non cobra por eles. Axudou, axuda e axudará na medida das súas humildes posibilidades a quen o necesite, coma sempre e sempre, por suposto, dentro da legalidade, con transparencia, publicidade e méritos contrastados para o posto de que se trate.

    O compañeiro Arturo Pereira, tivo un gran mérito: deu un paso ó frente no PSOE baionés nun momento moi complicado. De la Peña ten dito en público e en privado, dende a primeira cea no Rocamar do pasado Outono ata hoxe mesmo, que é leal ó secretario xeral e que o axuda en todo aquelo que necesite, como non podía ser de outro xeito, ata ahí poderíamos chegar.

    “Gracias Rafa, unha aperta e adiante que hai moito choio que facer”, di De la Peña que está aquí o meu carón.

    Comentario por carlos — 18 setembro 2008 @ 19:02

  22. eu coñezo a rafael loren fai moito tempo e si podo decir entre outras cousas que como persoa e moi humana e como politico tamen podo decir que ai cousas que se esta molestando 1º e moi importante en escoitar e 2º en imtentar axudar tamen o digo por xose enrique que intentan axudar …e repito escoitan espero que baiona os futuros governates se preocupe mais dos cidadan e respeten e que traballen sin prepotencias e escoitando a calquer ciudadano e que os veciños de baiona todos sean de 1º enon como agora que ai de 1º 2º e 3º un saudo e grazas a rafael loren por escoitar e a xose emrique e atodos aqueles que escoitan que e o que falta moito en baiona

    Comentario por maria — 18 setembro 2008 @ 21:09

  23. Rafa fixeches un percorrido de feitos supostos por de la peña que da a impresión que os concelleiros do BNG estiveron no goberno rascando o carallo.

    Comentario por xocas — 18 setembro 2008 @ 21:10

  24. Benquerido Xoca: Xa dixen que foi unha experiencia moi gratificante o poder compartir un proxecto común dos dous partidos progresistas de Baiona. O mérito de Carlos foi presidir un goberno con lealtade e respeto os dos grupos. O traballo, os feitos e a voluntade de cambiar Baiona foi de todos.

    Este traballo conxunto fixo posible que os 18 meses de goberno progresista estén a ser o referente de xestión e de cambio.

    Un saüdo. Tamen a Cnsul de Portugal.
    Rafa Lores

    Comentario por rafa lores — 18 setembro 2008 @ 23:22

  25. falando dos turistas me refiero por exemplo ..porque todos os nenos de baiona e cando digo todos son os nenos de baiña baredo e de todo baiona ..por que os noso nenos non poden ter no inverno xogos musica e os nosos xovenes so teñen que acercarse a musica no veran e…. un grande por que todo no veran , baiona e os que vivimos en ela cando se van os visitantes. que damos tranquilos …PERO NON MORTOS e tamen segimos pagando imposto …ono…. que en baiona siguen abeendo nenos …mallores …xovenes e ETC a traballar un saudo

    Comentario por maria — 19 setembro 2008 @ 17:04

  26. cando ai moitos nenos que non teñen un sitio digno pra xogar ven o deturismo e fala de veña mais xente a baiona ……que aimoitos nenos en baiona ….e que temos moitos xovenes en baiona ……e que en baiona temos necesidades ….. basta de pensar so en vos …e no voso ben estar ….. empezade a salir fora do concello e falar cos veciños para saver mais das suas necesidades …. e de respetar .. ser un pouco mas humanos …..xa esta ben un saudo ser tamen mais transparentes e menos ipocritas ……. un saudo

    Comentario por maria — 23 setembro 2008 @ 9:41

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress