Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Que nos gobernen Reis, pero que non lle chamen Democracia

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

sábado, novembro 1, 2008

Que nos gobernen Reis, pero que non lle chamen Democracia

O libro de Pilar Urbano entorno a conversas tidas coa Raiña de España destapou con claridade o pensamento dunha figura institucional anacrónica e, por definición, antidemocrática: a Realeza.

Ainda por riba coñecimos as reflexións ultra conservadoras dunha figura que debe ter un carácter marcadamente neutral e que nin por asomo debería inmiscuirse en temas sobradamente debatidos e aprobados no lugar no que deben ter lugar: o Parlamento Español.

Tarde chegou unha rectificación desde a Casa Real, tentando quedar ben con todos pero acadando o efecto contrario. A extrema dereita española estará exultante ante estas declaracións e os republicanos desexando plantexar a anhelada e silenciada proposta de reforma constitucional para instaurar a República. Sen medo a preguntar á cidadanía, ¿ou sigue habéndoo logo de 30 anos de democracia?

En época de crise non hai nada mellor que reducir gastos, sobre todo os que non son productivos.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:14  

12 Comentarios »

  1. Sería máis barata a Presidencia da República?. Tampouco a dereita debeu quedar moi contenta cos comentarios sobre Bush e a guerra de Irak.

    Os representantes institucionais dun país, non deben ter opinións persoais?. Creo que a min impórtame o xeito no que desempeñen o seu traballo de representación e o que digan dende ésa perspectiva. Neste senso e con independencia do debate monarquía/república, coido que a xefatura do estado non cometeu, e xa se cumpliron mais de trinta anos, erros de bulto. Antes ao comntrario.

    Comentario por carlos — 1 novembro 2008 @ 14:32

  2. Sinceramente, introducir en el debate monarquía/república la cuestión económica me parece poco acertado. Es una cuestión que surge, asiduamente, en los “debates” políticos en televisión/radio pero que es absolutamente irrelevante para la toma de decisión.

    Las decisiones sobre nuestro sistema político no se pueden plantear en términos económicos ya que cualquier día alguien podría plantear un debate democracia/dictadura esgrimiendo la eficiencia económica que supondría la supresión de las asignaciones a los partidos políticos, sindicatos, procesos electorales,… del sistema democrático, ¿no?

    En mi opinión, la corona no puede tener opiniones politicas como ha hecho la reina. Para dar opiniones políticas hay que pasar por las urnas.

    Un saludo,

    Comentario por Diego — 2 novembro 2008 @ 11:35

  3. Por definición, o demócrata é republicano.

    O debate sobre cánto custa a chantaxe histórica da Realeza Española non ten fin. Cando se someta a referendum a elección entre unha e outra poderemos comezar a falar de leximidade da Monarquía ou fin dunha figura anacrónica e sobre a que sigue dominando a censura (non esquezamos o esperpéntico suceso da portada de El Jueves).

    ¿Porque non te calas? = Non podes falar = Eu me sentaba ao carón de Franco pero non aparezo en ningunha baraixa de cartas como amigo dun dictador.

    Comentario por baionaconsciente — 2 novembro 2008 @ 13:30

  4. asta agora falabamos que si tiñamos unha reina estupenda de que era moi humana e un largo etc …agora como deu o seu punto de vista que pode gustar menos o mais agora xa ..ala..a criticala ..eu tamen dou a miña opiñon e pode ser mellor ou peor e creo que como eu respeto a o piñon dos demais tamen poden respetar amiña ..e ainda que ela sea reina ….por que non pode dala .. e so por dar aopiñon tamen respeto moito o que fagan os demais ..moitas veces penso que cada un sexa feliz como queira o poida que selo e bastante dificil …pero si …sempre respetando aos demais e a opiñon tamen e eu prefiero a unha persoa sincera que a unha ipocrita un saudo

    Comentario por maria — 2 novembro 2008 @ 16:01

  5. Si negamos a posibilidade de que a familia real manifeste as súas opinions como calqueira outro cidadán tamén nos privamos de coñecer a ésas persoas na súa singularidade como tales.
    Non creo que sexa convinte que tanta sinceridade se manifeste a cada momento e sobre cada asunto, pero creo que os 70 anos que cumple a raíña e o libro de Pilar Urbano poden ser unha boa excusa para este achegamento á persoa Sofía.
    Si non foran posibles estos momentos expansivos, a monarquía sería unha cuestión de robots programados por uns gabinetes de asesores fantasmais. A min, xa digo, non me molestan estos puntuais momentos de coñecer mellor ás persoas que encarnan tan altas institucions.
    Coincido con BC cando máis arriba identifica democracia con república, pero xa advirtiu Max Weber da diferencia entre a ética dos principios e a ética da responsabilidade.
    Na nosa experiencia debemos recoñecer que o rey Juan Carlos fixo máis pola democracia que por ningunha outra causa e outras monarquías parlamentarias europeas amosan dende a súa tradición de séculos, a perfecta convivencia e mutuo sostén entre ambas.

    Comentario por carlos — 2 novembro 2008 @ 17:27

  6. ¿Qué facía O Rei cando en españa había represión por pensar de xeito diferente ao seu titor Franco? Pois pegarlle un tiro ao seu irmán “accidentalmente”.

    Logo nos deron a elexir: ¿dictadura ou monarquía?

