Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » ¿O PXOM baixo sospeita?

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, novembro 17, 2008

¿O PXOM baixo sospeita?

Cando os medios non fan máis que falar da crise e das medidas para combatila, en Baiona andamos con retraso e falamos da vella historia da corrupción urbanística. Unha pena porque pensabamos nós, pobres inocentiños, que Baiona se libraría do cancro do mal facer en materia de redacción urbanística. En todo caso, o publicado na Voz de Galicia non é máis que unha apreciación de que a fiscalía púxose mans á obra para, nunca mellor dito, fiscalizar as actuacións ao redor do PXOM baionés.

Sempre sostivemos que os problemas orixinados en Gondomar e Nigrán traerían un gran beneficio para Baiona xa que as mans manchadas do urbanismo se absterían de entrar no noso concello e o PXOM se podería aprobar con todos os controles posibles. A vixiancia da fiscalía será a tutela que arroxará maior claridade ao texto urbanístico baionés e nadie poderá decir logo que hai unha sombra de sospeita sobre él.

¿Pero qué pasará si a fiscalía atopa algo? Entonces nos sumiremos nunha espiral de denuncias, sospeitas e alporizados tumultos ao pé do Concello. Un repetirse a historia de Gondomar e Nigrán, un parar todo ata que as eleccións coloquen a cadaquén no seu sitio e un voltar a comezar de cero, namentres pouco a pouco as actividades productivas languidecen ou emigran no noso concello. Agardemos que os nosos políticos teñan a suficiente cabeza como para que non se repitan os erros dos veciños.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:52  

7 Comentarios »

  1. BC dices absteranse de entrar no noso concello?sera que se absteran os nosos especuladores por que moitos outros estan mas que arraigados eiqui, e para mostra un boton, so tes que darte una volta por ai.Pena que isto da fiscalia nun fixese estas investigacion anos atras cando chicho e VILAR ,outro galo nos cantaria.unha aperta

    Comentario por buxo blanco — 18 novembro 2008 @ 9:09

  2. Apreciado Baionaconsciente (como ves es mútuo), no deja de sorprenderme que digas que: “A vixiancia da fiscalía será a tutela que arroxará maior claridade ao texto urbanístico baionés e nadie poderá decir logo que hai unha sombra de sospeita sobre él”. El tema del urbanismo a llegado a tales niveles de oscuridad que de lo único que se habla es de si hay delito o no. ¡Hombre, faltaría más que hubiera delito (aunque la impunidad sea rampante)! Conviene no obstante recordar que el urbanismo más preocupante, el de la conversión en solar de todo el territorio nacional se hizo precisamente con la ley en la mano (del PP). No por ser legales las consecuencias fueron peores. Aparte del juicio penal que un acto merezca, creo que no se debe olvidar que hay otros juicios que pueden emitirse sobre él, no el menos relevante el político: como decía con otro motivo en otro post, lo que es preocupante es el hecho en sí mismo de que un fiscal (que se mueve en el ámbito del derecho penal) se sienta obligado a indagar en unas actuaciones. ¡A qué nivel hemos llegado! Porque en otros ámbitos, en el político´desde luego, el juicio sobre el PXOM ya está hecho (en el weblog del PSdeG-PSOE de Baiona se le da un buen repaso). La inextricable maleza de viales tortuosos (¡algunos de ellos paralelos a la vía rápida!), renunciando a una vertebración y ordenación del territorio, la falta de dotaciones …. (ver la weblog) claro que merece un juicio. Y en ese juicio sin duda es legítimo preguntarse a quién beneficia, aunque no sea delito, y a costa de qué … y de quién. El avance del PXOM de Baiona es un desastre, y lo mejor que podría hacer el alcalde es retirarlo y volver a repensarse la cuestión. ¿Ves lo que quiero decir? Un saludo

    Comentario por Pepe — 18 novembro 2008 @ 9:39

  3. Qué razón tes, Buxo Blanco, somos uns inocentiños e moito máis logo de revisar algunhas actuacións previstas no novo PXOM. ¿A crise as fará inviables? Agardamos que sexa así, non están os tempos para ir a mercar paos de golf.

    Comentario por baionaconsciente — 18 novembro 2008 @ 9:51

  4. eu fago unha pregunta e respetando por suposto atodos e acada idea diferente que poidamos ter cada un de nos cando se fala de …benestar social en todos os sentidos ..non vos preocupa ..cando se fala da seguridade dos nenos nos vos preocupa .. cando se fala da falta de respeto e un largo etc nos vos preocupa ….pregunto isto e sobre todo por que tamen se di que os politicos de baiona no fan unha boa oposicion o etc ..preocupome dos nenos …pero cantos saliron dando a sua opiñon …. enton digo que se as cousas en baiona non van ben …eso culpa de quen ..dos cidadans que calan …dos politicos.. e no caso dos nenos por que si que se molestaron e escoitaron e siguen ao dia de hoxe …pero si dos cidadans que calaron ..non si …espero que non mo tomedes a mal pero en baiona pasa o que pasa por isto …e non digo sempre pero alguhas veces nos tamen somos culpables eu non son politica nen entendo pero si doume conta que todos xuntos se podria facer algo ………. por que non defendemos os nosos dereitos ..non estades cansos de calar un saudo

    Comentario por maria — 18 novembro 2008 @ 10:38

  5. Hola Pepe, pois o Alcalde non só non retira o Avance de Plan senon que este próximo luns se leva a súa aprovación incial nun pleno extraordinario.

    Sen que a Consellería de Política Territorial o teña devolto a Baiona, coas súas suxestións para correxir.

    COMEZA A GUERRA, EN BAIONA.

    Comentario por Xan — 18 novembro 2008 @ 18:52

  6. Mal asunto se falamos de guerra. Agardamos que somentes se trate dun debate serio sobre o futuro de Baiona.

    Dun ano a esta parte tense modificado o mercado inmobiliario (¿quizáis desaparecido?) o suficiente como para que uns e outros modifiquen o seu discurso.

    Non temos moitas esperanzas de que isto chegue a bo porto. Sería unha pena ver sucesos como os de Nigrán, non digamos xa como os de Gondomar.

    Comentario por baionaconsciente — 18 novembro 2008 @ 19:58

  7. Creo que la aprobación inicial del plan en su estado actual es una mala noticia. La fase de alegaciones que se abre ahora hará inevitable mirar hacia las concellerías responsables, porque las cartas locales están dadas. El desmenuzamiento de los argumentos de unos y otros sólo tendrá sentido si hay una autoridad superior capaz de vigilar el correcto cumplimiento de las normas, y si esas normas son lo suficientemente exigentes. Ese tener que mirar hacia fuera no deja de ser inquietante, pero no veo cómo no. Espero firmemente que el Gobierno de la Xunta sepa traer un poco de orden a lo que se anuncia como una maraña de promociones y legalizaciones. Y que sepa frenar los desarrollos urbanísticos que no tengan asegurados los servicios básicos y las comunicaciones sin detrimento de los que ya son vecinos de este concello. Sin tonos bélicos, comenza a chover e non parece que sea meudiño. Un abrazo

    Comentario por Pepe — 18 novembro 2008 @ 20:01

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress