Leccións medio ambientais
A imaxe, máis que nunca, vale máis que mil verbas que podamos escribir. O señor Almuiña ensina ao Concelleiro de Medio Ambiente a non contaminar. O manexo do embudo por parte do Alcalde é maxistral e o señor Vilar toma boa nota da lección. Será que él está máis afeito a traballar con outro tipo de utensilios de cociña, como as sarténs ou os cazos.
Logo da ironía cómpre unha loubanza pola iniciativa. Por fin vemos ao Goberno Municipal baionés colaborando coa Xunta na consecución do benestar para os baioneses. ¡Ah, nonn! Dinnos que o convenio ñe coa Diputación Provincial. ¡Qué despiste!
Desta vai. A iniciativa non pode recibir máis que loubanzas, segundo os datos ofrecidos pola nota de prensa do Concello, Baiona ten contaminado doce mil millons de hectolitros de mar nos últimos vinte anos. Unha cifra que debería remover moitas conciencias e sacar os cores a moitos. Hoxe en día temos a suficiente conciencia como para saber qué é bo ou malo para o noso entorno e por conseguinte para nós mesmos, que somos os que o disfrutamos. Non podemos deixar de recordar que os conceptos que hoxe se asumen como normais os estaban divulgando grupos ecoloxistas e partidos minoritarios hai xa moitos anos. Daquela a hoxe pasou moito tempo como para que alguén se percatase que incluso hai negocio na reciclaxe e no tratamento de residuos. Sen tempo non era e polo menos chegouse a un notable progreso.
Agora sería convinte que, xa que as Administración porá nas nosas mans medios para reciclar os nosos aceites, deran un paso máis cara adiante e aspectos coma éste se reflexasen na obligatoriedade á hora de construir en Baiona. Si cada edificio novo que se constrúa ten a obligatoriedade de dotar aos seus ocupantes de colectores comúns no mesmo edificio ou nas súas cercanías, o proceso será moito máis sinxelo de levar a cabo.
Señor Almuiña e Señor Vilar, ao César o que é do César, noraboa pola iniciativa e que todos disfrutemos dela e outras similares con máis frecuencia, é o que Baiona precisa.
chúzame - 

todas iniciativas son boas pero ….a os nosos governantes canto lles gusta sair nas fotos e facer ver que en baiona so esisten minimos problemas … un saudo
Comentario por maria — 12 novembro 2008 @ 21:47
Certo María, pero hai que vender fume, pese a que a iniciativa sexa máis que boa, e o que apunta BC tamén o sexa. Todo moi innovador.
O que me extrana a min é que o Sr. Alcalde ensine ao concelleiro de medio ambiente como se fai eso, pensei que o Sr. Vilar levaría a dianteira, xa que é cousa da súa área.
En fin, con esta imaxe tan de andar por casa ao máis puro estilo “Escenas de Matrimonio” (Por ahí non Avelino), voume cun sorriso para cama e ca sensación de que Baiona é un sitio máis maravilloso que fai 24 horas.
Comentario por barrabí — 12 novembro 2008 @ 23:02
Ojalá sea la primera de muchas más de este tipo.
Comentario por Alvaro — 13 novembro 2008 @ 9:31
SISI E MOY BONITO AS PRACTICAS MEDIOAMBIENTAIS QUE NOS OFRECEN OS CORRUPTOS DO AYUNTAMENTO BAIONES ,, DESDE FAI MAIS DE DOUS ANOS ESPERO A ELIMINACION POR PARTE DE ESTA CORPORATIVA DA ELIMINACION DE UNHA INDUSTRIA QUE EMITE CONTAMINACION ACUSTICA ,, PERO PARECE SER QUE OS DO CONCELLO NON SABEN QUE O RUIDO EXCESIBO TAMEN SE LLE CHAMA CONTAMINACION …..
Comentario por juan — 26 novembro 2008 @ 14:40