Archivos en la categoría Baiona Consciente

Reflexión tras a reflexión

Teñen pasado varios meses desde que tomamos a decisión de que os acontecementos que se produxeron en Marzo facían que a finalidade deste blog tivese sentido. O primeiro acontecemento foi o chamado Movemento 15M. Pensabamos que era a revolución que desde esta humilde palestra deciamos que se debería producir ante a falta de actitude e aptitude da clase política. Logo viñeron os resultados electorais e ante a democracia nada se pode obxectar. Continua leyendo »

15.05.2011 – O primeiro paso xa está dado

Cando os libros de historia falen de cómo mudou o noso sistema político dirá que comezou hoxe. En Vigo, como en moitas cidades en toda España e Portugal, miles de persoas sairon ás rúas para reclamar que cese a actual situación de impunidade na clase económica e política.

As seguintes imaxes demostran o éxito da convocatoria, entorno a tres mil persoas, aproximadamente. Moitos máis asistentes que nos mítines políticos dos partidos tradicionais:

Continua leyendo »

Indígnate, sae á rúa – 15.05.2011

democraciareal

O vindeiro Domingo saberemos si o noso país está realmente indignado ou non. A mocidade vai sair á rúa nunha convocatoria en múltiples cidades e que está sendo masivamente respaldada nas redes sociais e en todos os eidos de internet. A cuestión é si ese respaldo se vai trasladar físicamente á rúa ou vai quedar nun simple mosqueo diante do ordenador para seguir co habitual conformismo.

Baiona  Consciente respalda, se adhiere e concorda coa práctica totalidade do manifesto de Democracia Real Xa!, que pegamos aquí para a súa publicidade: Continua leyendo »

Trinta anos son moito

23F

23F

Mañá cúmprense 30 anos do día que nos quitou o sono a todos, o día no que moitos prepararon as maletas por si había que tirar para Portugal, o día no que os trasnoitados déronse de bruces coa realidade do sentir popular. Aquel día aprendimos que os poucos non podían impoñerse aos moitos. Continua leyendo »

Problemas técnicos

problemas técnicos

Extrañados pola falta de comentarios, comprobamos o acceso aos mesmos e verificamos que existe un problema técnico no blog. Co fin de non coartar a participación dos Conscientes Baioneses, trasladaremos a opción de comentarios ao foro, inserindo un enlace en cada anotación.

Disculpade as molestias, cousas dos trasnos da rede.

Cómo pasa o tempo

BC

Non déramos conta ata hoxe, pero o pasado Domingo cumprimos tres anos na rede. O tempo pasa para todos e Baiona Consciente non ía ser menos.

Agardamos que polo menos aguantemos outros tres anos. O que é seguro é que non nos imos perder a tramos que comprende os dous vindeiros anos. Moitas cousas poden mudar, no Concello e mesmo no Goberno de España, pero o que non queremos deixar de compartir cos Conscientes Baioneses é a saida da tan longo crise. O único que desexaremos nese momento é que aqueles que sigan demandando cambios porque sinón imos recaer noutra crise semellante, polo menos teñan eco e alguén lles escoite. Moitos sustos nos teríamos aforrado si no comezo do século vinte e ún as voces discordantes tiveran sido escoitadas.

Parabéns, veciños e veciñas de Blogaliza!

blogaliza

A Deputación da Coruña anunciou que Blogaliza foi premiada co Rosalía de Castro 2010.

O galardón ten como obxectivos recoñecer aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral e a manter viva a memoria de Rosalía de Castro.

A candidatura foi proposta polo propio xurado, e o premio, que non ten dotación económica, correspóndenos a todas as persoas que publicamos, comentamos e lemos os blogues de Blogaliza, un espazo onde facemos cultura en galego con normalidade.

Si ben o noso blogue non é coruñés, congratulámonos de que un medio galego e gratuito como Blogaliza, que posibilita que podamos seguir comentando o día a día do noso concello reciba este recoñecemento público. Felicidades aos promotores de Blogaliza, o traballo acaba tendo a súa recompensa.