Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Seguridade, por petición popular

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, novembro 11, 2008

Seguridade, por petición popular

Levaba maria moito tempo demandando a nosa atención sobre a seguridade ao redor dos colexios e xa vai sendo hora de elevar esta preocupación a categoría de problema municipal de recoñecida importancia. Porque non lle falta razón á nosa Consciente Baionesa máis activa, á que varias veces temos pensado que será unha digna sucesora do noso traballo.

Nos concellos, salvadas as excepcións e sobre todo no caso das cidades, había unha curiosa tradición que era alonxar os centros de ensinanza, centros de saúde e outros servizos dotacionais lonxe dos núcleos urbanos. Quizáis se debera a que a Lei non establecía daquela unha organización urbanística que dera cumprido a demanda de servizos precisa. Xa que logo, había que establecer un transporte público para o acceso do alumnado aos centros, por exemplo.

En Baiona, sen ir máis lonxe, temos o vello caso do Colexio de Fontes, Belesar ou do Instituto Primeiro de Marzo. O colexio de Covaterreña ou o de Sabarís sempre estiveron máis ou menos preto do núcleo urbano, o suficientemente como para poder ir a pé.

Pero os anos pasaron e o urbanismo foi devorando os límites tradicionais. Hoxe en día o Colexio de Covaterreña ten as características de calqueira colexio dunha cidade e no futuro ainda máis. Co polémico proxecto de urbanización do PERI 5 algunha voces discordantes fixeron ver o problema que podería xurdir. O novo PXOM incluso parece conducir a que a nova entrada de Baiona sexa por San Antón e, sobre todo, a alegación que aprobou o Goberno Municipal no pasado Pleno para oficializar unha conexión da autoestrada desde Baiña.

¿E os nenos, qué? A AMPA reclama presencia policial e, como ben dixo maria, semella que nos len porque cando maria o denunciou houbo reacción municipal. Un xesto loable, porque o que debe facer un Goberno Municipal é escoitar aos seus cidadáns, sobre todo aos máis díscolos. Escoitar o eco da propia voz pode ser moi agradable, pero nos fai máis que alonxarnos da realidade.

Ineludiblemente o Colexio de Covaterreña, o pavillón de deportes, o campo do Aral e a futura piscina de Manolo Vilar (non poderá levar outro nome) quedarán co tempo engullidas polo entramado urbano. Será todo un luxo que terá Baiona pero que traerá consigo problemas aos que cómpre anticiparse.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:15  

14 Comentarios »

  1. moitas grazas baiona consciente por sumarvos xunto co bng e o psoe con a ampa de covaterreña pola seguridade dos nosos nenos xa que o noso governo no nos escoita que pouco a pouco podamos canbialo nos como dereito que temos de buscar a proctecion dos mais indefensos tamen apelo atodos os que pouco apouco poidamos facer un pouco de forza para ter un transpote para queles rapaces que pensen no futuro e seguir estudiando no 1ºde marzo o bachiller espero que o governo que temos lea estes comentarios e non pense de forma que este blog sea un arma arroxadiza se non que son as inquietudes dos ciudadanos de baiona donde como no nos escoitan eles poidamos un pouco descargar a nosa impotencia de verdade moitas grazas eu como todos que se sumen aesta preocupacion para evitar que alguha familia poida chorar polo que poida pasarlle aseu fillo/a …..grazas de novo e un saudo

    Comentario por maria — 11 novembro 2008 @ 21:45

  2. hoxe salio nas noticias de aremetropolitana manolo vilar que como el non ve que en baiona non ai problemas …saliu falando nas noticias que estaban podando os arboles …por que atascaban acamtarillas …e que se estaban preparando pra o inverno ….por que non se preocupa ..dos nenos que non teñen seguridade ainda que non sea seu departamento …por que non se preocupan da queles rapaces que non queren estudiar pra que fagan un curso por exemplo fontanero etc ….por que non se preocupa de meter atraballar a persoas que o necesitan deverdade e non aos amigos ….manda narices ….sair nas noticias por decir podamos os arboles …….por favor cos problemas que ai un saudo balla exemplo de governo …balla preocupacions

    Comentario por maria — 11 novembro 2008 @ 21:58

  3. e tamen sumome a o problema que tamen pidan casas de protecion oficial e todo que aporte seguridade ,….e benestar en baiona ……….para que baiona poida canbiar un saudo

    Comentario por maria — 11 novembro 2008 @ 22:05

  4. María esta anotación premia o teu seguimento e empeño na seguridade vial no CPI Covaterreña, que como ben sabemos é un tema de preocupación habitual nos pais do centro, e así está reflexado en todalas actas das asambleas celebradas dende a fundación da ANPA no ano 2000.

    Este tema tamén é tratado en todolos encontros cos alcaldes que dende ese ano levan pasado polo concello. Conseguimos que polo menos se pintaran no seu momento os pasos de peóns pero a presenza da Policía Local nos horarios de entrada e saída parece que ou non se considera necesario ou non é unha prioridade, porque como María ven relatando o tema, é a realidade diaria.

    A modificación do Plan Xeral para darlle acceso o PERI 5, vai a agravar e moito a situación e está claro que será a vía natural de acceso de San Antón e si se leva a cabo acceso dende Baíña da autopista, e nese sentido foron as alegacións da ANPA no seu momento que por suposto foron desestimadas polo goberno. A opinión da comunidade educativa en xeral, me consta que foi olvidada.

    Ademais a ANPA tivo que escoitar de Manolo Vilar, nunha reunión informativa ós pais, na que actuou disfrazado de pai de alumno pero no seu papel de político, que todo era mentira e unha manipulación.

    A seguridade vial en Covaterreña é moi preocupante, non hai mais que ir por alí en horario de entrada e saída de clases e observar, parece increíble que aínda non pasara nada, sobor de todo os días que chove.

    Persoalmente, neste tema me sinto impotente, porque dudo que realmente se comprenda a gravedade da situación.

    Un saúdo

    Comentario por Laura Míguez — 11 novembro 2008 @ 23:16

  5. laura ti me coñeces cando a ampa lle faga falta unha man conta con ela estou pola labor de todo o que se faga polo ben tanto de adolescentes como dos mais pequenos un saudo e vos como anpa non vos desanimedes …FORZA ..ANPA E TI LAURA UN SAUDO

    Comentario por maria — 12 novembro 2008 @ 0:00

  6. espero que os prosimos que tomen conciencia de este problema xexan aqueles que tamen teñen fillos e que nos representan e que tamen lles pagamos pola seguridade dos nosos fillos que son sincomparacion mais importantes que os arboles e que o mercado un saudo señores governantes apreder de baiona consciente e dos ciudadans un saudo

    Comentario por maria — 12 novembro 2008 @ 0:09

  7. tamen gustariame dexar claro que eu falei con o bng e con o psoe e que se portaron moi ben que tamen farian o que poidera e o feito de que tamen estan ai e que o dixeron no pleno ao señor alcalde que non se dignou nen a decir nada de nada coma todo que non lles interesa u saudo

    Comentario por maria — 12 novembro 2008 @ 0:35

  8. hoxe tamen falei con o director de covaterreña donde tamen comentou este problema moitas veces e logo que queren mais os governantes de baiona dixollo a anpa… dixollo director covaterreña ….dixollo o psoe ….dixollo o bng ….tamen comentao baiona consciente ….tamen comenteillo eu …enton que queren os nosos governantes …que pase ..o esperan a que pase unha desgracia ….eu en esta paxina que tamen a lee o señor almuiña pidollo polos nenos …….por favor señor almuiña poña todos os dias presencia policial para evitar que poida pasar unha desgracia ….espero que o faga anticipadamente …grazas e un saudo

    Comentario por maria — 12 novembro 2008 @ 11:12

  9. baiona consciente para como vos sodes sinceros e directos amin contal que me deixedes transmitir as miñas opiñon e que poidan poñer un graniño de area pra canbiar a baiona eu xa me quedo contenta un saudo e grazas

    Comentario por maria — 12 novembro 2008 @ 11:21

  10. Que tempos aqueles, en que os semáforos controlaban a rúa de Elduayen, tiñamos unha soa carreteira para ir ata Ramallosa e cruzar o mercado os luns, e sair do colexio de Covaterreña sempre con coidado, pero recordando de sempre o municipal alí controlando que a salida dos escolares transcorrise sen problemas, saías e alí estaba Xacinto ou outro velando pola nosa seguridade.

    Vese que os tempos nos levan a outras situacións, nalgunhas cousas se mellora, e noutras vaise para atrás.

    Na web do concello, sobre a concellería de seguridade ciudadana di “la plantilla del cuerpo de Policía Local, cuenta con 1 responsable técnico, 3 mandos intermedios, 7 agentes y 3 auxiliares de policía, que prestan un servicio de 24 horas. En los meses de verano, la plantilla se ve reforzada por 12 auxiliares más”. De sobra son coñecidas por todos as demandas da policía local de mellora da súa situación, e de aumento da plantilla. Descoñezo se esta información está actualizada. En todo caso parece que a plantilla queda curta, por que non costa tanto mandar a un axente a controlala saida ou entrada dos escolares.

    Caso aparte é o do PXOM que xa levo lido por aquí algunhas críticas, merecería un estudio máis detido.

    Como sempre, o Concello realiza accións “Ex-post”, se ocurre algo na saida do colexio, envíase un axente, en lugar de tomar medidas “Ex-ante”, anticiparse os posibles problemas que alí podan xurdir.

    Improvisación, menos mal que ahí temos a Manuel Vilar, que nos leva a dianteira en canto a medidas de anticipación, que como ben di María, estase a anticipar ó inverno ca caida das follas das árbores. Se fose concelleiro de seguridade ciudadana, outro galo cantaría.

    Comentario por barrabí — 12 novembro 2008 @ 15:33

  11. tamen gustariame recalcar a necesidade que teñen os nosos adolescentes pra ter un transporte os do centro por favor que vai o autobus libre …ala que aconselleira de educacion do noso concello por favor que se poña mans a obra que non poden ir andando cando chove que con as cousas que estan pasando e tamen moi serio un saudo

    Comentario por maria — 12 novembro 2008 @ 17:28

  12. Non deixas títere con cabeza María, a ver se alguén que esté a ler esto acaba facéndote algo de caso. Sería bo.

    Comentario por barrabí — 12 novembro 2008 @ 23:04

  13. barrabi esto que dis que e bo o malo se ti pensas que preocuparse do benestar dos nosos nenos e adolescente para que teñan mais seguridade e servizos e benestar no e deixar titere con cabeza pos tedirei que bou a continuar por que este tema pra min e moi serio un saudo

    Comentario por maria — 13 novembro 2008 @ 0:05

  14. hoxea policia local estubo a entrada …..NON A SALIDA UN saudo

    Comentario por maria — 13 novembro 2008 @ 21:11

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress