Os silencios non se mercan
Coa Consellería de Medio Ambiente como eixo do "conflicto cos ecoloxistas" tense orixinado unha forte tensión entre éste últimos e o Conselleiro "Patxi" Vázquez. Resulta paradóxico que por unha vez que unha Consellería está a mudar considerablemente a perspectiva que ata o de agora se tiña da Administración Autonómica con respecto ao tratamento do Medio Ambiente os grupos ecoloxistas mostren a súa cara máis belixerante. Pode xurdir este desencanto das altas expectativas xeradas polo bipartito.
En todo caso, nunca debería proceder unha actitude de afogamento como a que está a suceder coas subvencións aos grupos ecoloxistas. Esta práctica ten sido moi habitual nese sector do PSOE tan próximo en actitudes ao PP, como no caso do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, ou o de Lugo, López Orozco.
Resulta que para calar aos díscolos se procede a crear unha artificial alternativa ao grupo de presión establecido, seguidamente procédese a "reorientar" os fondos públicos cara esa suposta alternativa. Por afogamento a crítica desaparece e quí paz e despois gloria. Mal vamos por ese camiño, o bipartito debería ser outra cousa, porque si non hai alternativa, ¿qué faremos nas Autonómicas, votar en branco? Por certo, ¿qué leximidade podemos dar aos socialistas que falan das redes clientelares do BNG? Sempre mirando a palla en ollo alleo e nunca a viga no propio. Lamentable.
chúzame - 

Eu creo que as cr.iticas ao conselleiro e o seu equipo están ben fundamentadas e están pon o deo na chaga. O que non pode facer o conselleiro é demonizar a ´todos os que non pensan igual ca el.
Iso de que “está a mudar considerablemente a perspectiva que ata o de agora se tiña da Administración Autonómica con respecto ao tratamento do Medio Ambiente”, que quere dicir, que se fixo máis refinadamente. As trampas e as medias verdades non mudan aínda que se utilizen ben os medios de comunicación e as ferramentas que pon nas súas mans o poder. A verdade e máis teimuda e pon a cad un no seu sitio co tempo. O problema é que, falando de medio ambente, cada vez temos menos tempo e menos ambente. De medio, nos ultimos anos, pasmos a 1/4 de ambente, e se seguimos así, que vai ficar para os nosos fillos e os que veñan detrás. O Plano acuícula e as súas trampas, as legalizaciós e as desfeitas da mineiría, a Rede natura feita a medida de outros intereses, non os ambientais, precisamente, etc.
Menos prepotencia, máis traballo e máis seriedade a hora de tratar a xente ben informada que loita sen cobrar un euro, por un país, unha terra e un planeta millor.
Comentario por RUXERUXE — 9 novembro 2008 @ 18:17
RUXERUXE, referímonos a que coa Xunta do PP a ría de Vigo estaba contaminada e se pagaba unha multa por elo e agora vanse cosntruir multitude de depuradoras, unha delas en Baiona.
Comentario por baionaconsciente — 10 novembro 2008 @ 11:34