Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Inacción, ¿ou qué?

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, novembro 13, 2008

Inacción, ¿ou qué?

No noso concello non pasa nunca nada ou non nos damos conta de que non está a pasar. Pérdese moito tempo en buscar culpables pero nunca en atopar solucións. Son múltiples os casos e falaremos deles en xeral, porque ao fin e ao cabo a raíz do problema é o mesmo.

Primeiro foi a Galescola que se eternizou na súa inauguración. Nenos que poderían ter accedido á gardería están hoxe estudando xa en Covaterreña ou Fontes. Logo foron as obras de acondicionamento do Casco Vello, seica non había quen subministrara pedra. Agora temos o caso do Centro de Día, resulta que a empresa adxudicataria está sometida a concurso de acreedores e no Concello non sabían nin papa. A rotonda do camping enquistouse por vai tí saber qué conflicto competencial con Política Territorial. Outro tanto no caso dos verquidos ao Esteiro da Foz. De vivenda protexida mellor non falar, primeiro vendíase o aproveitamento urbanístico e agora se empregan as parcelas como vertedoiros. Cada vez que se inicia unha obra fundamental para Baiona ou hai unha posibilidade de servizos para a cidadanía xurde un atranco que os retrasa ineludiblemente. Non falemos xa do retraso na aprobación do PXOM, isto xa é un mal endémico en todos os concellos galegos.

Pode ser que alguén nos teña mirado mal ou teñamos que vencer a unha maldición. Iso ou é que hai incapacidade na xestión ou falta de control na execución das obras. Sexa cal sexa o problema debería o Goberno Municipal reflexionar sobre o acontecido ata o de agora e porse a traballar nunha solución, porque finalmente quen paga os pratos rotos, coma sempre, son os veciños de Baiona.

Dito isto, os partidos da oposición non só deberían traballar no eido da reclamación e ben poderían aportar solucións, levalas a Pleno e mesmo traballar conxuntamente con quen nos goberna para que todo vaia a bo porto e Baiona progrese no benestar dos seus cidadáns. Xa sabemos a resposta a isto, claro, si o Goberno Municipal non quere colaborar qué poderán facer PSOE e BNG. Algo poderá facerse, ¿non si?

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:56  

5 Comentarios »

  1. empezo a miña critica decindo que apolicia local so chegou a escola covaterreña faltaban 2 o 3 minutos para as 9 h…cando a escola pra primaria empeza as 9h….en baiona so podo decir que pasa o que fan algo, bo pra o cidadan de cada 10 malas 1 boa eu non sei por que botan as culpas aos demais como como por exemplo botan ..as culpas. .. ao bng …. psoe ….baiona cosciente arma arroxadiza ….falta de respeto …pouca transparencia acia o cidadan ….pouca o ninguna informacion por que non saven ou non queren que non sei cal e peor ……tamen botanlle as culpas moi ameudo a ISBEL dominguez ..como se fora ela e presidenta de galicia supoño que antes que ela tendra mais responsables ….o chaman mentirosos a os cidadans enton todo isto pasa en baiona ……e despois so falan de poda enton ……..que …..tamen quero decir que estan intentando que o grumir funcione coordinado tamen para baiona .. para que……. vexa señor alcalde que eu non so coma vostede que cando e xusto tamen o digo e eu como cidadana de baiona digolle grazas ….despois tamen lle diria que faga como en cangas que que algun politico que saliu honte en tele vigo preocupase tanto do tranporte do cidadan sobre o sergas como atencion que lle presta no ,que se trata de medicina eu non me sei explicar ben e teño un lote de faltas de ortografia pero sin cobrar nada preocupome de cousas que son mais importante e non salo na tele so por facer ver que en baiona bai….chahi …cando da pena un saudo o so falan da poda dos arboles

    Comentario por maria — 14 novembro 2008 @ 10:02

  2. Gobernar non significa somente por en marcha proxectos,e preciso un intenso traballo de xestión que resolva os problemas que van surxindo, claro que para iso e preciso adicación e capacidade, e precisamente en este goberno non e o que mais abunda, ou acaso non vos dandes conta que o alcalde practica o victimismo para votar balons fora?, si e con a cotop, a culpa e de isabel, sie a galescola ou o centro de dia a culpa e do BNG e pola calada os vec´ños que van a visitalo a alcaldia dicelle que claro si tivese maioria absoluta seria de outro xeito pero como depende do seu socio non pode actuar como él quisera, pobriño que pena me da, estos comunistas que estan na xunta son os culpables de todo menos mal que ten a deputación.

    Comentario por xocas — 14 novembro 2008 @ 21:02

  3. hoxe en area metropolitana si o alcalde e como dices tu xocas empezou con victimismo no no escoita a xunta e insinuou otra vez a isabel dominguez dixo unha frase o que eu mesma xa dixen en un comentario anterior …escoitar nas ruas e escoitar aos veciños que eles teñen que estar informados ,para informar despois aos veciños como dices tu xocas queixa sempre da xunta de galicia …..por que non de diputacion ….como afesta da lura non na hai en ningun sitio por iso afan en baiona ….como e posible que co a que esta caindo e aque bai a cair esten envestigando donde ai ou non ai a festa da lura se a lura e da pesca mriñeira ……facedes afesta da lura ….e logo aos mariñeiros no un saudo todo isto dame pena ……para que vos escoiten ….empezade vos a escoitar e veredes que todos ganariamos un saudo

    Comentario por maria — 14 novembro 2008 @ 22:24

  4. tamen escrivo o que eu sinto …estou sentindo que todo unha burla e que se rien da necesidade da xente e da ignorancia de moitas cousas …..e asegurovos que non falo nen en favor nen en cotra so e o que vexo na rua e nos veciños un saudo

    Comentario por maria — 14 novembro 2008 @ 22:29

  5. Se fai falta xestión, que se adiquen menos fondos a irmanamentos (coa adicación exclusiva incluida) e máis a ter profesionais adicados, por exemplo, a unha oficina de desenrolo municipal. Sería só un exemplo, ¿non si?

    Comentario por baionaconsciente — 15 novembro 2008 @ 21:30

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress