Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Sabarís tamén é Baiona

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, setembro 24, 2008

Sabarís tamén é Baiona

E para que os baioneses se dean conta de que no Concello son conscientes delo, pois publican un concurso de ideas, sen fondos iso sí, que non se perda a tradición de vender fume en precampaña. É curioso ver como as veces que un político dí as verbas "pór en valor" e "humanizar" se incrementa dunha forma inversamente proporcional aos días que quedan para a data duns comicios electorais.

¿Cál é a diferencia entre vender fume e presentar propostas realistas? Pois que no primeiro caso non hai partida orzamentaria asignada, como o Plano Galicia que se inventou o PP para tentar tapar o asunto do Prestige, vamos.

Semella que coa iniciativa da humanización de Sabarís estamos na mesma situación, pero ademáis lle engadimos un certo compoñente de encrucillada electoral. Achéganse as Autonómicas e desde o Concello seica queren situar á Xunta do bipartito nunha encrucillada. Se dín que non á financiación, caña desde o Concello, se dicen que si, un logro na xestión do Goberno Municipal. A estratexia é moi acertada, mais non son as maneira, precisamente.

O señor Almuiña ben saberá, desde a Consellería de Vivenda e Solo un posible acordo para a humanización de Sabarís conlevará a esixencia de pór a disposición a parcela dos tendais para facer vivenda protexida. ¿Cál sería a resposta entonces desde o Concello?

O BNG baionés xa emitiu unha nota de prensa sobre o tema e non lles falta razón nos seu argumentos.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:19  

2 Comentarios »

  1. Pois convocará moito concurso de ideas, pero o prego de condicións non o vexo eu por ningures, nin o anuncio no DOGA.

    Andan sempre as novas por diante dos actos.

    Comentario por Marcote — 27 setembro 2008 @ 20:20

  2. [...] aspectos que deberían xerar debate. Pensamos que igual non era oa idea falar do asunto, xa que na última ocasión se empregaron as nosas reflexións como armas arroxadizas no fangoso mundo da política municipal, [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Sabarís e a súa humanización — 1 decembro 2008 @ 18:28

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress