Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » ¿Proximidade dos cercanías?

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, outubro 27, 2008

¿Proximidade dos cercanías?

A mediados deste mes, na sección de Veciños e non tan veciños dos Sábados, comentabamos o feito de que Renfe considerase inviables os Cercanías en Galicia pola falta de demanda. Si algo temos claro é que a solución a múltiples problemas que temos que afrontar hoxe en día poderían ter solución ou polo menos contribuiría á disminución do seus efectos si tivesemos unha rede de transporte pública a través dos camiños de ferro.

¿Porqué, logo, non hai unha conciencia social e política da súa necesidade? Non é de todo correcta esta pregunta, xa que o BNG de Baiona fixo hai una día pública a inquietude dos nacionalistas por esta cuestión. Mesmo o Presidente da Xunta (Emilio Pérez Touriño) arrincouse afirmando que había un comprimiso de levar adiante proxectos de cercanías. Deberiamos saber en primeiro lugar cando minte Renfe, porque dí unha cousa e o contrario. Parece ser.

Todos sabemos o principal problema de instaurar unha rede de Cercanías na famosa Área Metropolitana de Vigo: por ónde irían esas vías de tren. Noutros lugares, como Madrid ou Barcelona, a tradicional rede de vías de tren simplemente serviu para ir modificando as modalidades de transporte ferroviario, mais en Galicia e concretamente en Pontevedra, as vías do tren acabaron morrendo na Estación de Vigo, na punta contraria ao acceso tradicional a Vigo dos habitantes do Val Miñor. ¿Cómo poderiamos entonces conectarnos con Vigo por tren? ¿Recuperariamos a estrada pola vía (porque por ahí ía o tranvía e o seu desuso debeu daquela dar psao xa a un Cercanías)? ¿Empregariamos as marxes da autoestrada? ¿Quen se mete a expropiar aínda máis?

Si polo do carril-bici está a montarse a marimorena, ¿concederían os veciños outra infraestructura semellante ainda a pesar de ser no seu propio ben?

Estas preguntas non nos toca a nós respostalas, deberían ser aqueles que nos gobernan os que as dean. O noso será esixir respostas. ¿As teremos?

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:59  

3 Comentarios »

  1. Eu vou todos os días a Vigo e para mín sería unha bendición un Cercanías. Non só polo que supón econónicamente deixar de usar un coche, senón polo tempo gañado.

    Quero decir que durante o traxecto afórranse cartos en combustible, pero tamén gáñanse horas efectivas de traballo ou de lecer. Namentres o tren nos leva ao noso destino podemos repasar o correo electrónico, ler a prensa do día, ler un libro ou mesmo preparar traballos relacionados co noso traballo.

    De seguro que eu podería inserir máis comentarios en Baiona Consciente se houbese un Cercanías Baiona-Vigo.

    Comentario por Marcote — 29 outubro 2008 @ 11:06

  2. ede baiona a nigran

    Comentario por maria — 30 outubro 2008 @ 13:25

  3. perdoade quixen decir a gondomar donde se ai que ir a urgencias fai falla ou taxi ou coche propio se sevai a reavilitacion igual …por que se temos que ir todos por que non poñen mellor convinacion ……….ala cabezas pensantes non savedes o que pensar ai vai….. un saudo

    Comentario por maria — 30 outubro 2008 @ 18:11

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress