Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Fuga de talentos

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, setembro 29, 2008

Fuga de talentos

Esa característica falta de autoestima que caracteriza aos baioneses, que fai que sempre nos referenciemos con Vigo por mór de que o interlocutor extranxeiro non sepa onde queda a nosa vila mariñeira, sempre nons impediu recoñecer os enormes potenciais do noso concello e dos nosos veciños. Así, si un político local vende un proxecto, rímonos na súa cara e mirámolo con incredulidade, agora ben, se un señorito traxeado que vén de fora nos fai unha presentación e nos quere vender o mesmo proxecto, entonces asinamos sen dubidar de que o progreso chegou a Baiona.

Logo pasa que os talentos que temos ao noso redor levan premios no estranxeiro e nós apenas temos a delicadeza de saludarlles pola rúa, de darlle subvencións e aupalos no éxito xa nin falamos. Así, se tivesemos un campión olímpico ou similar, deseguido alguén sairía a pór a feder á súa familia ou a desmerecer o éxito do baionés con éxito. Trátase dun mal moi extendido e chámase envexa.

Toda esta reflexión vén orixinada polo artigo do Faro de Vigo que fala dos circenses Fiesta Escénica, que traballaban en Baiona para levar o seu espectáculo a todos os lugares. En Baiona xa os poidemos ver traballar co grupod e teatro, representando o espectáculo titulado Cinderella. ¿Cómo pode ser que estes artistas non estean desenvolvendo actividades permanentemente en Baiona? Debe ser que non quedaron cartos logo de pagar a Julio Mengod.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 17:29  

3 Comentarios »

  1. Martín e a súa xente eran/son un grupo moi interesante pola sua creatividade, xenerosidade e frescura. Dis, BC, que “traballaban” en Baiona. É que xa non están entre nos?. Sería lamentable. Unha aperta a todos eles.

    Comentario por carlos — 29 setembro 2008 @ 19:31

  2. Queremos decir que traballaban organizando actos como o de Cinderella, como ben dí o artigo do Faro de Vigo, non organizan nada en Baiona por falta de apoio institucional.

    Comentario por baionaconsciente — 29 setembro 2008 @ 20:41

  3. craro esta xente vive e come do seu traballo e no seu momento e o politico de turno ainda encima de regatearlle no precio dos seus espectaculos despois pagaba a 9 ou mais meses,home dieta mediterranea si pero…..ademais a xente de baiona e arredores estaba encantada con eles maiores nenos etc e non digamos dos seus espectaculos anemos divertidos pintorescos e coloristas(NON COMA ESES TEATROS QUE A NOSA CONCELLEIRA DE CULTURA NOS TRAE PRA O VRAN)xamais vistos por estes lares,sen duda alegrame por MARTIN E COMPAÑIA polo moito que levan traballado y ai estan os resultados en españa e europa,craro que eiqui debemos ser un caso aparte,bueno eu creo que canto mais zopenco sexa o persoal millor iralles a outros.BRAVO FIESTA ESCENICA POLO VOSO TRABALLO

    Comentario por buxo blanco — 30 setembro 2008 @ 8:37

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress