Segredos baixo terra
Hai personaxes que xa perderon a vergonza e se permiten darnos leccións dos seus propios erros. O pobo de Baiona deu unha lección aos políticos nas pasadas Eleccións Municipais de Maio e penou a "Chicho" co destierro permanente do noso concello. A Manolo Vilar tamén lle mandou un aviso, pero os favores debidos aínda lle permitiron salvar a cabeza. Recoñecendo a súa habilidade para sobrevivir nun entorno tan hostil, ata acadou cotas de goberno nunca imaxinadas por un partido independente.
Hoxe nos sorprende este personaxe con que o saneamento debe ter separado as augas pluviais das fecais e que moita xente instalou o engache á rede pública ilegalmente. Moito disto ten que saber o seu compañeiro de viaxe "Kiko" y él tampouco é un ignorante e sabe de qué estamos a falar.
Que unha persoa que foi Alcalde tantos anos, o Alcalde da confrontación permanente, que instalou un tubo hacia a ría para alonxar as augas fecais das nosas costas, porque "o Atlántico eliminaría os residuos sen problema", nos veña agora a dar leccións de infraestructuras roza o esperpento.
Señor Vilar, é maioritaria a xente en Baiona que somentes quere unha cosa para o seu pobo, que vostede se marche para casa, que nos deixe en paz con tanta hipocresía e que deixe gobernar a xente máis capaz, que non é moi difícil atopar, por certo. Agora que por fínimos ter unha rede de saneamento en debida forma, a ver se pasan todos os partidos políticos pro esa depuradora e sanean a xente que os representan, Manolo Vilar non pasaría o filtro, está claro, pero nos demáis casos tamén se quedaría máis de ún enganchado, non nos enganemos.
chúzame - 
