Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » PXOM

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, xuño 17, 2008

Crecemento poboacional en Baiona

especulacionOutra das conclusións que sacou o PSOE baionés é que a previsión de crecemento poboacional presentado nos documentos do PXOM é desproporcionado, e acerta ao cento por cento. ¿Cómo podemos entender que a poboación de Baiona se duplique se a tendencia actual é que a xente moza se marcha do noso concello porque non teñen onde vivir?

O PXOM non establece un plan de apoio á vivenda residencial máis aló  de reservar un 30% de vivenda protexida, aínda que finalmente pode que baixe. Haberá que ler a nova Lei de Vivenda. A pregunta é ¿qué razóns ten alguén para vir ou quedarse a vivir en Baiona? (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 17:42  

luns, xuño 16, 2008

Reflexións socialistas sobre o PXOM

leiraO PSOE baionés vén de publicar un novo boletín, desta vez cáseque monotemático sobre o Plan Xeral presentado hai xa uns meses. Despáchanse a gusto coa proposta e nótase que teñen os deberes feitos, ainda que teñan algunhas inexactitudes.

Como nós non somos expertos na materia e non nos adicamos precisamente a bucear entre centros de datos estatísticos e urbanísticos, non podemos plasmar en números as conclusións de examinar un documento tan denso coma é o Plan Xeral, mais sí que podemos tirar conclusións dunha mirada máis xenérica. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:49  

martes, maio 20, 2008

¿Qué pasa co PXOM?

BaionaFinalmente o PSOE baionés tenta azuzar ao Goberno Municipal para que se molle co PXOM. No seu blogue colgaron un comunicado sobre o tema, dando o seu punto de vista. Desde que se presentou nada sabemos da opinión que ten o PP e o "outro" do texto presentado. Pode ser bo  ou malo aos seus ollos, pero nadie coñece a súa postura. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:15  

xoves, marzo 27, 2008

Se nada cambia…

pxom baionaO vindeiro Pleno debería de ser o primeiro Xoves do mes de Abril, quer dicir, o 3 de Abril. E, segundo se dí, o prazo de entrega por parte da Xunta dos textos do PXOM se esgotaba logo da Semana Santa. ¿Sorprenderanos o Goberno Municipal coa aprobación provisional do PXOM para a súa exposición neste Pleno ou na Xunta o tema dos plazos é unha cousa irrelevante? (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:30  

xoves, decembro 27, 2007

Os tempos son importantes

mal urbanismoNon podemos deixar de resistirnos a comparar a situación da elaboración do Plan Xeral en Vigo coa de Baiona. Un goberno autonómico empregou todos os seus medios para que un documento non elaborado por eles tampouco fora aprobado por outro goberno de diferente cor ao propio.

En Baiona o PXOM é enteiramente obra do PP, pero ten que pasar o corte da Xunta. Un exercicio de responsabilidade sería a colaboración entre as Administracións, para levar a bo fin o texto. Catro anos de retraso adicionais propiciarían a debacle económica do noso concello, motivada única e exclusivamente por intereses totalmente partidistas e electoralistas. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:17  

mércores, decembro 26, 2007

Calma chicha

urbanismoSe ben a semana pasada a expectación ante a presentación oficial do texto redactado do novo Plan Xeral non daba pé a outra nova e era a comidiña de todos os baioneses, esta semana as festas do Nadal semella que mandou a todos os políticos de vacacións. Non hai máis conclusións sobre os textos presentados nin se publican nas webs dos grupos da oposición, quizais debido ao anuncio por parte da corporación municipal de que se fará oficialmente desde o Concello a partires de Xaneiro. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:07  

venres, decembro 21, 2007

Preocupacións

campo golf domaioMoito se está a falar da zona deportiva que previsiblemente ocupará un campo de golf. Non cabe dúbida que se insiste desde o Goberno Municipal que non se contemplarán chalets na urbanización e que será de carácter público. Como en todos estes debates que se orixinan na Administración, temos que andar con pes de chumbo, porque, ¿que queren decir con público?.

Aquí xa se ten comentado que a concesión da lámina de auga non é unha privatización, que a Piscina Mancomunada é pública e que a futura Gardería Municipal tamén se xestionará a través dunha concesión e non a través da rede de Galescolas da Xunta. Deixar a xestión dun servizo municipal en mans privadas pode non considerarse legalmente unha privatización, pero de feito o é. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:28  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress