Archivos en la categoría Parque Eólico Albariño I

Renace a protección da Groba

eólicos ata na sopa

Xa tiñamos esquecido todo o rebumbio que se produxera a partires do 2007 pola instalación dun parque de aeroxeneradores na Serra da Groba. Unha polémica que se sumou a aquela campaña coa que tan fortemente azotaron ao bipartito no seu fin de mandato. estamos no 2.010 e ainda non vimos un só aeroxenerador no perfil dos montes, mais seguimos consumindo electricidade sin saber de ónde vén. Continua leyendo »

Nova xeira de SOS Groba

petroglifoSemella que a Facebook comeza a funcionar porque sinón non nos teriamos enterado da xeira que fará SOS Groba este Venres. A verdade e que tiñamos algo esquecido o blogue desta asociación ecoloxista, así que damos cumprida difusión a esta actividade que tamén nos valerá para recordar que sigue presente a espada de Damocles sobre a Serra da Groba e que nin facemos nada pronto veremos no perfil das nosas montañas os paos e aspas dun, seica, fructífero negocio que non redundará precisamente nos baioneses. Continua leyendo »

Patxi “O Bocas”

salvapatriasNunca un Conselleiro de Medio Ambiente tiña sido tan belixerante cos críticos. Tamén é certo que os ecoloxistas nunca tiveron sido tan críticos cun Conselleiro que polo menos vai avanzando no respeto medio ambiental. É certo que o plano acuícola non é perfecto e que a ampliación da Rede Natura “esquiva” certos problemas (ver informe de ADEGA e o punto de vista do BNG baionés). Claro que o BNG non debe tirar balóns fóra, a Consellería de Industria é nacionalista.

Desenrolo sostible é sinónimo de encontro na encrucillada, boa nota deberían tomar tanto “Patxi” Vázquez coma os grupos ecoloxistas.

Ver a raxada do Conselleiro en A Nosa Terra, o argumento “son uns salvapatrias baratos” non semella moi sólido. Diálogo, por favor.

Porqué?

sos serra da grobaDebido ao intenso debate que xerou a anotación de onte, gustaríanos anticipar a sección do Sábado a hoxe e deixar aquí un artigo de X. Manso sobre os motivos que moven a SOS Serra da Groba para oporse ao parque eólico Albariño I. Continua leyendo »

A pouco que buscas…

sos groba…atopas. SOS Groba volta á carga cun motivo máis para dubidar do proxecto de Eurovento. Desta vez se trata de restos arqueolóxicos cunha antigüedade duns 300.000 anos e que se atoparon sen apenas traballo.

Isto nos leva a concluir que unha prospección intensiva na zona deixaría ao descuberto unha riqueza arqueolóxica sen precedentes na comarca Continua leyendo »

Europa, un novo soplo de esperanza

aeroxeneradorMoi ao contrario do que se poidera pensar, a nosa ausencia de onte non foi pola resaca do Primeiro de Marzo, senón por problemas co servidor do noso blogue.Convenientemente aclarado, podemos pasar ao tema que hoxe nos preocupa.

SOS Serra da Groba volta ao ataque, desta vez acudindo á UE. Vendo que a Xunta non vai facer nada por evitar a instalación do parque eólico na Groba, o recurso de tentar a inclusión na Rede Natura semella unha alternativa interesante para evitar que entremos no mapa eólico galego. Continua leyendo »

Novo roteiro na Groba

roteiro decembroLogo de expór na Galería Sargadelos de Vigo a problemática do parque eólico na Groba, o colectivo SOS Serra da Groba vai realizar esta fin de semana un novo roteiro. Desta vez contarán coa colaboración da Agrupación de Montaña Augas Limpas. Primeiro sairán desde Vigo ás 9:30 horas, desde a estación marítima e en Baiona ás 10.30 horas desde a gasolineira, para continuar en coche ata a Groba.

O roteiro terá un percorrido duns 8 km., polo que conideran o mesmo de dificultade baixa e terá parada na metade para xantar. Tamén recomendan levar roupa de abrigo e de chuvia, por si acaso. Como xa é tradicional, chegarase á Laxe Cruzada, pasando pola Cruz de Pao e o Fozo Pedriño.

Outra cousa se poderá criticar ao colectivo ecoloxista, pero de falta de iniciativa e ganas de explicar a súa postura ante o parque eólico non será.