Logo dun merecido descanso na pasada ponte da Constitución, voltamos coa mente despexada e incluso cunha visión diferente de cómo é Baiona para os nosos ollos. Pode que a fraga nos impida ver as árbores e a perspectiva sempre axuda a recuperar a obxectividade e a analizar os feitos desde un punto de vista moito máis claro e mesmo sosegado. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:25
Pois manda truco que veñan os chinos a aprender o modelo de xestión política a Baiona. Todos sabemos que está a man de Xulio Ríos neste detalle, pero somentes agardamos que Deng Yingjie non estea o suficiente tempo en Baiona como para chegar a tomar nota das actuacións dos nosos políticos. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:21
Levamos días dándolle voltas a temas relacionados co urbanismo, como si ainda estivesemos inmersos naquel antiguo soño chamado o boom inmobiliario e que resultou ser nada máis e nada menos que o que a maioría pensaba pero que non se atrevía a decir por medo ao ridículo: unha burbulla que acabaría por estoupar. Pero resulta que o problema que máis preocupa á cidadanía non é outro que o paro, ese problema que en épocas de goberno da dereita se esvaeceu coma o sucre no café pero que volta co goberno socialista. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:53
Esta fin de semana tocoulle a Viqueira divagar un pouco sobre a humanización de Sabarís e as consecuencias de tan pomposa actuación. E non lle falta razón sobre que hai varios aspectos que deberían xerar debate. Pensamos que igual non era oa idea falar do asunto, xa que na última ocasión se empregaron as nosas reflexións como armas arroxadizas no fangoso mundo da política municipal, (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:28
E xusto cando semellaba que nadie recollía o reto da transparencia, vai o BNG e lanza a súa propia radio por internet. Unha iniciativa non só transparente senón pioneira e nunha firme aposta polas novas tecnoloxías. E dan o pistoletazo inicial publicando a través deste medio o Pleno Extraordinario no que se aprobou inicialmente o PXOM. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:42
E semella que o señor Vilar está a tomar conciencia medio ambiental. Non está mal, tendo en conta que é o concelleiro de Medio Ambiente. Toda esta preocupación non pode máis que deixarnos a mosca detrás da orella, será que somos uns malpensados e maliciosos. Deberiamos de aprender doutros e ter confianza na xente de en que nos goberna. Por outra banda, de todos é ben coñecido que o departamento de medio ambiente é de maior número de traballadores de todo o Concello e o que da traballo non só ten o poder, senón que ten os medios para efectivizar as súas actividades. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:04
Finalmente o Señor Manuel Vilar saíuse coa súa e logo de realizar múltiples averiguacións e indagacións puido por fin atopar as probas acusatorias do vicioso uso que andaba a facer o Punto Pasión Playa da concesión municipal que se lle otorgara. Os malpensados terán que calar a boca. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:58