Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Sanas conclusións

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, outubro 21, 2008

Sanas conclusións

Unha vez pasada a resaca da elección de nova executiva local do PSOE baionés, podemos tirar interesantes conclusións do proceso de debate e votación no seu da familia socialista.

A primeira conclusión que nos chama poderosamente a atención é a falta de atención dos medios de prensa a este suceso. Pode pensarse nun primeiro momento que somentes se trata dun mero trámite burocrático no seo dun partido político, mais o debate interno mostra nas máis das veces o grado de saude democrática e capacidade de diálogo dos membros elexidos. Obviar estes puntos é quedarse na superficie, enturbiando o grao de coñecemento do que un partido político representa.

En segundo lugar, congratúlanos ser instrumento de sano debate entre socialistas, sin medo ao qué dirán, sin a vella regra (moi cumprida nos partidos políticos en xeral, por certo) de que o debate interno non debe trascender á opinión pública porque transmite sensación de debilidade e división. Esta regra parécenos simplemente propia de autoritaristas e déspotas que queren silenciar ao díscolo e afogar os fundamentos da democracia.

En terceiro lugar, que Arturo Pereira podería ter saido o Sábado moi reforzado como capitán da nave socialista e que o seu empeño en deixar fora do mando a socialistas relevantes somentes pode obedecer ao medo a un motín a bordo ou a unha táctica de rachamento co pasado. Obviando as capacidades ou falta delas de certas persoas, é evidente que a máis notable ausencia é a de Rafa Lores. Si se menosprecia así ao portavoz municipal, ¿qué autoridade pode ter nos Plenos ou á hora de realizar propostas públicamente? Outra ausencia notable, e o apuntou a concelleira Laura Míguez ainda que nin nomealo, é a de Carlos de la Peña. Ainda que neste mesmo blogue criticamos moitas das súas actitudes e formas de actuar non podemos obviar que él foi Alcalde de Baiona e acadou como candidato á alcaldía a representación que hoxe ostenta o PSOE baionés. Algo terá que decir ou algún punto de vista interesante sobre os temas a debatir poderá aportar, se teñan ou non en conta no futuro.

En cuarto e definitivo lugar, o PSOE de Baiona acaba de darnos unha lección de democracia, diálogo e transparencia. Antes de falar alguén de plumeiros lanzamos un reto desde este blogue: que tanto PP como BNG renoven as súas direccións locais coa mesma publicidade e debate. BC estará alí para contalo e alabando aos interventores no proceso. A luba está lanzada, que a recolla quen queira.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:36  

8 Comentarios »

  1. Cando falo de ausencia de militantes que tiveron un importante papel nos últimos tempos e moi fácil pensar en Carlos de la Peña, pero esa é unha lectura demasiado rápida, tendo en conta que aínda que o seu nome sexa o que primeiro veña a cabeza, e imaxiño que por algo será, no partido socialista tiven a honra de traballar sempre integrada nun grupo de persoas, algunhas nas que nunca se pensa, pero que son fundamentais para sacar adiante un resultado electoral como logramos acadar nos últimos tempos e estou pensando en Charo, Paco, Luis, Berto, Conchi, etc., etc. e espero que ninguén se sinta excluído e se inclúa nese etc., porque dar a lista completa sería largo, e posiblemente rompería as barreiras da condición de militantes do partido socilista.

    Un saudo

    Comentario por Laura Míguez — 21 outubro 2008 @ 9:54

  2. De la Peña está a probar un queixo fresco do macizo central ourensán e ten a boca chea. Faime xestos afirmativos que eu interpreto como de agradecemento a BC por manter este bloge aberto a todo o mundo.

    Despois de liquidar unhas tostas con aceite de Quiroga e antes de liarse co queixo, díxome tamén que por suposto que ten algunhas cousas que decir e que ten a seguridade de que as dirá en todo caso porque el é de espíritu colaborador e proactivo coa dirección do partido en Baiona. Anuncia, de paso, algunha iniciativa para as próximas semanas.

    Posdata: Os medios de comunicación non cubren a información política dos partidos en Baiona. Tampouco actos tan singulares como o celebrado na “curva dos nove” o pasado sábado.

    Comentario por carlos — 21 outubro 2008 @ 10:03

  3. Moi ben Lauri. Bicos e adiante.

    Comentario por carlos — 21 outubro 2008 @ 10:07

  4. Agradezo a BC por toda a información que aporta sobre o pobo, xa que debido á miña ausencia do pobo é unha das miñas canles para enterarme do que ocorre no meu benquerido pobo.

    Estou moi de acordo con Lauri á hora de nomear persoas que aínda que non estén dentro de ningunha lista de partido nin nada, tanto aportan para que este vaia ben, coñecendo a actividade estupenda de Charo por exemplo que tanto colabora con este partido.

    Falando agora da persoa de De la Peña, é unha persoa que pode aportar moi boas ideas para o partido e debería estar incluído na lista xunto con persoas como Rafa Lores, Lauri e outros, que tanto fixeron polo noso pobo.

    Un saúdo!

    Comentario por Baionesa — 21 outubro 2008 @ 12:43

  5. PREGUNTO A BC

    QUE QUIEREN DECIR CUANDO DICEN ESTO ( COPIO Y PEGO )
    moi cumprida nos partidos políticos en xeral, por certo) de que o debate interno non debe trascender á opinión pública porque transmite sensación de debilidade e división. Esta regra parécenos simplemente propia de autoritaristas e déspotas que queren silenciar ao díscolo e afogar os fundamentos da democracia.

    MOI CUMPRIDA EN TODOS LOS PARTIDOS ?
    PROPIA DE AURISTARISTAS ?

    REFRAN = EN TODA TIERRA DE GARBANZOS,SEIS GANSOS Y SEIS GANSAS SON DOCE GANSOS- ( se dice perogrullescamente cuando alguien expone un razonamiento que no resulta necesario traerlo a cuento)

    Yo creo que si queremos ganar las proximas elecciones hay que utilizar todas las armas a nuestro favor y una de ellAs es tener TALANTE

    Comentario por AIIÑA — 21 outubro 2008 @ 22:20

  6. AIIÑA, a verdade é que a reflexión é precisa traela a conto para destacar a transparencia coa que falan diversos membros da familia socialistas sobre o proceso de elección da executiva local.

    O normal nun partido político é non deixar trascender as divisións internas. Diso ben pode falar o PSOE de tempos pasados, a nivel local baionés, vigués e noutros moitos concellos, así como a nivel autonómico e incluso estatal.

    Pero non é un mal endémico do PSOE somentes, o PP e o BNG tamén viviron e incluso viven loitas internas que raramente trascenden á opinión pública.

    De todos é ben coñecida a disputa “boinas vs birretes” dos populares e sempre negado no PP. Non digamos xa as tiranteces no BNG, que ao ser unha fronte de partidos nin tan siquera podemos falar de dous bandos.

    En calqueira partido “de poder” que se presente máis dunha lista a unha renovación de cargos vese como unha crise e quérese mandar na casa para poder mandar fora dela. Non é máis que o nerviosismo do que ostenta o poder ao percibir que pode perdelo.

    Comentario por baionaconsciente — 22 outubro 2008 @ 8:44

  7. Como veo que todo el mundo hace sus conclusiones dejaré la mía.

    Personalmente, creo que el PSOE de Baiona desde las pasadas elecciones municipales está en un momento crucial en el que debe escoger (creo que está en las nuestras manos) si quiere ganar las próximas elecciones y convertirse en un partido de referencia en el PSOE gallego o si asume la oposición como forma de vida y emplea su tiempo en consolidar esta situación. Y la Asamblea del sábado la veo, simplemente, como una importante señal de alarma que debe ser atendida.

    Si optamos por elegir la primera opción como bien dice AIIÑA debemos utilizar todas nuestras armas (y buscar armas nuevas). Y este es el criterio de partida irrenunciable (cuando menos para mí) base para todo lo demás.

    Un saludo,

    Comentario por Diego — 22 outubro 2008 @ 10:07

  8. TODOS A TRABALLAR……………………

    Comentario por AIXIÑA — 22 outubro 2008 @ 19:35

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress