Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Periodismo de calidade

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, setembro 3, 2007

Periodismo de calidade

periodismoUnha comarca que quiera ter consciencia de seu debe ter unha voz e uns medios de comunicación propios, que publiciten as actividades, iniciativas e inquietudes que se produzan no seo das súas organizacións e colectivos.

Esta labor a levou a cabo varios anos o malogrado Nano Cambeiro, símbolo do periodismo transparente e inquieto que resistiu ata a extenuación, cun periódico exclusivamente adicado ao Val Miñor.

Os tempos mudaron as circunstancias e hoxe en día se poden recurrir a medios de comunicación máis avanzados e sen a necesidade de grandes recursos materiais, como pode ser o bloge de Baiona Consciente. Temos que recoñecer que algo de culpa ten o querido Nano nesta iniciativa, se non o tiveramos coñecido e non nos infundira aquelas ansias de comunicar aos demais o que estaba pasando no Val, quizais hoxe non estariamos escribindo estas liñas.

Pensabamos que trala desaparición de Nano Cambeiro xa nadie querería coller o relevo e tentar un medio de comunicación comarcal, fóra das tendenciosas garras dos grandes medios de comunicación. Pero nos levamos unha grande sorpresa cando coñecimos valminor.info. Ata o de agora, o xornal dixital de Pedro Telmo non facía máis que recoller unha serie de novas da comarca que aparecían noutros medios de comunicación. Hoxe o proxecto de valminor.info pode considerarse coma unha grande aposta da comunicación miñorana.

Desde Baiona Consciente queremos animar a todos os nosos visitantes a que visiten diariamente www.valminor.info, queremos que sexa o medio de comunicación dixital de referencia no Val e non imos parar ata acadalo.

Quen non coñeza a Pedro Telmo debe saber que este ano recibiu o Premio de Xornalismo Nano Cambeiro neste mismo ano, galardón otorgado polo Instituto de Estudos Miñoranos, en recoñecemento ao seu traballo periodístico. Plasmamos aquí unha breve biografía de Pedro Telmo, deixada polo IEM na súa páxina:

Deseñador gráfico miñorán que impulsou o proxecto valiminor.info hai 3 anos.

Anos máis tarde orientou o seu traballo profesional cara o deseño de aplicacións informáticas e entornos webs. Na actualidade é responsable de deseño e comunicación na empresa galega de enxeñería Iterdata Networks.

Outra das súas grandes paixóns deste deseñador é o Val Miñor, que conxugado coa súa actividade profesional e cun presuposto de 120€ anuais deu como froito o nacemento o 19 de Setembro de 2003 o portal VALMINOR.INFO que pouco a pouco foi medrando en contidos, novas, axenda de eventos, foros de discusión, enquisas, ...e mudando o seu deseño.
Nacía así un punto de encontro que permitiu impulsar novos proxectos de promoción do Val Miñor en todos os eidos : culturais, patrimoniais e turísticos.

No ano do 2003 VALMINOR.INFO recibiu dende o seu comezo en agosto 2.500 visitas reais. No ano 2004 recibiu 18.500 visitas reais. No ano 2005 recibiu 29.400 visitas reais. Neste ano 2006 leva unha media de 7.000 visitas mensuais que fan un total ata o día de hoxe 68.000 visitas. Isto supón un crecemento dun 79% dende o ano 2004. Conta cunha comunidade de 300 usuarias e usuarios rexistrados que participan nos foros e están subscritos aos boletíns de información.

Ánimo Pedro, queremos verte a carón de medios de comunicación dixitais coma xornal.com ou vieiros.com e estamos aquí para apoiarte no que desexes. Sorte, de corazón.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 16:53  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress