Agora resulta que nos enteramos que o señor Alcalde ía camiño de Santiago (que xa ten inri que o Presiente de Portos teña o despacho en Santiago) para falar co Presidente de Portos e deu media volta cando se enterou do cartel na Doca. ¿Pero non sería máis lóxico continuar a viaxe e pedir explicacións en persoa?
Pensándoo ben, foi todo un detalle pola súa parte a deferencia que tivo cos grupos da oposición, porque poidendo vender o carácter negociador e defensa dos intereses de Baiona, preferiu ceder o protagonismo a todos os grupos do concello e, finalmente como sempre desexamos, un tema importante para Baiona desbloqueouse co consenso de todos os grupos. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:22
Xa adicamos quince anotacións á cuestión da lámina de auga da Doca e resulta que aínda ten máis miga a historia. Agora a discordia xurde por un carteliño colocado ao inicio do espigón da Doca.Xa non sabemos a quen crer. Uns e outros tiran para o seu lado e os demáis acudimos a un espectáculo esperpéntico que non deixa de ter máis que compoñentes políticos.
A cuestión é que todos sabemos que a Doca é un tesouro público que interesa desde hai moitos anos ao Clube de Iates Monterreal. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 15:35
Neste mes de Decembro imos estar preparados para poder asistir ao Pleno da Corporación. Sendo o día 20 deste mes, hai quen non poderá asistir, por ter a familia fóra e coller eses días para visitalos. Pero a inmensa maioría estará aquí e debería facer o esforzo para poder acudir. Un concello con consciencia enche o salón de plenos, sexa á hora que sexa (léxase Gondomar). Non agardemos á aprobación do Plan Xeral para ir a presionar ou protestar, sería unha imaxe moi lamentable da masa social baionesa.
Para todos aqueles que non sepan onde e a que hora se celebran os plenos, sabede que soen comezar ás doce da mañá e que se celebran no salón de actos do Concello, na primeira planta. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:37
Hoxe o Faro de Vigo nos desvela que a xestión dos fondeos na controvertida lámina de auga entre a Doca e o Clube de Iates suporá a instalación de 260 toneladas de formigón para levalos a cabo. O cálculo é ben sinxelo. Se cada morto pesa 5 toneladas e se proxectan 52 fondeos, o resultado é un total de 260 toneladas.
Moitos defendían que non se ía "urbanizar" o mar, porque non se ían colocar pantaláns. Outros pretendían xustificar a súa oposición vendendo que se pretendía construir unha extensión do Clube de Iates de Ronáutica. Incluso houbo quen saiu á defensa das mariscadoras e mariñeiros.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:14
Recentemente gran parte da cidadanía de Baiona se manifestaba en contra de "urbanizar o mar" cando se concedía mediante concurso a explotación dunha lámina de auga.
Hoxe, vemos vaise ampliar o porto pesqueiro. Amplíase para instalar infraestructuras necesarias para os mariñeiros e mariscadoras. Se temos en conta que Ronáutica ainda ten pendente a metade do seu recheo, ¿non se tratan estes casos de urbanizacións directas no mar?
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:32
Resulta que agora, froito do concurso de Portos de Galicia en Baiona, vaise facer un novo porto deportivo. ¿Pero é que nadie sabe que como moito se podería falar de ampliación do Clube de Iates Monterreal? ¿Aínda temos que andar a aclaralo ou é que alguén quere inducir a confusión? Lembremos que xa estamos en precampaña e actuacións coma esta poden supór un importante trasvase de votos.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 17:35
Saiunos peleón o noso Alcalde, manda truco. Que todo un Alcalde do PP, partido "normal" onde os haxa chegue a realizar prácticas tan impetuosas como a protagonizada o día de hoxe, cando se "colou" na rolda de prensa do Presidente de Portos de Galicia.
Hai que quitarse o chapeu ante Sito Almuiña por unha iniciativa temeraria pero que o encumbra ante o pobo de Baiona. Se Mahoma non vai á montaña, a montaña vai a Mahoma, como ven dixo el mesmo. Xa que logo, como o señor Parga non recibe ao Alcalde de Baiona, o señor Almuiña vai a onde sabe que está o señor Parga.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:33