Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Garabatas subversivas

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, setembro 11, 2007

Garabatas subversivas

Saiunos peleón o noso Alcalde, manda truco. Que todo un Alcalde do PP, partido "normal" onde os haxa chegue a realizar prácticas tan impetuosas como a protagonizada o día de hoxe, cando se "colou" na rolda de prensa do Presidente de Portos de Galicia.

Hai que quitarse o chapeu ante Sito Almuiña por unha iniciativa temeraria pero que o encumbra ante o pobo de Baiona. Se Mahoma non vai á montaña, a montaña vai a Mahoma, como ven dixo el mesmo. Xa que logo, como o señor Parga non recibe ao Alcalde de Baiona, o señor Almuiña vai a onde sabe que está o señor Parga.

Iso sí, algún compañeiro de aventuras debeu quedarse de pedra cando soubo que o beneficiado do concurso foi o Monterreal Clube de Iates. Feito que xa anticipabamos na anotación do Venres pasado, chamada "Mudando a cara dos interesados", na que falabamos da nova da Voz de Galicia no 2004 na que o Clube de Iates solicitaba a reordenación da lámina de auga. Tamén debeu de ser de poema a cara do señor Méndez cando se lle dixo que non ían pantaláns no proxecto. Ao mellor, se se tivese lido o prego de condicións do concurso de tería dado de conta de que no se permitía tal fechoría e, é máis, que se se produxese nun futuro sería motivo de resolución da concesión. Pode que o señor Méndez tivera sido manipulado polo Partido Popular nunha campaña de desprestixio da Xunta ou pode que o mesmo Patrón Maior participase desta manipulación, en ámbolos casos, non queda en bo lugar, por moito que tentase pórse en folga de fame.

Unha cousa é defender os intereses dos damnificados polo concurso e outra moi diferente é mentir. O señor Méndez e o Partido Popular ían decindo que a praia da Barbeira ía desaparecer e que ían encher a Doca de pantaláns. Craso erro, quedan có cú ao aire nese aspecto.

Que o señor Parga non presuma tampouco, porque o método de adxudicación tampouco é un exemplo de xestión limpa, sobre todo despois de ningunear ao pobo de Baiona, representado polo seu Alcalde. Pero parece ser que eses métodos non se eliminaron da Xunta por moito que o pobo galego votase o cambio. Tanto o PSOE có concurso da lámina de auga como o BNG có Parque Eólico ningunean á poboación e concellos afectados e, o que é peor, incluso aos seus compañeiros de partido, que quedaron en ámbolos casos totalmente desprotexidos e a velas vir.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:33  

2 Comentarios »

  1. Pero do Albarito I o concquistador da Groba, que opina o Sr. Alcalde?

    Comentario por Pietro — 12 setembro 2007 @ 12:00

  2. Haberá que ir a unha rolda de prensa súa e preguntarllo. Coido que o novo colectivo que se está a fundar debe realizar unha iniciativa semellante.
    Os grupos da oposición tamén deben preguntarlle ao Goberno Local qué se decía no informe favorable que emitiu o Concello.

    Comentario por baionaconsciente — 12 setembro 2007 @ 12:37

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress