Archivos en la categoría Concurso Portos de Galicia

Portos de Galicia desembarca en Baiona

portos segundo o PP

E faino por todo o grande. Anuncian actuacións millonarias e, como non podía ser doutro xeito, para desfacer o feito polo bipartito. A polémica concesión entre a Doca e o Clube de Iates vaise cancelar, descoñecemos o custe que isto suporá en indemnizacións á concesionaria, e vanse facer actuacións na Doca, peirao e porto deportivo de Ronáutica. Continua leyendo »

Torpezas políticas

baia baionaAgora resulta que nos enteramos que o señor Alcalde ía camiño de Santiago (que xa ten inri que o Presiente de Portos teña o despacho en Santiago) para falar co Presidente de Portos e deu media volta cando se enterou do cartel na Doca. ¿Pero non sería máis lóxico continuar a viaxe e pedir explicacións en persoa?

Pensándoo ben, foi todo un detalle pola súa parte a deferencia que tivo cos grupos da oposición, porque poidendo vender o carácter negociador e defensa dos intereses de Baiona, preferiu ceder o protagonismo a todos os grupos do concello e, finalmente como sempre desexamos, un tema importante para Baiona desbloqueouse co consenso de todos os grupos. Continua leyendo »

A Doca é nosa

docaXa adicamos quince anotacións á cuestión da lámina de auga da Doca e resulta que aínda ten máis miga a historia. Agora a discordia xurde por un carteliño colocado ao inicio do espigón da Doca.Xa non sabemos a quen crer. Uns e outros tiran para o seu lado e os demáis acudimos a un espectáculo esperpéntico que non deixa de ter máis que compoñentes políticos.

A cuestión é que todos sabemos que a Doca é un tesouro público que interesa desde hai moitos anos ao Clube de Iates Monterreal. Continua leyendo »

Estaremos preparados

baionaNeste mes de Decembro imos estar preparados para poder asistir ao Pleno da Corporación. Sendo o día 20 deste mes, hai quen non poderá asistir, por ter a familia fóra e coller eses días para visitalos. Pero a inmensa maioría estará aquí e debería facer o esforzo para poder acudir. Un concello con consciencia enche o salón de plenos, sexa á hora que sexa (léxase Gondomar). Non agardemos á aprobación do Plan Xeral para ir a presionar ou protestar, sería unha imaxe moi lamentable da masa social baionesa.

Para todos aqueles que non sepan onde e a que hora se celebran os plenos, sabede que soen comezar ás doce da mañá e que se celebran no salón de actos do Concello, na primeira planta. Continua leyendo »

Urbanización submarina

fondeoHoxe o Faro de Vigo nos desvela que a xestión dos fondeos na controvertida lámina de auga entre a Doca e o Clube de Iates suporá a instalación de 260 toneladas de formigón para levalos a cabo. O cálculo é ben sinxelo. Se cada morto pesa 5 toneladas e se proxectan 52 fondeos, o resultado é un total de 260 toneladas.

Moitos defendían que non se ía “urbanizar” o  mar, porque non se ían colocar pantaláns. Outros pretendían xustificar a súa oposición vendendo que se pretendía construir unha extensión do Clube de Iates de Ronáutica. Incluso houbo quen saiu á defensa das mariscadoras e mariñeiros.

Continua leyendo »

Urbanizar o mar

porto baionaRecentemente gran parte da cidadanía de Baiona se manifestaba en contra de “urbanizar o mar” cando se concedía mediante concurso a explotación dunha lámina de auga.

Hoxe, vemos vaise ampliar o porto pesqueiro. Amplíase para instalar infraestructuras necesarias para os mariñeiros e mariscadoras. Se temos en conta que Ronáutica ainda ten pendente a metade do seu recheo, ¿non se tratan estes casos de urbanizacións directas no mar?

Continua leyendo »

Rizar o rizo

lamina auga baionaResulta que agora, froito do concurso de Portos de Galicia en Baiona, vaise facer un novo porto deportivo. ¿Pero é que nadie sabe que como moito se podería falar de ampliación do Clube de Iates Monterreal? ¿Aínda temos que andar a aclaralo ou é que alguén quere inducir a confusión? Lembremos que xa estamos en precampaña e actuacións coma esta poden supór un importante trasvase de votos.

Continua leyendo »