Archivos en la categoría Política Municipal

Política de baixa intensidade

UPYD

O pistoletazo inicial xa sonou. UPyD comezou a campaña antes incluso de presentar aos seus abanderados. Todos sabemos quén encabezará a lista e o porqué de presentar lista en tan anecdótico partido político. Continua leyendo »

Rotondas polémicas

nova rotonda sabaris

Agora que desapareceu o problema para realizar comentarios ás anotacións e que cada día se palpa máis o ambiente electoral de cara ás municipais, cómpre repasar unha polémica máis ou menos actual que non movilizou excesivamente á cidadanía.

Falamos da reordenación do acceso á autoestrada en Sabarís. O BNG convocou movilizacións e tentou organizar unha oposición activa a esta reordenación, si ben non acodou todo o éxito que sería desexable á hora de conquerir a paralización do proxecto. Continua leyendo »

UPyD, a hipocresia feita partido político

Hoxe o partido da vedette vasca que vive en Madrid deu o pistoletazo á precampaña ás municipais baionesas. O ex-concelleiro popular Antonio Amorín é a figura que pretende introducir un aire nove á política municipal no noso concello.

Pero antes de expoñer o seu programa debería aclararnos si avala as declaracións da súa representante no Parlamento respecto ao seu concepto de galego. Tamén nos debería aclarar cómo tendo unha orixe tan revolucionaria e independentista se pode acabar nun partido que nega a existencia dunha nación a expresarse como tal si non baixo o poder do Estado dominante.

Os amores do Sr. Amorín na política nunca tiveron un perfil determinado, é como aquel amigo que tenga o roce na discoteca con calqueira rapariga. O importante é acadar o éxito, non importa a estética nin os acompañantes.

O peor deste novo panorama é que se trasladarán comportamentos, manifestacións e proclamas que en nada nos afecta na vida municipal e que só permitirán perpetuar a unha enamorada da moqueta nun sillón esquecido e sin finalidade práctica máis aló da merca de certo espazo na sociedade madrileña. Lamentablemente, hai un certo número de persoas, afortunadamente moi marxinal, que pensa que detrás de UPyD existe a esperanza dun novo xeito de facer política e de acadar uns obxectivos que semellan imposibles nos partidos tradicionais. É algo similar aos Cidadáns de Catalunya e si en algo coinciden as súas traxectorias é que sairon dun partido maioritario por perder unha loita interna de poder e que ao pouco de fundar o seu propio partido xa revivían as mesmas escisións pero desta vez agarrando o sillón por riba doutros.

En fin, é increible como cada vez existen unha maior porcentaxe de papeletas ás que ún non se prantexa nin a posibilidade de votarlles. Nestes intres, hai moitos baioneses que teñen esa porcentaxe no cen por cen. E nadie semella que lle queira pór fin. O noso voto será para os Conscientes Baioneses, isto é, un voto en branco e agardando porque triunfe a iniciativa de que éstes se contemplen como válidos á hora de designar os representantes municipais. A máis votos en branco, menos concelleiros nons plenos baioneses e menos cartos tirados para os que non fan nada por solucionar os nosos problemas.

Comentarios: http://baionaconsciente.foroactivo.com/partidos-politicos-f2/upyd-a-hipocresia-feita-partido-politico-t12.htm#20

En todas partes cocen fabas

urbanismo

E finalmente se confirma a nova e Baiona acaba no grupo de concellos cunha forte presión inmobiliaria na que os seus políticos se ven salpicados por sospeitosas decisións

A verdade é que si comparamos este caso co acaecido na limítrofe Gondomar non podemos deixar de sinalar que si ben no concello fluvial a decisión política contradecía os informes técnicos, no caso do noso concello a cousa é ben distinta.

O asesor xurídico para asuntos urbanísticos e a secretaria municipal avalaron a decisión, polo que a prevaricación dos membros da Xunta de Goberno non é facilmente demostrable. Pero, cál foi o informe técnico do arquitecto municipal e cáles foron os argumentos do solicitante da licencia?

Primeiro foron as palmeiras nos paseos, logo as grandes actuacións veraniegas e agora os escándalos urbanísticos. Só nos falta a actuación dunha tonadilleira liándose con Manolo Vilar para que sexamos a Marbella do Norte. Bromas aparte, xa tiñamos comentado anteriormente o paradóxico de acaben nos xuzgados os nosos políticos por non conceder unha licencia cando o habitual é á inversa. Sobran os casos que nos veñen á memoria. A urbanización dos Tendais, a de Portoman ou as maclas de Vista Real son pequenos exemplos de tramitacións con máis dun pero. E resulta que prospera unha denuncia pola tramitación dunha licencia directa nunha parcela en solo consolidado que non ten que acometer reparcelacións, crear xuntas de compensacións ou urbanizar e entregar zonas de uso público. Incluso si analizamos o todavía non aprobado Plan Xeral, a edificabilidade da actuación era considerablemente superior a calqueira outra do noso concello. Algo cheira a podre en Dinamarca.

Enlace ao foro: http://baionaconsciente.foroactivo.com/urbanismo-f8/en-todas-partes-cocen-fabas-t11.htm#19

Máis do mesmo no mesmo

enchufe

Hoxe podemos ler no Faro de Vigo as dúbidas dun sindicato policial sobre as probas de selección que se están a celebrar en Baiona para cubrir dúas prazas de policía municipal. A nadie lle extraña xa que unha proba de selección non sexa obxectiva, todo o contrario, a novidade sería que un tribunal con capacidade de contratación resolvese sin un ápice de contraversia e sin colocar aos máis achegados. Continua leyendo »

Prequecemento municipal

psoe

A enquisa que publicou o Faro de Vigo, realizada polo PSOE baionés, este pasado fin de semana tira tantas conclusións que debimos reflexionar con propios e extraños sobre as mesmas. Continua leyendo »

Descompensación

Verán Baiona

O Verán trae novamente un sinfín de actividades. Diríase que somos un Concello de dous meses e que logo deixamos de existir como tal. Ao máis puro estilo do Mediterráneo, que só está habitado en temporada baixo por afables velliños levados polo INSERSO. Continua leyendo »