Sentidiño e mesura
Sentimos unha sensación extraña cando actuamos con prudencia e non nos lanzamos á carnaza con desmedida fame, pode ser porque aprendimos do peixe ceibe no mar que acabou sendo pescado no prato. No caso da acusación de prevaricación sucede algo similar. A prudencia vese como amiguismo e a demagoxia barata é a verdade absoluta que todos debemos seguir, baixo ameaza de seren sinalados co dedo.
Hoxe o sempre apreciado Rafa Lores equivocouse nos argumentos, por moito que no fondo entendemos o desprestixio que para a clase política pode ter ver a un Alcalde personarse nos xuzgados por unha acusación tan grave. Fumos contudentes ao criticar os aterramentos da Ribeira e Barbeira cando comprobamos a desfeita, criticamos a actuación do Concello no enfrontamento con Sondeseu (ollo á primeira frase daquela anotación), rexeitamos o trato ao Clube de baloncesto Baiona porque a Concelleira de Deportes organizaba unha pachanga de bandas de música. ¿Quere agora a dictadura do políticamente correcto que todos comulguen con rodas de muiño?
Resulta que, segundo o manifestado na Voz de Galicia, si o señor Rafael Lores fose Alcalde e recibise informes técnicos negativos sobre a concesión unha licencia municipal de obras, nin corto nin perezoso contradeciría eses informes e concedería licencia. ¿Cómo que o señor Almuiña se escuda tras os técnicos, que él contratou?
Para comezar, que varios técnicos municipais da área de urbanismo xa traballaban para o Concello antes de que fora o Señor Almuiña Alcalde, incluso cando foi Alcalde Emilio Iglesias e Carlos de la Peña. Ningún dos anteriormente mencionados sacoua concurso unhas prazas que a día de hoxe se cubren por comsión de servicios, se ben é certo que ningún deles tivo moito tempo precisamente.
E para rematar, si a decisión foi errada deberá haber consecuencias políticas mais pensamos que en ningún caso se poderá demostrar prevaricación cando os informes son favorables á decisión.
Outro caso sería que eses informes non foran totalmente favorables, entonces a cousa sería moito máis grave do que nos queren dar a entender. Rodarían moitas cabezas e a imaxe do PP baionés quedaría moi danada. Pero, sinceiramente, ¿alguén pode pensar que todo isto se resolverá cunha condea en firme?
O dito, os peixes que se lancen á carnaza caerán no chan da gamela da vergonza e o desprestixio, mais os peixes que agardan ao bocado real no só permanecerán con vida, tamén engordarán o músculo da seriedade.
chúzame - 

É posible que non acertase na miña explicación e non fun capaz de comunicar os meus argumentos con claridade.
Practicamente en todos os Plenos argumento que os políticos sobramos no Concello, son os técnicos os que deciden.Ese ea explicación do Alcalde. Nos orzamentos municipais o único que se garantiza é o gasto corrente, o funcionamento interno da Casa Grande, nos hai inversións, non hai un proxecto de futuro.
Si os técnicos e os asesores son os responsables das decisións da Xunta de Goberno podemos aforrar perto de 200.000 € nos salarios dos políticos responsables das distintas áreas:
- ALCALDE: JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA con unas retribuciones brutas anuales de 60.806,34 €, distribuidas en 14 pagas de 4.343,31 €/mes, siendo dobles las de los mes de junio y diciembre.
Aplicable con efectos del día siguiente a la adopción de este acuerdo.
- MANUEL VILAR MARQUEZ, como Concejal de Vías y Obras, Medio Ambiente, Alumbrado
Público y Relaciones con los Pueblos Hermanos, con unas retribuciones brutas anuales de 50.127,28 €, distribuidas en 14 pagas de 3.580,52 €/mes, siendo dobles las de los mes de junio y diciembre.Aplicable con efectos del día siguiente a la adopción de este acuerdo
.- DEDICACIONES PARCIALES, por realizar funciones de presidencia vicepresidencia u ostentar delegaciones, o desarrollar responsabilidades que así lo requieran, con una dedicación mínima de 20 horas semanales en horario de mañana o tarde. La ejercerán los siguientes concejales:
- ANGEL MANUEL RODAL ALMUIÑA, como segundo Teniente de Alcalde, y concejal de
Turismo, con unas retribuciones brutas anuales de 28.000 €, distribuidas en 14 pagas de 2.000 €/mes, siendo dobles las de los mes de junio y diciembre. Aplicable con efectos del día siguiente a la adopción de este acuerdo
- ANGELES SILVA GONZALEZ, como tercera Teniente de Alcalde y Concejal de Bienestar social, Igualdad y trabajo, con unas retribuciones brutas anuales de 25.200 €, distribuidas en 14 pagas de
1.800 €/mes, siendo dobles las de los mes de junio y diciembre. Aplicable con efectos del día siguiente a adopción de este acuerdo.
- ROSA ANA MARCOTE GUILLÉN, como cuarta Teniente de Alcalde y Concejal de Educación, Comercio, Pesca, Industria y Personal, con unas retribuciones brutas anuales de 22.400 €, distribuidas en 14 pagas de 1.600 €/mes, siendo dobles las de los mes de junio y diciembre. Aplicable con efectos del día siguiente a la adopción de este acuerdo.
ANA SIMONS SÁNCHEZ, como concejal de Urbanismo, Planeamiento y Vivienda, con unas retribuciones brutas anuales de 17.635,10 €, distribuidas en 14 pagas de 1.259,65 €/mes, siendo dobles las de los mes de junio y diciembre. Aplicable con efectos del día siguiente a la adopción de este acuerdo.
En ningún momento digo que votaría en contra dos informes dos técnicos e asesores. O quero dicir e que os responsables das decisións son os político. Os técnicos e asesores informan e asesoran pero non deciden. É dicir, o Alcalde e o que fai uso dos informes e y tranforma eses informes en decisións firmes, é el o que asume os razoamentos dos técnicos e asesores e os fai seus. Non pode eludir esa responsabilidade.
En canto as contratacións: nos gobernos presidido por Emilio e Carlos o Secretario era un funcionario e o Arquitecto tiña un contrato de Servicios. No actual é igual. Pero o asesor o contratou o Sr. Almuiña como cargo de confianza, xunto con aquel Arquitecto que o cesaron por no ter a titulación. Saúdos Rafa Lores
Comentario por rafa lores — 11 outubro 2008 @ 1:30
Rafa, si na prensa os políticos tivésedes o espazo que ofrece BC, a vosa mensaxe chegaría con máis claridade. Empregádenos todo o que queirades.
É unh mágoa que o PP e Manolo Vilar non fagan o mesmo uso que tí ou que o BNG, sigue sendo a frustración no noso traballo de achegar odebte político á xente.
Voltando á raíz do teu comentario, entendo o teu razonamento, o político debe asumir a responsabilidade que lle otorga o seu cargo, pero si a decisión está apoiada por informes favorables á mesma dificilmente podería argumentarse prevaricación.
De ahí o noso empeño no erro da crítica. Faise fincapé na prensa no desprestixio de ver a políticos antes os xuices en troques de criticar a decisión en sí, de ser o caso que fose errada.
Sinceiramente, ¿pensas que realmente se obrou de mala fe?, ¿na parcela resultante realmente cabe un edificio que cumpla coas Normas do Hábitat Galego?
Comentario por baionaconsciente — 11 outubro 2008 @ 10:18
Ten razón Rafa cando explica que dende a chegada de Almuiña a alcaldía de Baiona o protagonismo dos técnicos municipais alcanzou cotas nunca vistas e creo que indesexables.
Tanto a secretaria como interventora, arquitecto municipal e asesor xurídico non só sirven para dar apoio técnico ao goberno -tamén ao resto da corporación- no cumplimento estricto das súas funcións senon que son utilizados polo goberno como auténtico equipo de asesores técnico-políticos.