    Namentres, os que sí que loitaron pola Democracia activamente vían como se lles tildaba de extremistas, cando renunciaban á República e acollían unha bandeira teñida da sangue dos seus irmáns.

    Cando o Papa solicitou clemencia e Franco non fixo nin caso, ¿rebelou o “campechano”? Agachou as orellas e seguiu recibindo as caricias do seu Amo.

    Aceptamos que os membros da Monarquía expresen as súas opinións, entonces terán que pasar polas urnas para que se refrende a leximitidade dos seus cargos.

    Comentario por baionaconsciente — 3 novembro 2008 @ 9:50

  7. Carlos,

    entiendo tu apunte sobre Weber como una llamada al pragmatismo. Si es así, lo comparto para el momento actual pero no con carácter histórico. El pragmatismo es válido para la figura de Juan Carlos pero no para la monarquía como concepto general. De hecho, la monarquía es, seguramente, junto a la iglesia la institución que más radica sus principios en las convicciones (fe)

    Y en cuanto a las opiniones personales, pienso que no compartimos la gravedad de éstas en particular. La reina está cuestionando una ley del parlamento español que en su momento cuestionó la iglesia y el PP. Debiera ser imparcial.

    Un saludo,

    Comentario por Diego — 3 novembro 2008 @ 11:08

  8. Coido que foi na noite do 23-F de 1981 que o rei Juan Carlos se gañou boa parte da tolerancia que os republicanos lle vimos concedendo, si ben, xa antes, a maioría dos españois tíñanlle outorgada a súa lexitimidade coa aprobación da Constitución.

    Dende aquela, e salvo algunha oscura operación montada dende unha certa dereita -García Trevijano, entorno de El Mundo, etc- e opinions persoais -Anasagasti, Carod Rovira, este alcalde andaluz que está a declarar ante o xuiz estos días- ningún dos grandes partidos, nin movementos cidadáns, nin un especial e rebrotado espíritu republicano na sociedade, está a reclamar como algo urxente, claramente beneficioso e en todo caso como modelo a reinstaurar en España, o da república.

    Dito esto, tampouco negaré que por aplicar a lei natural -donde por certo tamén se acolle a raíña nas suas declaracions- unha parte importante da sociedade estaríamos intelectualmente máis reconciliados con nós mesmos con un sistema donde podéramos elexir nas urnas ao noso xefe do estado ou presidente da república.

    Por rematar por donde empezaba, si o rei Juan Carlos goza do aprecio e cariño de boa parte dos cidadáns polo seu papel no peche da transición -aínda que o seu compromiso co retorno das libertades a España está documentado moito antes da morte de Franco (ver calquer manual de historia de autores de todo-los colores políticos)- non sei si esta opinión poda variar cando quen lle suceda acceda ao trono.

    En calqueira caso, si a reinstauración monárquica en España foi vista por moitos como un retorno ao pasado e, dende o franquismo, como unha especie de continuidade do réximen -despois traicionada-, a volta agora á república podería ser vista como un novo salto mortal con tirabuzón nun país que habitualmente xa vive en permanente ataque de nervios.

    Comentario por carlos — 3 novembro 2008 @ 18:36

  9. O medo é o único sentimento que mantén viva á Monarquía, namentres se critica á Xunta por mercar un coche oficial por máis de 400.000 €, consentimos que a Realeza e toda a marabunta que a secunda cobre cifras astrómicas por estar caladiños e nin diso son capaces.

    Comentario por baionaconsciente — 3 novembro 2008 @ 19:30

  10. O medo non é unha variable a despreciar.

    Comentario por carlos — 3 novembro 2008 @ 19:53

  11. Si a prensa publicara do rei o que sabe, outro galo lle cantaria o j. carlos, ¿porque lle chaman o Chivas?,queridas cuantas leva tido?,cando perde unha regata , alguen sabe como reaciona? (preguntade no monterreal os empregados), estas cuestións tan personais sempre se ocultaron porque sempre nos quiseron dar a imaxen de rei perfecto que non é,incluso tamén con a farsa do 23-F, de seguro que si tivese a mais minima dubida de que podia sair a cousa o reves non lle cheirabamos o pelo.

    Comentario por xocas — 3 novembro 2008 @ 23:31

  12. En su discurso de investidura del 15 de Abril de 2004, el Presidente del Gobierno anunció su intención de modificar la Constitución en cuatro puntos, a saber: reforma del Senado, orden de sucesión en la Corona, inclusión de la denominación oficial de las Ciudades y Comunidades Autónomas y referencia a la Constitución Europea.

    Posteriormente, el Presidente del Gobierno y Mariano Rajoy mantienen una reunión el 14-01-2005 en la que se acordó la creación de una comisión bilateral sobre la reforma de la Constitución, los Estatutos y la financiación autonómica y sanitaria.

    Bien, tres años después los resultados son claros:
    no ha habido acuerdo para la reforma constitucional; y en relación a las reformas estatutarias el PP presentó recurso de inconstitucionalidad contra el Estatuto de Cataluña, por no hablar del lío que se montó cuando Ibarretxe defendió su propuesta de Estatuto para Euskadi en el Congreso.

    Es decir, este país, lamentablemente, ahora mismo no está para “grandes reformas”. Por ello pienso que toca ser pragmáticos y responsables.

    Un saludo,

    pd: ya hay una generación de españoles que ha estudiado el 23F en los libros de historia. Tempus fugit!!

    Comentario por Diego — 3 novembro 2008 @ 23:40

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress