A grandes problemas, grandes solucións
Xa tiñamos comentado o fervor ecoloxista que tiña amosado recentemente o BNG de Baiona. Nesa mesma anotación remarcabamos a denuncia expresada polos nacionalistas por un bidón abandonado nas costas de Baredo.
Todos sabemos que a denuncia caiu en saco roto e o bidón aínda segue en Baredo. Pero parece ser que alguén decidiu que a grandes problemas, grandes solucións.
Resulta que apareceu pintado no bidón o símbolo da radioactividade e o texto "CAUTION". A nadie se lle escapa que esta inxeniosa iniciativa, que ten espantados aos pobriños turistas que non saben da historia, ten un certo "tufiño" nacionalista.
O caso é que na primeira denuncia, a oficial, non se produxeron consecuencias. Neste segundo caso, a repercusión mediática é tal que ocupou cáseque unha páxina enteira no Faro de Vigo.
Noraboa pola desenfadada iniciativa, veña de quen veña.
chúzame - 
