Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » A eterna parcela dos Tendais

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, novembro 10, 2008

A eterna parcela dos Tendais

E aproveitando que o Plan Sectorial pasaba polo Val Miñor, o PSOE baionés aproveitou a ocasión para sacar de novo o tema da parcela dos Tendais. I é que a cousa xa trae cola e está a rozar o esperpento. Si unha cousa temos clara é que si o goberno baionés estivese en mans da coalición PSOE-BNG e se negasen a soltar unha parcela para vivenda protexida por non se sabe moi ben qué razóns e co que está caer coa crise e o estoupido da burbulla inmobiliaria, Baiona estaría hoxe mesmo alzada en armas contra o Goberno Municipal, habería manifestacións todas as fins de semana na Praza do Concello e non se pararía ata que se desatascase a situación.

Pero unha de dúas, ou os baioneses non precisan vivenda ou non teñen ganas de reclamar os seus dereitos. Pode que algo de culpa teñan tamén os partidos da oposición, que non queren traballar na unión dos descontentos. Quizáis sexa debido á espiniña que todo baionés consciente tén logo do conflicto da Palma. Nadie quere repetir aqueles tristes episodios de confrontación familiar e veciñal.

Pero o que habería que facer sería como naquelas movilizacións en Francia nos que Decatlhon se fixo famosa por ceder tendas de campañas para os protestantes, os coñecidos como "Les Enfants de Don Quichotte". En Francia os SDF (sin domicilio fixo) reclamaron ao Estado o acceso a un aloxamento digno e a formas de hábitat alternativos. Dalí xurdiu a Carta do Canal de San Martín. Aquela masiva movilización no Nadal do 2006 fixo reaccionar aos poderes públicos para que tomaran consciencia da gravísima problemática que a opulencia do poder non lles permitía ver.

¿Teremos que chegar a estos extremos para que certos políticos tomen consciencia de que o problema de acceso á vivenda pode tornarse en breve nun verdadeiro conflicto social? Afortunadamente na Xunta hai tempo que se deron conta e traballan no camiño correcto. Namentres, outros tápanse os ollos coas mans para non ver algo que remataría co seus negocios baixo corda.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:47  

11 Comentarios »

  1. O DESA PARCELA XA CHEIRA,OU SERA QUE A XENTE QUE NECESITA VIVENDA SOCIAL NON TEN “GLAMOUR”PRA VIVIR NESA ZOA DE BAIONA?,QUE LASTIMA,ASI MOITA DA XENTE E ENTRE ELES XOVENES QUE QUEREN INDEPENDIZARSE FUXAN DO SEU POBO CONVERTINDOO GRAZAS A XESTION DE UNS POUCOS EN POBO FANTASMA EN MOITOS MOMENTOS O CABO DO ANO,SEÑORES POLITICOS(OS DA OPOSICION TAMEN)LOITEMOS COMO OS ANUNCIOS DE GADIS COMO GALEGOS E CONSIGAMOS ESTE TIPO DE COUSAS QUE TANTO FALLA FAE,PERO CLARO O AUDITORIO AI VAI LUCIR MAIS QUE UNHAS VIVENDAS PARA A NOSA XENTE,E QUE COMA SEMOS EUROPEOOOOOSSS……. UNHA APERTA

    Comentario por buxo blanco — 10 novembro 2008 @ 9:26

  2. hoxe outra vez a policia local brillou pola ausencia esta no mercado elogo non pode estar 1 na escola 10 minutos e no mercado outro non estou segura de que se os politicos da oposicion fixeran algo o governo os escoite posto que dixeron o problema da escola que non abia presencia policial e o dia de oxe segue na mesma e dixollo o psoe e o bng e pola carretera que queren facer xunto o colexio de covaterreña tamen ubo alegacions por parte da ampa que representa aos pais e odo colegixio tamen os partidos politicos de baiona e como tantas cousas mais e que fan …..NON ESCOITAN E NON FAN CASO A NAIDE estan traballando pra eles e aprova e esta que non escoitan nen acidadans …nen apoliticos da oposicion ……….nada de nada un saudo

    Comentario por maria — 10 novembro 2008 @ 9:38

  3. so lles interesa e se preocupan das festas dos hermanamientos e dos que veñen apasalo ben a baiona e os de baiona como se esta bendo tanto ..os xovenes ..como os nenos ..como os maiores enton que mais nos fai falta ver …os demais se teñen ben …e se no que se fastidien …..e…ese..o benestar …de baiona ..e .aigualdade de …dereitos un saudo

    Comentario por maria — 10 novembro 2008 @ 9:46

  4. tamen falo de coordinacion tes razon buxo blanco vivamos como galegos …..cale a realidade dos galegos ….aministracions que estan enchendo seus bolsillos mentres outros non poden vivir dignamente …coñecen este governo de baiona .. a constitucion …coñece este governo a ..constitucion europea …coñece este ..governo as leyes que nos amparan ..e un etc un saudo isto non e farncia e baiona vai asi

    Comentario por maria — 10 novembro 2008 @ 9:58

  5. El artículo 47 de la Constitución española dice lo siguiente:

    “Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos”.

    Así pues,la Constitución impone a los poderes públicos un deber activo (”promoverán” y “establecerán”) que resulta difícil adivinar cómo lo cumple el poder público local que ejerce el Sr. Alcalde cuando la única iniciativa conocida que le sea atribuible en este sentido es la paralización del concurso para la edificación de la parcela del Aral. Las cesiones de suelo y las reservas de vivienda que signifique en el futuro la aprobación del PXOUM son condiciones establecidas por ley, que habrá que cumplir en el futuro (es decir, cuyo cumplimiento será una condición ineludible para el promotor privado). Pero hay unas cesiones anteriores que fueron en su momento condición para una promoción privada, la del Aral, que están ahí, paralizadas y que de algún modo constituyen una afrenta al sentido del artículo de la Constitución que citaba antes: la de regular la utilización del suelo de acuerdo con el interés general. No parece que dejar esa parcela años y años paralizada sea cumplir ese deber. Dado el mísero nivel de muchos salarios, el cumplimiento de este deber constitucional tiene una gran importancia precisamente porque significa introducir una corrección en el funcionamiento del mercado. Para eso están los poderes públicos, como una vez más nos enseña la presente crisis.

    La callada por respuesta no es aceptable. Un saludo

    Comentario por Pepe — 10 novembro 2008 @ 10:41

  6. pepe en nos esta a chave de loitar polos nosos dereitos ..por que os temos un saudo

    Comentario por maria — 10 novembro 2008 @ 10:50

  7. O Colectivo Nacionalista de Marín presenta alegacións contra o Plan Sectorial de solo de Galicia con destino a vivendas protexidas.

    Presentamos alegacións ao Plan Sectorial de Vivenda Protexida por que consideramos que estamos ante un fraude ao pobo de Marín e ao conxunto do pobo galego.

    Con esta inciativa o que pretende a Consellaría de Vivenda e facilitara chan barato aos constructores a costa das propiedades dos galegos e galegas. Non é admisíbel a expropiación de terreos por catro patacos para encher os petos dos responsábeis da especulación urbanística. Non se entende como unha administración que ten que velar polos interses de todos e todas leva adiante un proxecto destas características.

    Non é de recibo o oscurantismo con que se elaborou, sen ter en conta aos afectados nin as posíbeis aportacións do conxunto da sociedade. Agora vemos como unha protexida polo seu carácter agrícola, como así recoñece o Ministerio de Agricultura e a Consellaría de Ordención do Territorio, vai desaparecer pola actuación de outra parte da administración autonómica.

    Resultanos chocante que a Conselleria de Vivenda, acompañada do seu mentor polítoco o Sr. Quintana, manifeste que estas van ser vivendas para xente que teña como máximo até 3.300 euros de renda mensual, e que serán de alta calidade, podendo aceder a elas o 85% dos galegos. En que mundo vive esta señora? Sabe realmente como son os salarios dos galegos e galegas?

    En Marín, 10 de novembro de 2008.

    Asdo. Pedro Cortegoso Gago

    Comentario por Pinto — 10 novembro 2008 @ 12:41

  8. Home, en como se di, cada poboación é un mundo, e cada unha cos seus problemas e cas súas solucións, en Baiona de momento nada de solucións.

    Que se dan catro patacos por un terreno que se expropia, pois probablemente, a Administración ten que indemnizar aos afectados, dentro das posibilidades da Administración, que poderían dar máis, quizais, os que non temos nin terreno nin vivenda non o vemos igual, dame máis pena ser parado e sen posibilidade de sair da casa, que son dous problemas, e en Baiona é un problema máis, porque así nunca chegaremos a ser ciudadáns VIP (que non VIB) dos que se merecen un pisito no centro. Xa da igual que sexa no centro, ou na periferia, pero para os que queremos a Baiona, a poder ser, que sexa en Baiona, polo tanto non admitimos “Periferia” os concellos de Salvaterra, Ponteareas ou etc.

    Outra cousa é que o PP nos leva a dianteira na vanguardia europea. Si ben, aquel ex-ministro socialista, un tal Boyer xa o vaticinara a principios dos oitenta, o modelo español de que cada cidadán unha vivenda é un modelo caduco, e os seus intentos de promocionalo alquiler. Parece que en Baiona é o modelo a seguir, intentar colarlle a Consellería de Política Territorial un PXOM deficitario e surrealista, onde se poderán construir no futuro unhas cantas vivendas, que un xoven nunca vai a poder mercar, pero é aquí a habilidade e o modernismo europeo do Sr. Jesús Vázquez:

    - Integración do sur de Galicia en Baiona, léase integración política ca parte proporcional de ourensáns que comprarán piso, e integración social, xa que Baiona é un sitio todavía “chic” para a clase media-alta viguesa.

    - Cumprirse o artigo 47 da Constitución Española, xa que moitos deses pisos serán alquilados (no mellor dos casos) a xóvenes baioneses. (Volta á idea de Boyer de promocionalos alquileres)

    - Axuda a APROIN, co cal se xeneran ademáis postos de traballo na construcción e axudamso a combatila crise.

    - E por último, e como non, participar nas plusvalías xeradas pola “inacción” urbanística xerada polos poderes públicos.

    Que faltos de modernismo estamos o resto que vamos sempre non sei cantos pasos por detrás.

    Comentario por barrabí — 10 novembro 2008 @ 13:30

  9. La especialidad del caso de Baiona es que la parcela ya está ahí, no hay que esperar ninguna expropiación ni ningún plan parcial ni ninguna intervención superior de la Consellería de Vivienda: la decisión corresponde al Concello. Es más, la decisión estaba ya tomada. Fue el descabalgamiento de Carlos de la Peña a manos del PP lo que paralizó la construcción de la parcela del Aral. Sin ninguna alternativa. Ahí está. Parada. En total contradicción con el mandato constitucional. Pero el rodillo de la mayoría en el Concello no deja escapatoria. ¿O sí? Un saludo

    Comentario por Pepe — 10 novembro 2008 @ 15:27

  10. Eu miro que os criticadores profesionais contradícense contínuamente ao falar de vivenda. Será que o único que teñen claro é que hai que criticar ao poder, ao fin e ao cabo é a do que viven.

    A nota do Colectivo Nacionalista de Marín ten tantas inexactitudes que xa non sei nin por onde comezar. Pois veña, pola burrada máis grande. Así que estamos en contra da especulación e saimos a defender aos propietarios do solo, falando de que se lles pagarán catro patacos. Pero non quedamos en que a Mario Puentes e compañía ían encherlles as mans de cartos, en qué quedamos?

    Segundo, as negociacións da Xunta cos propietarios van encamiñadas á permuta, xa que logo, os propietarios que queiran tirar máis beneficio xa saben o que teñen que facer. Iso sí, acabouse pedir dous mil euros (e quédome corto) por metro cuadrado a construir (e sin asumir custes de urbanización).

    Segundo o C.N. de Marín é irreal pensar que o 85 % dos galegos gañamos menos de 3.300 € ao mes. Será que dar caña á Xunta está moi ben pagado. Esa señora é de profesión arquitecta, dun estudo moi recoñecido, e si os do C.N. de Marín se tomasen a molestia de lerse o estudo previo realizado pola USC vería que son datos estatísticos reais.

    Poño un caso real por exemplo. Na cooperativa de Baiona síguense eses mesmos parámetros económicos e podo decir que nadie ten uns ingresos cercanos a 3.300 € ao mes. Os que rondan eses ingresos adoitan mercarse unha casa con finca e finxirse progresistas fundando colectivos que critican ao poder. Si non se fan vivendas protexidas, malo, si se fan, peor. Cál é a alternativa, si se pode saber?

    Comentario por Marcote — 10 novembro 2008 @ 17:17

  11. as veces decimos que por que os partidos politicos politicos de baiona non fam mais pois bueno eu non digo que sean anxos pero eu sei seguro ademais que no tema da policia local si que dixeron e pediron pra seguridade dos nenos no ultimo pleno…..bng….e….psoe … a ampa de covaterreña tamen …..pois mirade …e o que dixen mais veces e o digo outra vez ….este governo non escoita …..nada ..nen a nadie hoxe 11/11/2008 senpresencia da policia local brillou outra vez pola ausencia un saudo

    Comentario por maria — 11 novembro 2008 @ 9:58

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress