Enquisa sobre as Autonómicas
Seica as cousas non van mudar moito logo das Eleccións Autonómicas, segundo GZNación.
O PP segue á baixa, cun candidato que non da a talla e ao que lle pesa moito a longa sombra de Don Manuel. O PSOE aguanta o tirón da crise e mesmo reforza o seu liderazgo no bipartito, cada día achégase máis a gañar incluso as Eleccións. O BNG aumenta a súa representación e iguala os records históricos acadado con Beiras, cun PSOE forte non poden acadar o obxectivo da Presidencia.
Diante de todo isto hai que tomar en conta que hai un vinte por cento de indecisos que poden mudar considerablemente a balance e que a entrada da populista formación UPyD pode ter algunha incidencia no resultado final, ainda que a posibilidade de acadar representación fora dos tres partidos exemónicos é unha utopía absoluta.
¿Qué pasaría se a reforma da Lei Electoral incluise a posibilidade de que o voto en branco acadase representación? Moito voto resignado ou "anti" faría aumentar un voto que no sistema actual non fai máis que reforzar ao partido predominante, no noso caso o PP.
chúzame - 
