Archivos en la categoría Colectivos

Memoria de pez

barbeira

E somos xenerosos, porque o termo adecuado é neglixencia. Agora resulta que para tapar a praia da Barbeira hai que retirar area dun colexio. Ou o mundo está ao revés ou é que os nosos políticos pensan que só temos memoria a curto prazo. Afortunamente, as tecnoloxías avanzaron enormemente e existen as hemerotecas dixitais. Continua leyendo »

Reduzamos realmente o gasto do Estado

hosteleria

Moito se ten falado nestes días das medidas impopulares que tivo que tomar o Goberno de España para tentar atallar a crise económica e financieira que estamos a padecer.

Tamén tivemos que escoitar cantinelas, normalmente propiciados por medios de comunicación marxinais vinculados coa extrema dereita, como que porqué non se reducen gastos supérfluos como as axudas aos sindicatos, os coches oficiais (xa voltamos co mesmo) ou o número de ministros.

A verdade é que a eses argumentos non lles falta razón, o que sucede é que non profundizar demasiado no problema. Efectivamente, existen moitos gastos supérfluos nos orzamentos do Estado e, humildemente, sinalamos unha serie deles que nadie semella apreciar. Continua leyendo »

Arribada 2010

Arribada

Cómo pasa o tempo, temos ante nós unha nova edición da festa da Arribada, o licor café e os chourizos voltarán ás nosas rúas e voltaremos a ter un levantamento temporal do discurso anti botellón. Ao fin e ao cabo este botellón é moito máis fino porque trae turistas e vamos todos emperifollados como si na Idade Media Baiona fose un alarde de prosperidade e poboación burguesa acomodada. Continua leyendo »

Blogue parroquiano

Santa María de Baiona

Eis temos unha nova mostra de quen non distingue o institucional do persoal. Clockamos no enlace que puña “parroquia” na web do noso Concello, coa esperanza de que nos levase a un apartado onde se tratasen temas de Baredo, Baiña, Belesar ou Sabarís. Mesmo o deseño pouco traballado nos fixo pensar que igual era unha iniciativa dalgún colexio baionés para difundir a historia das parroquias, tan esquecidas sempre. Continua leyendo »

Cabodano da Volta dos Nove

Cemiterio de BaionaCita ineludible, agardamos que todos os nosos representantes políticos estén alí. Falamos de que hoxe é o 73 aniversario do asasinato dos nove homes na Volta de Baredo. Por tal causa, e coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos, farase unha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa no Cemiterio Municipal de Baiona, onde precisamente creuse que estaban soterrados (malia que nas recentes escavacións non se topou nadiña). Este acto terá lugar a partires das 12:30 horas da mañá.

Nin un só Consciente Baionés pode faltar. Vémonos alí.

O Ximbaleu bótase ao mar

naujaSemella que O Ximbaleu renaceu co II Serán á beira do mar e que de tanto pasalo ben nesa beira decidiron probar na outra. Velaí a nota de prensa que nos enviaron:

Embarca no Nauja, un antigo baleeiro construído en Dinamarca no ano 1930, e descubre os nomes do mar de Baiona e Panxón e os naufraxios, tristes ou non, que tiveron lugar na boca da ría de Baiona.

Sairemos de Baiona o próximo 27 de xuño ás 17.00 horas e voltaremos ás 20.00 horas.

Prezo: 18 euros (por adiantado)

Prazas: 35 (adxudicaranse por orde de reserva)

Organizan: O Ximbaleu Tramallo Cultural e a Asociación Cultural A Seneira

Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira

Teléfonos de contacto: 616 903 082 (Xosé Lois) – 654 838 212 (Alicia)

Un adeus que agardamos sexa un deica logo

náufragoEsta fin de semana nos sorprendeu moi desagradablemente a nova de que O Barril do Náufrago deixará de existir como fonte de debate crítico e socialista. Voltamos a sentirnos un pouco sós, a pesares de ter nós recibido máis dunha crítica visceral pola súa parte, pensamos que inxustificada. Continua leyendo »