Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Baiona Consciente

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, xaneiro 7, 2009

Pilas cargadas

pilasLogo dunhas merecidas vacacións do Nadal, Baiona Consciente volta con renovados ánimos para seguir o día a día da política e sociedade baionesa. Non teñen pasado poucas cousas nestes días que pasamos desconectados da actualidade municipal, mais os rumores téñen chegado de todos os xeitos. Cambios de directivas en comunidades de montes, comisións sectoriais para o Fondo de Investimento Local, un novo blogue no seo da familia socialista e mesmo idas e voltas con nocturnidade e alevosía de censuradores e tránfugas. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:07  

xoves, decembro 25, 2008

Felices Festas a todos os Conscientes Baioneses

bo nadal

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:24  

martes, decembro 16, 2008

500

Pois si, Baiona Consciente cumpre hoxe cincocentas anotacións desde a súa fundación. Son moitas as reviravoltas e padecimentos que aconteceron ao redor deste modesto blogue que simplemente naceu para dar saida a un conxunto de reflexións que vagaban pola cabeza e que non daban saido ao exterior. Estas reflexións comezaron a facerse cada vez máis públicas e hoxe xa teñen a consideración de visita habitual de moitos baioneses (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 22:20  

luns, decembro 15, 2008

Bo Nadal Conscientes Baioneses

Xa se palpa o ambiente previo ás datas que poñen punto e final ao ano dous mil oito. Non cabe dúbida de que a crise económica global fai mella e as luces semella que brillan menos, os nenos captan a indirecta e piden menos agasallos e os pais buscan solucións máis económicas onde antes nin se miraban os prezos. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 22:21  

luns, novembro 3, 2008

O blog que non é do BNG

Así nos definiu o señor Alcalde de Baiona e así quedará para a historia como o noso subtítulo. O Señor Almuiña empregounos como arma arroxadiza contra o BNG pero, en troques, non se atreve a contestar ás opinións verquidas en BC e nin tan siquera emprega o blogue do seu propio grupo municipal para difundir o traballo municipal ou mesmo xustificarse cando xurden polémicas pola súa labor ou a dos seus concelleiros. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:27  

xoves, outubro 23, 2008

BC máis viva que nunca

53 comentarios ao proceso de elección da nova executiva do PSOE baionés lévanos a dúas conclusións: O PSOE de Baiona está moi vivo e fomenta o debate público e Baiona Consciente está a cumprir o seu obxectivo de ser un medio de expresión das distintas sensibilidades que se moven na política baionesa.

Pola parte que nos toca, non podemos máis que agradecer a participación cada vez máis activa dos Conscientes Baioneses (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:34  

sábado, outubro 18, 2008

De dependencias e independencias

Algúns queren vendernos "o galego" como unha etiqueta diferenciadora e, incluso, de calidade. Pero o camiño vai por elexir o próximo antes que o de fora porque realmente iso nos beneficiará económicamente dun xeito moito máis directo.

Todo é mentira, amigos. Un claro exemplo o tivemos no día de onte, cando R estivo en xaque por culpa dun incendio nada máis e nada menos que nas aforas de Madrid. ¿Ten sentido? Pois semella que sí, R non é maís que unha etiqueta para unha empresa que depende dunha das operadoras máis importantes de europa. Decepción e morqueo ao mesmo tempo. Un bache máis nos camiños da internet.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 15:32  
Next Page »

Xestionado con WordPress