Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Ánimo Pepe

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, setembro 23, 2008

Ánimo Pepe

Hoxe soubemos dunha nova que nos deixou consternados. A voz de Baiona sufriu un infarto, está hospitalizado e á espera de entrar en quirófano para seren operado. Vaia desde Baiona Consciente unha afectuosa aperta, Pepe. Agardamos que podas voltar en breve ás nosas rúas, sen tí Baiona quedaría muda.

José Costas sempre foi coñecido en Baiona, non só por pertencer á baionesa familia do Cabeco, propietarios da finca do Aral, senón por traballar como pincha-discos na discoteca Interprais, sempre vinculado ao vangardista movemento discotequeiro dos 80. Logo traballou como corresponsal no Atlántico Diario, realmente colocando a este diario minoritario como referente da información local baionesa.

Abandonou a corresponsalía no Atlántico para embarcarse nun apaixoante proxecto co grupo Voz. Iniciábase a primeira emisión dun noticieiro na radio adicado en exclusiva á actualidade do Val Miñor. Moitos sintonizabamos o programa para seguir o día a día da políticas baionesa. Nacera o primeiro medio enteiramente ceibe, onde se podía falar de todo sen problemas de censura. Podemos decir que si hoxe Radio Voz seguira coa política de apoiar as radios locais, Baiona Consciente quizáis non existira. Pero o caso foi que Radio Voz non puido asumir o elevado número de emisoras que tiña concedidas e decidiu facer caixa a costa da emerxente Onda Cero, cunha evidente tendencia política. A presunta liberdade mudou e foron varios os avisos cautelosos de moderación na crítica política.

O paso definitivo foi eliminar a Pepe Costas, asinando finiquito e colocando a unha substituta no mesmo posto. Pouco durou a emisión local, para pasar a ter que escoitar as novas de Vigo "e a súa área metropolitana". Pepe non deu o brazo a torcer e iso truncou a súa carreira na radio.

Hoxe sigue con proxectos de comunicación, como no grupo de comunicación Vïa, e como non, sigue pegándolle á súa verdadeira pasión: a música e pinchar en eventos.

Pero polo que sempre lembraremos a Pepe será pola súa voz nos altofalantes de Interprais, do Concello, de calqueira actividade que precisase megafonía, non digamos en eventos organizados polo Concello. A súa voz espertaba a Baiona en Agosto coa Carreira Pedreste ou narraba os avatares das regatas de gamelas. Unhas cucañas sen a voz de Pepe nunca serían unhas cucañas baionesas ao cento por cento.

Pepe, Baiona Consciente non existiría sen tí, un abrazo cariñoso, recupérate e cuidate, Baiona precísate.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:35  

4 Comentarios »

  1. pepe eu dexexote que todo sala ben e que sigas escoitando coma sempre a toda aquelas persoas que te paren pola calle pra reguntarche algo o para falar simplemente pepe que te poñas ben logo un saudo e que todo balla ben

    Comentario por maria — 23 setembro 2008 @ 21:30

  2. Olá Pepe, Esperamos que te poñas bem canto antes. besiños.neli.

    Comentario por NELI — 24 setembro 2008 @ 23:40

  3. Pepe, recupérate axiña, a rúa de Elduayen non é a mesma. Unha aperta.Rafa Lores

    Comentario por rafa lores — 25 setembro 2008 @ 16:56

  4. pepe hoxe operante beña que ti podes beña que todo vai a sair ben un saudo moi forte

    Comentario por maria — 26 setembro 2008 @ 8:53

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress