Todos sabemos que na firme oposición do goberno local ao concurso da lámina de auga na Doca está unha certa oportunidade política para darlle paos á Xunta de Galicia, gobernada na Consellería competente polo PSOE. O que moitos non recordan é que a solicitude para ordear esta lámina de auga partiu do Clube De Iates Monterreal e non de Ronáutica.
¿Qué cara se lle quedará a Manolo Vilar se a concesión é para este Clube privado que tanto beneficio sacou do noso Concello? Algún incrédulo pode pór en dúbida a información reseñada, por iso deixamos aquí o enlace á nova, publicada na Voz de Galicia en Setembro do 2004 .
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:39
Por fin se presentaron as sinaturas recollidas pola Cofradía e o Concello contra o concurso de Portos de Galicia na baía de Baiona. 5.500 sinaturas poden considerarse un éxito abrumador, sempre e cando no teñamos en conta que se facemos unha criba non han de ser tantas de baioneses, pero en fin, como medida de presión non está nada mal.
Namentres, na outra marxe da baía, Panxón reclama a construcción dun porto deportivo. ¿Temos que sinalar a paradoxa? É evidente que non.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:02
Namentres o PP anda preguntando no Parlamento que é iso de privatizar sen estar eles no poder (manda truco que teña que vir ún de Ourense a defendernos), o Presidente da Cofradía de Pescadores ameaza con pórse en folga de fame. Hai que ter coidado con qué se ameaza, só haiq ue ver os ridículos de Julián Muñoz e o "Solitario".
Tampouco nos imos quedar cunha imaxes do Presidente da Cofradía á maneira De Juana Chaos, pobriño (o señor Méndez) tampouco o merece, oh!.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:57
Non sucedeu no noso Concello, pero cómpre que tomemos exemplo. Novamente un gaseiro ficou bloqueado na ría de Ferrol, como podemos ler na Voz de Galicia.
Foron vinte embarcacións, un número menor das persoas afectadas pola privatización da lámina de auga en Baiona. Os mariñeiros e mariscadoras de Baiona sempre piden o apoio da cidadanía, pero non se mollan con iniciativas coma éstas, xa que teñen o perigo de seren identificados e tachados de perigosas persoas que pensan por sí mesmas.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:35
A Cofradía de Pescadores de Baiona acadou o seu obxectivo de chegar ás 5.000 sinaturas, segundo podemos ler na Voz de Galicia. Pero non se van a quedar ahí e tentarán aumenta-lo número, como medida de presión.
Namentres, Manolo Vilar, nos adoctrina con clases de ética. Manda truco que este personaxe fale de xente que "descubre grandes negocios", disto nos pode dar el grandes leccións, porque descubriu o gran negocio da política e é o día de hoxe que non o deixou. Pode ser que lle corroa a envexa porque non soubo exportar o modelo de aparcamentos soterrados ao mar e perdeu parte da tallada.
De momento, a corda segue tensa entre Concello e Xunta, o que lle pode reportar pingües beneficios ao PP de cara ás cercanas Eleccións Xerais. Un reforzamento nas urnas consolidaría o pacto de goberno e a figura de Sito Almuiña como Alcalde. Non nos cabe dúbida que ese é o principal obxectivo deste despliegue reivindicativo.
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:39
Agora a Cofradía de Pescadores se une ao hábito de recoller sinaturas como medida de presión ante Portos. O PP e o BNG levan tamén o problema ao Parlamento.
O Verán do 2007 se recordará como o da Lámina de Auga.
A Cofradía de Pescadores se movilizou considerablemente, quizáis tentando compensar a súa desidia cando se aprobou o recheo de Ronáutica.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:13
Lamentablemente, voltamos a perder unha excelente oportunidade de demostrar que a clase política ten a intelixencia e capacidade de obrar suficiente como para pensar somentes no ben dos seus cidadáns, por riba dos seus propios.
Aos membros dos PSOE debían de pitarlle os oídos, porque se lles votou moito de menos e podes costarlle moito explicar o sucedido.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 23:09