PXOM, a historia continua
Comezamos hoxe agradecendo a Diego a contribución co seu enlace na anotación de onte e ao Concello porque por fin teñen atendido as infinitas peticións de que publiciten as datas dos Plenos, xesto que debemos recoñecer e que honra ao señor Alcalde e o seu grupo de goberno. Todo é comezar por estes pequenos pasos e acabar por ter unha xestión política con toda a transparencia que se merece.
Finalmente se confirmaron os rumores e as afirmacións máis ou menos oficiais, xa que o portavoz do BNG xa o afirmara nun comentario de onte, de que o Luns 24 de Novembro será a data de comezo do período de alegacións ao PXOM. O máis preocupante do caso será que, parece ser, a Consellería de Política Territorial non informou sobre o texto urbanístico. Pero, consultando a Lei, resulta que o proceso de consulta á Xunta non é obligatorio se transcurriron tres meses desde a solicitude do mesmo. Xa que logo, a espera pode considerarse suficiente e os trámites deberían seguir o seu curso.
Pode ser que desta vez tamén todos os partidos políticos comecen a falar concretamente de diversos aspectos do Plan, como qué pensan de que se proxecten dúas inmensas zonas deportivas (léxase campos de golf para o que non sexa inocentiño da vida), unha delas rodeada de fabulosos chalets (o que ideou isto igual muda de idea, vendo o que está a caer), ou qué pasará coas enormes zonas urbanizables que rodean Baiona e algunhas parroquias, ou mesmo si as zonas dotacionais están ben repartidas ou non e si son suficientes.
A nós gustaríanos que se fixesen unhas mesas redondas nas parroquias e no Auditorio onde os representantes políticos, a través dun moderador imparcial, expuxesen as súas ideas sobre o PXOM presentado e recibisen as opinións dos veciños. Sabemos que o urbanismo non é cousa de dúas tarde e listo, pero todos sabemos que unha liña pode levarnos a casa ou multiplicar o valor da nosa leira. Os políticos ben deberían ter iso en conta antes de querer colarnos fantásticas ideas e castelos de cristal que quedan moi bonitos nos planos pero que nunca chegan a plasmarse na realidade.
chúzame - 

Hay tanta transparencia que los vecinos, un año después, siguen sin conocer lo siguiente:
.Estudo de Sustentabilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico adaptado ás directrices da Consellería de Medio Ambiente para o cumprimento da Lei 9/2006 do 28 de abril de avaliación do plan sobre o medio.
creo recordar haberlo pedido aquí en su momento y, con toda seguridad, en la primera nota de prensa que sacó la ejecutiva del PSOE al respecto.
Por otra parte, el mismo PXOM dice:
“A Documentación escrita confórmana os seguintes documentos que están adaptados á lexislación vixente, Lei 9/02 modificada pola Lei 15/04 e pola Lei 6/2007″
es decir, para que la tramitación cumpla la legislación deberá cumplir, cuando menos, lo que digan las modificaciones de la L9/2002.
En relación a las mesas redondas, creo que el tiempo adecuado para ello era justo el que acaba el lunes.
Un saludo,
pd: y otro día hablaremos de la comisión sectorial
Comentario por Diego — 20 novembro 2008 @ 11:18
Pois a min a proposta das mesas redondas que fai BC pareceme muy interesante.
Podriamos falar do Pepchab,do Pxom,da comision sectorial o do que sea.
O que me parece que non e de recibo e que ningun dos partidos politicos con representacion no Concello o sIn ela acepte a invitacion.
E despois piden botos
Comentario por AIXIÑA — 20 novembro 2008 @ 21:55
¿Porqué non lanza o reto algún colectivo ou mesmo algún dos partidos?
Na comisión sectorial de mañá sería un bo momento para plantexalo.
Comentario por baionaconsciente — 20 novembro 2008 @ 21:58
BC –XULLO 2008-PUNTO DE INFLEXION
Dice :
Grazas a Pinto, Pietro, Rovasa, pentamaster, ivan, hpimu, barrabí, SOS Groba, Marcote, Roberto, cerne, BNG Baiona, Castro e Ladeira, alvaro, xocas, Diego, Pepe, sevento, Xosé Enrique, Raúl, píntiga, Gori, Aldara, jose, Gulo, Nerea, Fon, Adrián, axouxere, juan, pedro, sjuton, OC, Chínfano, RUXERUXE, Baionés 100%, Begoña, Pedro Telmo, Baionés, Cachingas, Manda Baiona, Pepe2, javier, Ana Mª Rodríguez, Xan, anxo, Manu, Ana, avergonzada!, Socorro, Sara, Txap e finalmente María.
14.000 visitas e máis de 600 comentarios nos contemplan, …., a pesares de que hai moitos aos que non lles gusta esta iniciativa, quizáis porque é como verse nun espello onde as verdades non se poden ocultar…..
O único obxectivo no que fracasamos foi o de ter unha voz permanente do Partido Popular entre nós. Do PSOE Diego danos o seu punto de vista, do BNG Xosé Enrique e Ana visítannos habitualmente, pero do Goberno Municipal non hai nin un só comentario. Gustaríanos que nos fixeran ver o seu parecer, que debatiran cos nosos compañeiros de debate. Un pouco frustrante, pero non por elo cexaremos no empeño.
Continuaremos………
Comentario por AIXIÑA — 20 novembro 2008 @ 22:40
¿Qué queres decir AIXIÑA? Non vemos a relación do teu comentario co expresado na anotación.
Un apuntamento, a día de hoxe os comentarios sobrepasan os 1.400 e as visitas promedian entre 5.000 e 6.000 mensuais.
Comentario por baionaconsciente — 20 novembro 2008 @ 23:17
En primer lugar, para que no existan dudas, no he dicho que no apoye la creación de mesas redondas. He dicho que no me parece el momento adecuado. Es más, hemos perdido casi 1 año desde que el alcalde presento el documento inicial en el Auditorio en el que se podrían haber hecho unas cuantas.
Después de la aprobación inicial se abre un periodo de información pública a los vecinos y presentación de alegaciones. En este proceso los vecinos afectados contratarán servicios de asesoría o abogados para preparar sus legítimos recursos en defensa de sus intereses por lo que creo que hay que respetar la tramitación.
IMO, si quisieramos mesas redondas deberían realizarse fuera del periodo de alegaciones para que los vecinos tengan la información y los plazos adecuados para defenderse (que es para lo que se establece este periodo)
Contraejemplo:
Realizamos una mesa redonda en el Auditorio el 19 de Diciembre de 2008 y en ella se decide, por ejemplo, trazar un nuevo enlace a la AG57. ¿Qué hacemos después? ¿Suspendemos el periodo de alegaciones, modificamos el documento y comenzamos de nuevo?¿Qué pasa con los nuevos vecinos afectados?¿Ampliamos el plazo de alegaciones?
Saludos,
pd: y otro día hablaremos de los partidos políticos
Comentario por Diego — 21 novembro 2008 @ 13:36
Quero decir que cada vez hay mais xente en Baiona que participa en facer un pueblo donde todos seamos escoitados e respetados e que estamos pedindo que os nosos politicos (todos )se comuniquen cos veciños cara a cara e que se deixen de peleas entre eles para que entretodos podamos facer un pueblo donde vivir.
Quero decir que todos os que estamos (segun BC a día de hoxe os comentarios sobrepasan os 1.400 e as visitas promedian entre 5.000 e 6.000 mensuais.)
somos os que decidimos quen manda no concello e que continuremos intentando que de este pueblo un dia sea un pueblo para todos e non para uns poucos .
Comentario por AIXIÑA — 22 novembro 2008 @ 0:29