Finalmente o Señor Manuel Vilar saíuse coa súa e logo de realizar múltiples averiguacións e indagacións puido por fin atopar as probas acusatorias do vicioso uso que andaba a facer o Punto Pasión Playa da concesión municipal que se lle otorgara. Os malpensados terán que calar a boca. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:58
No noso concello non pasa nunca nada ou non nos damos conta de que non está a pasar. Pérdese moito tempo en buscar culpables pero nunca en atopar solucións. Son múltiples os casos e falaremos deles en xeral, porque ao fin e ao cabo a raíz do problema é o mesmo. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:56
A imaxe, máis que nunca, vale máis que mil verbas que podamos escribir. O señor Almuiña ensina ao Concelleiro de Medio Ambiente a non contaminar. O manexo do embudo por parte do Alcalde é maxistral e o señor Vilar toma boa nota da lección. Será que él está máis afeito a traballar con outro tipo de utensilios de cociña, como as sarténs ou os cazos. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:26
Levaba maria moito tempo demandando a nosa atención sobre a seguridade ao redor dos colexios e xa vai sendo hora de elevar esta preocupación a categoría de problema municipal de recoñecida importancia. Porque non lle falta razón á nosa Consciente Baionesa máis activa, á que varias veces temos pensado que será unha digna sucesora do noso traballo. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:15
E aproveitando que o Plan Sectorial pasaba polo Val Miñor, o PSOE baionés aproveitou a ocasión para sacar de novo o tema da parcela dos Tendais. I é que a cousa xa trae cola e está a rozar o esperpento. Si unha cousa temos clara é que si o goberno baionés estivese en mans da coalición PSOE-BNG e se negasen a soltar unha parcela para vivenda protexida por non se sabe moi ben qué razóns e co que está caer coa crise e o estoupido da burbulla inmobiliaria, Baiona estaría hoxe mesmo alzada en armas contra o Goberno Municipal, habería manifestacións todas as fins de semana na Praza do Concello e non se pararía ata que se desatascase a situación. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:47
E non o decimos porque os temas a debatir se tratasen con claridade, senón porque os baioneses nunca o poder ver, xa que non se anuncia nin se explicarn de antemán os puntos que se tratarán. Novamente teremos que traballar cos Conscientes Baioneses e as migallas que solte a prensa para esclarecer o que alí sucedeu. Dentro de dous meses, iso sí, teremos a información íntegra na súa correspondiente acta. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:54
¿Porqué será que sempre que se fala de urbanismo ten que vir, xustificadamente ou non, un cheiriño a podre?, ¿cándo rematará este vicio?
Na anotación do Martes alguén lanzou unha grave acusación contra Carlos de la Peña que convendría aclarar ou retirar, segundo o caso. Acusouse de que o ex-alcalde de Baiona intermediou no acordo entre promotores e a Xunta para que fincas destes primeiros entrasen no Plan Sectorial. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:02