Almuiña busca conquerir con ese proceder dous obxectivos: que os técnicos realicen un traballo para o cal o goberno non ten capacidade nin ideas -por exemplo na elaboración dos orzamentos- e acobillarse tras os dictames dos técnicos ante posibles consecuencias xurídicas -neste eido o extinto Cuiña sentou grandiosos precedentes- como ocurre agora coa licencia non concedida, pero non só neste caso -a recordar o traballo de orfebrería xurídica feito para sacar adiante o campo de fútbol no Aral, zona verde de uso público, agora valado e tantas veces negado no seu momento para podelo sacar adiante: aquí tamén hai interesantes actas de Plenos-.
Coido que a actitude de Rafa Lores na nota socialista é moi prudente e se limita a constatar unha evidencia: o paso de toda a xunta de goberno de Baiona polos xuzgados e a interpretación política que de tal feito pódese tirar: mala imaxe para Baiona. En ningún caso penso que Rafa se botara a ningunha carnaza, antes o contrario.
Comentario por carlos — 11 outubro 2008 @ 10:39
Me parece que si el asunto está ya ante un juzgado, sólo cabe esperar la decisión. Ya se verá cómo termina la cosa. Pero eso no cierra el debate. La realidad es que el procedimiento lo inicia el fiscal, de modo que algún indicio debe haber de que las cosas no se hicieron con gran transparencia. Y es ahí donde me parece que este asunto tiene un contenido político: el simple hecho de que el fiscal considere conveniente llevar el asunto ante un juez a la vista de la poca claridad de la documentación presentada es de por sí poco edificante. Lo siento, pero el Alcalde tiene que estar más atento al desempeño de sus funciones, y hacerlo con total transparencia. Esa es una responsabilidad que le atañe, y si su incumplimiento no tiene relevancia penal, sí que la tiene política, o debería tenerla. Desde luego, yo la reclamo. Un abrazo
Comentario por Pepe — 11 outubro 2008 @ 10:49
Cando BC se pregunta ” de verdade pensas que se actuou de mala fe?” parece que está asumindo que él mismo pensa que de feito o alcalde actuou de boa fe. Si esto é así, non está incurrindo BC na mesma presunción ou xuicio político de que acusaba a Rafa Lores, ainda que en senso contrario?.
A nota de Rafa creo recordar que en ningún caso presuponía unha sentencia -favorable ou desfavorable- para o alcalde, soio constataba o feito da citación nos xuzgados a instancias da ¡¡fiscalía!!, non do psoe.
Comentario por carlos — 11 outubro 2008 @ 11:03
eu solo teño que decir que concordo moito con pepe e eu tamen reclamo que os partidos politicos fagan o que teñan que facer que non escoitan a os cidadans e moi certo que amoitos dan tratos indignos tamen e o que me parece mais penoso despois de estar pagando e a pena de que baiona se escoite isto pero a culpa e nosa de non protestar sempre que no nos dean os nosos dereitos e que alla alguns deles que nos falten ao respeto e ol alcalde saveo un saudo
Comentario por maria — 11 outubro 2008 @ 11:37
Tes razón, Carlos, a pregunta non é correcta. A correcta sería ¿pensas realmente que pode haber probas da mala fe, se a houbera?
O que máis nos costa crer dsto é que coa situación económica que debe estar a pasar o Concello logo de suspender licencias non se dea licencia, coa importante cantidade de cartos que suporía para as arcas municipais.
Lamentablemente non nos chega con claridade a opinión do Alcalde nin os criterios técnicos para a desestimación da licencia. Novamente ofrecemos o noso humilde blogue para que se difunda, ¿ou será que non lles interesa?
Comentario por baionaconsciente — 11 outubro 2008 @ 12:02
Grazas BC por crear este medio que nos permite difundir e debater as nosas ideas.
A pregunta que me fas sobre si penso que se obrou de mala fe, non estou en condicións nin de afirmalo nin de negalo. Habería que coñecer a totalidade do expediente, que lle solicitamos nun pleno, para poder dar unha resposta. Quen ten toda a documentación das distintas actuacións é a Fiscalía. Se interpuso unha querela é por que atopa indicios de algunha irregularidade. O que podo dicir é que o informe do Arquitecto Municipal e favorable o proxecto de construción e que na calificación da parcela remítese o informe xurídico, que é onde existen diferentes interpretacións sobre si é ou non solo urbano consolidado. O que está claro e que si é solo urbano consolidado non ten cabida unha área de reparto.
O feito de que a totalidade da Xunta de goberno esté acusada pola Fiscalía dun delito de prevaricación é razón suficiente para pedir responsabilidades políticas, independentemente da sentencia.
Comentario por rafa lores — 11 outubro 2008 @ 12:38
ai moitos ciudadans que non teñen idea do que esta pasando en baiona nestes momentos por que non se informa por que se negan cousas que co tempo se ven por que non se preocupan mais de supervisar 1º as queixas dos cidadans 2º aslicencias 3º o que e cando se lle responde o cidadan ….. e basta xa ….de non contestar os escritos e peticions e reclamacions ……e de defenderse entre eles …. por que non se conesta …. por incompetencia …non llesimporta…. ou non dan abasto …a quen lles estamos pagando ….e onde estan os nosos dereitos …..por que cando algo sae mal quen no paga ,…eles onos un saudo
Comentario por maria — 11 outubro 2008 @ 13:51
queremos ver as xa as actas que faltan porfavor temos dereito a lelas na pagina do concello non estan todas un saudo
Comentario por maria — 11 outubro 2008 @ 13:57
Grazas BC por crear este medio que nos permite difundir e debater as nosas ideas.
A contestación a pregunta que me fas sobre si penso que se obrou de mala fe, é que non me corresponde a min valorar ese extremo. Quen ten toda a documentación e quen fixo esa valoración foi a Fiscalía. Se interpuxo unha querela é por que atopa indicios de algunha irregularidade. E quen ten que definir si se obrou ou non de mala fe é a xuíza encargada da instrución. O que podo dicir é que o informe do Arquitecto Municipal e favorable o proxecto de construción e que sobre a calificación da parcela remítese o informe xurídico, que é onde existen diferentes interpretacións sobre si é ou non solo urbano consolidado. O que está claro e que si é solo urbano consolidado non ten cabida unha área de reparto.
O feito de que a totalidade da Xunta de goberno fosen acusados pola Fiscalía (institución responsable de velar pola defensa da legalidade) dun delito de prevaricación é razón suficiente para pedir responsabilidades políticas, independentemente da sentencia.
Comentario por rafa lores — 12 outubro 2008 @ 0:20
grazas rafael por aclarar todo o que sexa posible para que o cidadan que se faga certas preguntas que disipe dudas tamen megustaria como cidadana que en estes momentos o pp non siga facendose valer ao dia de hoxe con so a escusa de asilencio aministrativo ou escudandose en outros que responda sempre o cidadan por que eles estan e traballan pra o cidadan e grazas tamen a qualqueira persoa ou partido politico que poidan explicar a os que savemos menos un saudo
Comentario por maria — 12 outubro 2008 @ 11:06
Rafa, aportas un dato que pode mudar considerablemente o noso punto de vista nesta polémica. Dis que o informe do Arquitecto Municipal é favorable ao proxecto de construcción, xa que logo, non todos os informes eran desfavorables e a cousa non sería tan clara.
Non sabemos qué termos discrepantes existen entre as partes que discuten sobre si o solo é consolidado ou non consolidado.
Comentario por baionaconsciente — 13 outubro 2008 @ 9:26
A propósito de lo que comenta Carlos, y sin ánimo de polemizar, no considero que sea lo mismo presumir buena que mala fe. Esto afectaría a la presunción constitucional de inocencia con todo lo que ello conlleva, aquello obviamente no.
Un saludo!
Comentario por Manzanas — 13 outubro 2008 @ 16:10
En relación co que comenta Manzanas, evidentemente todos somos inocentes mentras non se demostre o contrario, faltaría máis, pero creo que a propia reformulación que lle da BC a súa pregunta sitúa a cuestión no seu sitio.
En todo caso si eu ou calquera tivéramos indicios ou sospeitas de que un xestor público -nada menos que un alcalde- actúa baixo criterios de mala fe, en este caso de simple e llana prevaricación, teríamos que acudir ao Xulgado. Foi o que fixo a Fiscalía e, antes, o dono da parcela que puso a información nas súas mans.
Comentario por carlos — 13 outubro 2008 @ 17:42