Sectarismos
E non podiamos deixar pasar a fin de semana sin reflexionar sobre a entrevista a páxina completa que o Faro de Vigo fixo ao noso Alcalde, Don Jesús Vázquez Almuiña. Se fósemos mal pensados diriamos que máis que entrevista era un publi-reportaxe. Como somos bien intencionados supomos que se trata do inicio dunha xeira de entrevistas con políticos baioneses para coñecer polo miudo as súas inquietudes e actuacións no noso concello. Si non se tratase de ningunha das alternativas anteriores estariamos a falar dun mal exercicio da actividade periodística.
Entrando en materia, o máis reseñable é a reapertura do proceso de " a ver se vén o Plan da Xunta". Trátase dunha sorte de xogo ás agachadas na que nin o Concello nin a Xunta acaban de definirse claramente. Cando se trata dun documento urbanístico que se pretende aprobar sin nengunha sombra de dúbida, extráñanos ese ocultamento dos procesos de aprobación. Si a Consellería de Política Territorial solicita rectificacións ou documentación faltante ao Concello, ¿porqué non sabemos deses pasos?.
A realidade é que está próximo a vencer o acordo de suspensión de licencia e nin tan siquera se iniciou o proceso de alegacións ao PXOM. Moitos veciños levan cáseque un ano agardando para pedir licencia e facer unha casiña na finca familiar, non digamos xa dos terreos que xurdirán como equipamentos. Baiona está parada en pleno proceso de crise e namentres nos concellos limítrofes a Xunta anuncia a bombo e platillo actuacións sobresaíntes en materia de vivenda, aquí non hai máis que incómodos silencios ou enfrontamentos infantiles.
Pero ao remate vén o máis sorprendente. Ao Señor Almuiña vaille o botellón: "Yo estoy de acuerdo con el botellón como fenómeno social de relación de los jóvenes" e nada máis que pide máis efectivos de seguridade e limpeza. Non perde a oportunidade de soltar veladamente o asunto do Noitebús, pero por unha vez senta ben escoitar a un membro do PP sobrio (o señor Aznar non entraría neste apartado) ser razoable co consumo de bebidas alcohólicas por parte da xuventude. Véselle ao noso Alcalde proclibe á festa, como se pode ver na imaxe da anotación de hoxe. Perdónesenos a retranca.
chúzame - 

oben de baiona non e so arreglar as calles ..non so novo inen ..non e so preocuparse da bateria do faro silleiro e un etc .. e preocuparse das necesidades que ten cada veciño ..de escoitalos e de intentar axudarlle .. e non facer entrevistas e sacar so fachada ..decindo fixemos isto e aquilo cando se se escoita pola rua mais da mitade de baiona saven e sei que so e ..foto e fachada de vostede e o seu equipo ..como vostede save preocupese de persoas que estan desesperadas ..que non teñen ..paro ou que viven 400 e .. metalles turbo ao seus ..como di vostede ..faga mais xunto cos seus poñalle as pilas ….tecnico de emprego axuda amuller ..servizos sociais .. a conselleira de asuntos sociais emprego e igualdade …que en estes momentos en baiona fai moita falta ..-e delle traballo a xente que o necesita de verdade e no aseus amigos nen os amigos de seus amigos e dexadevos de buscarnos mais hemanamientos e precupense mais polos veciños e suas necesidades que non sei se o save que en baiona ai veciños con necesidade …..poden dormir tranquilos un saudo
Comentario por maria — 5 novembro 2008 @ 22:26
Eu da entrevista saco unha inquietante opinión: “vai sobrao”.
A periodista buscou o morbo da citación nos xulgados; o posible enfrentamento coa delegada baionesa da consellería de pol. territorial e o listado de parte dos investimentos que outros idearon e/ou axudaron decisivamente a traer a Baiona, pero pasa de longo pola ausencia de vivendas protexidas; a crise do comercio, a ausencia de chan industrial, a falla de proxectos presentados ante outras administracions, a ausencia dunha auténtica promoción turística; a nula atención aos maiores, o abandono da Casa do Mar, o silencio sobor da rehabilitación do edificio do antigo INSS na rua do reloxio, etc, etc, sin esquecer a falla de ilusión colectiva dos nosos veciños e a marxinalidade na vida política, social e económica de Galicia á que este goberno parece empeñado en levar a Baiona.
Almuiña é un alcalde, como di Neli Pillado, con maioría absoluta para gobernar; é diputado provincial con altas responsabilidades nese ente; é unha figura de mediano porte no seu partido: ¡Concho! algo máis de ilusión e ideas sí que podía aportar.
Comentario por carlos — 6 novembro 2008 @ 17:28
“La prevaricación urbanística normalmente está relacionada con la concesión de licencias contra la ley. Nosotros hemos hecho lo contrario, no la dimos porque consideramos que no es posible”
Mm…incorrecto. Como ya se dijo por aquí, prevaricar es dictar resoluciones manifiestamente injustas a sabiendas de que lo son. Para la ley da igual que sea concediendo, denegando, retrasando o acelerando licencias. Lo que debe cumplirse es el elemento objetivo (dictar resolución manifiestamente injusta) y subjetivo (”a sabiendas”) esto último complicado de probar.
Saludos!
Comentario por Manzanas — 6 novembro 2008 @ 18:18
En relación al proceso de “a ver se vén o Plan da Xunta” en el pleno de hoy se ha producido un nuevo capítulo. Y es que van tan sobrados que incluso aprueban alegaciones de acuerdo con el PXOM, cuando el PXOM no es más que un documento del “equipo redactor” que ni siquiera ha sido aprobado inicialmente en pleno, como bien ha defendido el Grupo Socialista hoy mismo.
Un saludo,
Aviso para navegantes: PXOM y PEPCHAB son dos documentos diferentes
Comentario por Diego — 6 novembro 2008 @ 21:31