Rizar o rizo
Resulta que agora, froito do concurso de Portos de Galicia en Baiona, vaise facer un novo porto deportivo. ¿Pero é que nadie sabe que como moito se podería falar de ampliación do Clube de Iates Monterreal? ¿Aínda temos que andar a aclaralo ou é que alguén quere inducir a confusión? Lembremos que xa estamos en precampaña e actuacións coma esta poden supór un importante trasvase de votos.
Os períodos electorais enturbian as actuacións da Administración e dos partidos políticos e como cáseque todos os anos hai algún comicio electoral, rar é a vez que non podemos falar de precampaña ou campaña. Neste caso xa estamos a falar de precampaña para as Xerais, cando aínda faltan seis meses. Unha vez rematadas as Xerais, xa teremos enriba as Autonómicas.
O caso é que o PP levou o asunto ao Parlamento a través de preguntas parlamentarias. Nunha desas preguntas se interroga sobre si se van a dar autorización ás obras. ¿De que obras está a falar? A concesión é para regular unha superficie con fondeos. Non é a primeira vez que o decimos, pero parece que non chega ás orellas de todos. Un só pantalán, sexa fixo a terra ou flotante, resolvería a concesión e o Clube de Iates perdería a mesma. É máis, fora o Clube de Iates ou fora Ronáutica, o único que buscaban era ampliar o número de socios, non construir un novo porto deportivo.
Cada vez nos queda claro que o PP e a Cofradía de Pescadores van da man só por motivos electoralistas, senón o Señor Méndez non se pasaría todo o Verán enganando aos turistas con mentiras ou descoñecemento, en calqueira dos casos, unha flata moi grave. Pena de xubilación, porque ese partidismo enturbiará o recordo que quede dél.
O tema xa repite e o problema é que xa non dá para máis, a pesar de que algúns queiran prolongar o debate agónicamente.
chúzame - 
