Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Colectivos

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, setembro 22, 2008

Urbanizando o monte

Primeiro querían pistas de oito metros para chegar aos muiños de vento, logo inzar o mar de embarcacións recreativas e agora saen coa idea de asfaltar unha pista porque seica que hai quen vive en San Cosme. Os irrespetuosos co medio non paran de esquencer o importante que é o respeto ao medio ambiente e que debemos adecuarnos a uns mínimos e máximos na relación coa natureza que nos rodea. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:32  

mércores, setembro 10, 2008

Comeza o curso escolar

Nalgures vimos que se calificaba o novo curso escolar como "BNG: 1 - PSOE: 0", polo éxito das galescolas e os problemas que está ter a Consellería de Educación con cursos de 3 a 6 anos. Concretamente, no Val Miñor as Galescolas inauguran con éxito tres garderías, unha en cada concello e namentres a ruptura do convenio entre a Gardería "San José" e a Consellería de Educación alzou ao pais en contra da Xunta. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:37  

martes, setembro 9, 2008

¡¡¡Baiona é vila mariñeira!!!

Pois si, e non será pola réplica que vaia sufragar o noso concello da Virxe do Carme. A Cofradía de Pescadores, noutrora criticada polo amiguismo coas teses oficiais do Concello no tema do conflicto con Portos de Galicia, hoxe debe recibir os parabéns e loas unánimes de todas as forzas vivas baionesas. Somo pioneiros na comercialización do percebe enlatado e nos aventuramos na iniciativa do paté de percebe. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:21  

xoves, agosto 14, 2008

CAHIBA contra a KK

kkdecanSi recordamos a anotación de hai un par de meses, xa diciamos que a asociación CAHIBA non nacía precisamente cun cheiro moi bo. E polo camiño que van semella que non nos equivocabamos tanto. O seu obxectivo no Verán é que non nos enchamos de merda, con perdón. Podían comezar por algúns contratistas, propietarios e políticos que posibilitaron auténticos enxendros no Casco Vello baionés. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:20  

martes, agosto 5, 2008

Terra á terra

terra á terraEsta fin de semana Nely Pillado obsequiounos cun interesante artigo sobre certas actuacións da Comunidade de Montes de Baiña. Unha de cal e outra de area, poderiamos decir. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:23  

xoves, xullo 10, 2008

A guinda do pastel

manifestacion baionaPois vai e perdemos a única bandeira azul que tiñamos este Verán. Menos mal que somos Municipio de Excelencia Turística. ¿Serviunos esta calificación para algo máis que para enchufar a un achegado de Manolo Vilar que logo pasou á Diputación Provincial?

O inspector de ADEAC, encargada de conceder as bandeiras azuis, anunciou que Baiona perde provisionalmente a súa na Ribeira, (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:27  

mércores, xullo 9, 2008

Balance

ANTES

praia da barbeira

DESPOIS

soterrando a barbeirasoterrando a barbeira 2

Pois semella que ainda nos queda moito traballo por percorrer. Consciencia hai en Baiona, mais non cremos que a suficiente. Agora lanzamos unha pregunta pícara, tendenciosa ou, porqué non decilo, con mala intención: ¿tería habido maior contestación cun Alcalde doutra cor política? (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:17  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress