Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Affaire Punto Playa

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, novembro 14, 2008

Affaire Punto Playa

Finalmente o Señor Manuel Vilar saíuse coa súa e logo de realizar múltiples averiguacións e indagacións puido por fin atopar as probas acusatorias do vicioso uso que andaba a facer o Punto Pasión Playa da concesión municipal que se lle otorgara. Os malpensados terán que calar a boca.

O máis curioso desta situación é ver a Manolo Vilar defender con vehemencia a protección da Rede Natura 2000. Todos temos un pasado e o do Señor Vilar ven precisamente do ecoloxismo. Pasará á historia de Baiona por ser o Alcalde que asinou o acordo con SOGAMA ou o que aprobou o colector ao medio da ría de Vigo. Sen tempo non era que se puxero do bando do respeto ao medio ambente, igual podería ser igualmente estricto co Camping da Ladeira, unha atrocidade medio ambiental que os propietarios do mesmo xa teñen amortizado sobradamente.

E a historia non ten máis, si os xerentes de Punto Pasión cobraban polo coidado das embarcacións varadas estaban a incumplir o acordado e ao incumplir é lexítimo que desde o Concello se rescinda a concesión, repondo a legalidade que ata o de agora non se cumpriu, supostamente.

O certo é que levamos unha semana no que a cuestión medio ambiental está a cobrar unha vital importancia. O Señor Vilar quere facer os deberes e o Señor Almuiña moi amablemente lle cede o protagonismo que ata o de agora estaba levando nos medios. Pode ser que todo sexa unha campaña para calmar egos frustrados ou pode que simplemente sexa que o señor Vilar finalmente comece a demostrar que pode facer labores de goberno con sentidiño e prudencia. Esas risas de fondo son moi negativas, señores, todo pode pasar nesta vida, sobre todo si é para ben.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:58  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress